• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 10 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Os robots volverán ‘invadir’ o campus de Vigo

    A Escola de Enxeñería Industrial organizará en maio unha nova edición do concurso de droides, coas categorías Wall-E e R2D2
    Redacción por Redacción
    24 de Ene, 2018
    en Ciencia y Tecnología
    0
    Os robots volverán ‘invadir’ o campus de Vigo

    “É unha boa oportunidade para que tanto rapaces como rapazas poñan toda a súa ilusión e creatividade” para construír os robots e que estes poidan superar as probas deseñadas pola organización, explica Juan Pardo, director da Escola de Enxeñería Industrial no Diario da Universidade de Vigo.

    Pero esta é tamén unha cita na que as e os participantes dos institutos “poden sentir por un día como se vive a vida universitaria”. En conxunto, asegura o docente, o ambiente no desenvolvemento das probas “é unha experiencia que axuda a achegar a Universidade aos futuros e futuras estudantes”.

    Este é un dos obxectivos fundamentais deste evento, ademais “fomentar o interese do alumnado polas disciplinas STEAM (Science, Technology, Engineering, Art and Mathematics)”, lembra Pardo e de potenciar o traballo por proxecto e a autoaprendizaxe no deseño, construción e programación dos robots autónomos.

    A competición realizarase por equipos, que deberán deseñar, construír e poñer en funcionamento cadanseu robot a partir dun kit básico que lles entregará a organización. O 4 de maio será o día no que os equipos porán a proba os seus robots, que deberá superar unha serie de probas de destreza.

    Os alumnos e alumnas de ensino secundario que desexen vivir esta experiencia e desenvolver as súas capacidades tecnolóxicas deberán facelo na categoría Wall-E, mentres que o estudantado de titulacións superiores pode inscribirse na modalidade R2D2. A data límite para formalizar a matrícula é o vindeiro luns 29 de xaneiro.

    Máis de 800 participantes en 2017
    Neste 2018 a competición de robots da EEI acada xa a súa cuarta edición, consolidándose xa como unha cita de referencia que cada ano reúne centos de estudantes de toda Galicia. En 2017 superáronse os 800 inscritos e as expectativas desta nova convocatoria pasan por manter o mesmo grao de participación.

    Porén, Juan Pardo explica que “o obxectivo non é en si mesmo unha cuestión de cantidade, senón que o concurso responda ás expectativas dos centros, temos que ter en conta que as instalacións e a loxística non son ilimitadas, os números nos que estamos a movernos xa dan algo de respecto”.

    Botando a vista atrás, o director da EEI recoñece que “cando pensamos nesta iniciativa por primeira vez non podíamos imaxinar que seríamos quen de acadar tanto interese por parte dos centros”.

    O docente remarca tamén a relevancia deste tipo de actividades para fomentar vocacións no eido da tecnoloxía e “facer máis escola, é unha xornada que ilusiona vendo o potencial que teñen os rapaces e rapazas que participan, pero tamén é moi reconfortante ver como todo o persoal da escola e as agrupacións de estudantes que nos axudan como IEEE (Intitute of Electrical and Electronics Engineers) e ISA (International Society of Automation) séntense totalmente implicados neste acontecemento”.

    Categoría Wall-e
    O obxectivo desta categoría, pensada para estudantes de ESO e Bacharelato, é que as e os participantes se familiaricen co mundo da robótica, participando na montaxe e programación dun robot móbil partindo do kit mBot Robot Educativo (2.4G), facilmente programable con Scratch e compatible coa plataforma opensource Arduino.

    A competición realizarase en equipos de entre tres e seis estudantes e un profesor titor que deberán someter o seu autómata a dúas probas: completar no menor tempo posible un circuíto con obstáculos e unha especie de combate ente droides que deben sacar do campo de xogo aos seus opoñentes.

    Categoría R2D2
    O estudantado de Formación Profesional e de titulacións universitarias competirá en grupos de menos de seis persoas ou ben individualmente na modalidade R2D2, que comprende catro probas, tres individuais e unha colectiva. Neste caso cada equipo debe crear un robot cun tamaño máximo de 20 cm de lado e un peso máximo 1500 gramos.

    Na proba de rastrexo os robots deben completar unha volta completa de non máis de catro metros, pero si con cambios bruscos de dirección, nun máximo de 60 segundos. Precisamente, nun tempo inferior a un minuto, os robots deberán superar o seguinte exame de clasificación, un labirinto rectangular de 2×2 metros. Na terceira proba deberán retirar seis latas dun recinto de aproximadamente 1m de diámetro, e o derradeiro test será tamén un combate entre droides, como na modalidade Walll-e.

    43

    RelacionadosArtículos

    Un camión de la basura atrapado en un socavón mantiene en vilo a los vecinos de Casal de Abaixo
    Local

    Un camión de la basura atrapado en un socavón mantiene en vilo a los vecinos de Casal de Abaixo

    10 de Feb, 2026
    La compañía de automoción GKN Driveline Vigo inicia un proceso de despido para 75 personas
    Economía

    Convocados siete días de huelga en GKN Vigo ante la falta de garantías en el ERE

    10 de Feb, 2026
    Local

    Rodríguez Calviño desmiente el «caos» y acusa al PP de «difamar» a la Policía Local

    10 de Feb, 2026
    La lluvia ahoga el marisqueo en la ría de Vigo: trabajar sin cobrar para salvar un oficio ancestral
    Actualidad

    La lluvia ahoga el marisqueo en la ría de Vigo: trabajar sin cobrar para salvar un oficio ancestral

    10 de Feb, 2026
    Vigo se convierte en la capital mundial de los ‘Puertos Azules’
    Local

    Vigo se convierte en la capital mundial de los ‘Puertos Azules’

    10 de Feb, 2026
    La patronal del metal suspende la reunión en Vigo y traslada el conflicto al entorno virtual
    Actualidad

    La patronal del metal suspende la reunión en Vigo y traslada el conflicto al entorno virtual

    10 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El ascensor de las sorpresas
    Más Vigo

    El ascensor de las sorpresas

    Las personas que habitualmente utilizan este ascensor ya han perdido la cuenta del número de averías desde su inauguración. Se...

    por Julio Alonso
    10 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’
    Libros

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’

    En tiempos de algoritmos que predicen hasta nuestro próximo suspiro, la Biblioteca Pública Municipal María Magdalena de Mos ha decidido...

    por Redacción
    10 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR