• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 9 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Vigo, primeira universidade galega en probar a tecnoloxía 5G para lograr un ‘smart campus’

    As probas permitiron comprobar as vantaxes destas tecnoloxías en seguridade e xestión da mobilidade
    Redacción por Redacción
    09 de Mar, 2022
    en Ciencia y Tecnología
    0
    Vigo, primeira universidade galega en probar a tecnoloxía 5G para lograr un ‘smart campus’

    Un intre da demostración realizada no salón de actos da escola. / Foto: DUVI

    Vigo converteuse este mércores na primeira universidade galega en probar as vantaxes da tecnoloxía 5G en ámbitos como a seguridade ou a xestión da mobilidade. A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e o centro de investigación atlanTTic viviron así unha nova experiencia en torno a estas novas tecnoloxías co obxectivo de probar os beneficios deste novo estándar das telecomunicacións para desenvolver solucións de seguridade e Smart Campus, grazas á súa aplicación á medición do tráfico de transeúntes e vehículos no recinto universitario, facilitando así unha xestión intelixente dos recursos e as instalacións.

    Estas probas, das que se encargaron Optare Solutions, atlanTTic, Orange e Ericsson para a Univesidade de Vigo, leváronse a cabo dentro do Plan Nacional 5G financiado por Red.es e no que tamén participa a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Neste caso foron os investigadores de atlanTTic Rubén Pérez Vaz, Alberto Estévez Caldas, Brais Blanco Carballeira, José Manuel Rúa Estévez e José Antonio Álvarez, dirixidos polos profesores Felipe Gil Castiñeira  e Francisco Javier González Castaño, do Grupo de Tecnoloxías da Información (GTI),  os encargados de pór en práctica as dúas probas e amosar así a resposta inmediata da tecnoloxía empregada.

    A dificultade do escenario radicaba na utilización da tecnoloxía edge computing, que achega o cómputo na nube ao lugar onde se usan os seus resultados, para que sexa capaz de dar unha resposta rápida e útil en escenarios imprevistos.  Segundo explicou Rubén Pérez, responsable técnico do proxecto, “as probas consistiron en utilizar unha antena 5G de Orange, colocada na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, e conseguir a través dela que un vehículo accedese a unha zona valada só coa lectura da súa matrícula e, en remoto, obter autorización para acceder á mesma”. No caso da segunda proba posta en marcha esta mañá no campus vigués, “o que se intentaba era que, a través dunha cámara unha persoa puidese recibir autorización para entrar nunha zona limitada. No caso dun acceso non autorizado activaríase, en remoto tamén, unha alarma e poríase en marcha un drone capaz de seguir os pasos desa persoa mediante una aplicación autónoma remota sobre 5G”, indicou Pérez.

    O investigador explicou que as probas efectuadas no campus vigués amosan que o 5G ten unha gran capacidade para dar unha resposta inmediata en remoto. Para a realización destas probas fíxose uso de drones autónomos, que permiten realizar vixilancia e recoñecemento e, grazas á rede 5G de Orange e as solucións Edge Computing de Optare Solutions, enviar e procesar rapidamente a información recibida das súas cámaras para así poder tomar decisións áxiles ante a detección de eventos inesperados.

    Demostracións prácticas

    A presentación de resultados deste proxecto piloto 5G reuniu na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación a unha destacada representación dos socios participantes. Por parte da Universidade de Vigo contouse coa presenza do vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado, Manuel Ramos; a directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Rebeca Díaz; o director de atlanTTic, Martín Llamas, e o profesor e investigador Felipe Gil.

    “Afortunadamente este tivo de eventos son xa case un clásico neste centro”, explicou o vicerreitor, facendo fincapé en que na EET son xa cada vez máis habituais este tipo de demostracións sobre novas tecnoloxía, “un excelente xeito de abrir unha ventá coa que traer as tecnoloxías do futuro ao presente e ver o que nos próximos anos pode estar na rúa”. Ao marxe das cuestións de investigación, a directora da escola quixo tamén destacar a grande oportunidade que supón para o alumnado do centro ver a potencialidade de todas estas novidades  tecnolóxicas. A isto Martín Llamas engadiu a importancia da colaboración empresa-universidade, “sobre todo no caso de firmas tan destacadas como as que hoxe temos aquí”.

    En representación de Optare Solutions contouse coa participación do seu director xeral, Luis Alves, e do seu responsable de Innovación, Xosé Ramón Pousa, aos que tamén se engadiron Óscar Aragón, Jesús Costoya e Amelia Sánchez, en representación da empresa Orange. “Para nós este é un ano moi especial, xa que cumprimos o noso 20 aniversario, e o obxectivo segue a ser o mesmo que cando saímos ao mercado, é dicir, axudarlle ás empresas deste país a innovar e a mellorar as súas comunicacións”, explicou o director xeral de Optare, moi satisfeito dos resultados acadados neste proxecto.

    43

    Tags: 5GUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro
    Más Vigo

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro

    Esta antigua fotografía tomada a principio de los años noventa del pasado siglo XX, y realizada con la clásica película...

    por Julio Alonso
    09 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR