22102019Mar
Última edición: Lun, 21 Oct 2019 8pm

A web do Concello de Vigo permitirá o acceso por voz ou sopridos

A Xunta de Goberno Local aprobará na próxima sesión o expediente de contratación do subministro dun sistema de accesibilidade web para as páxinas de turismo, transparencia, a sede electrónica municipal e vigo.org

08 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
A previsión é poder iniciar a súa aplicación a partir do vindeiro ano. A previsión é poder iniciar a súa aplicación a partir do vindeiro ano.

A Xunta de Goberno Local aprobará na próxima sesión o expediente de contratación do subministro dun sistema de accesibilidade web para as páxinas de turismo, transparencia, a sede electrónica municipal e vigo.org.

Este novo sistema de accesibilidade web multifuncional será financiado con Fondos Edusi da Unión Europea, dentro do programa Vigo Vertical, que procura a accesibilidade en tódolos ámbitos, e terá un importe de 41.400 euros.

Trátase dunha ferramenta adicional para estas páxinas web que permitirá a navegación accesible por recoñecemento de voz, por sopridos ou mesmo cun único pulsador para persoas que sufran discapacidades avanzadas. A previsión é poder iniciar a súa aplicación a partir do vindeiro ano.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído