22072019Lun
Última edición: Lun, 22 Jul 2019 8pm

Unha app que reta a visitar destinos turísticos, primeiro premio do certame Hackathon

O museo Verbum de Vigo acolleu a entrega dos galardóns da edición inaugural deste concurso relacionado co turismo intelixente

11 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Foto de familia tras a entrega de premios. / Foto: Deputación Foto de familia tras a entrega de premios. / Foto: Deputación

As II Xornadas TurisTIC da Deputación de Pontevedra chegaron ao seu fin no Verbum de Vigo coa entrega dos premios do Hackathon DESTInno, iniciativa impulsada para galardoar as mellores solucións tecnolóxicas encamiñadas a fortalecer a eficiencia dos destinos turísticos.

Deste xeito, o proxecto Desafío Domingo Fontán acadou o primeiro premio, seguido de Niiru na segunda posición e Rondar na terceira. Os galardóns foron entregados polo presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo González, polo presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez e polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto ao delegado da Zona Franca, David Regades e á presidenta da Deputación de Pontevedra.

O primeiro premio, no que participaron 28 persoas que duplicaron a previsión feita, foi para unha aplicación desenvolvida por Celso Gómez Corbal, Luis Eduardo Castro Rodríguez e Jarold Meléndez Lugo que presenta desafíos relacionados cos recursos turísticos, de tal modo que hai que ir visitando recursos e a medida que se cumpran todos os retos do desafío as persoas usuarias reciben premios. Trátase tamén dunha ferramenta dinamizada socialmente, de tal xeito que a través dela é posible desafiar a outras persoas usuarias no marco dos diferentes retos temáticos que propón.

A segunda distinción recaeu no proxecto Niiru no que participaron Óscar Casal Rodríguez, Alejandro Martínez, Carlos Rodríguez López e José Gadea Santos. Este recurso -“máis que unha aplicación“- basease no ‘Big Data’ para recompilar todos os intereses que xorden á hora de planificar unha viaxe e propoñer rutas acordes a eses intereses. Niiru tamén presenta a posibilidade de incluír, nun futuro, a gamificación para axudar nos tempos das rutas.

Finalmente, o terceiro galardón foi para Rondar cunha proposta deseñada por Beatriz Gil, Daniel Rodríguez, María Rodriguez e Elena Jiménez. A novidade desta iniciativa é que está centrada nun público específico de persoas maiores de 55 anos, “os senior-millennials”, co obxectivo de incluílas nunha proposta de turismo intelixente centrada na planificación de rutas e de propostas gastronómicas.

Carmela Silva felicitou “por suposto aos gañadores, pero tamén ao resto dos 28 proxectos que competiron neste primeiro Hackathon e que veñen a demostrar o enorme talento que hai nesta provincia”. “Amosouse que a nosa xente está sobrada de intelixencia e o conxunto da sociedade, sobre todo as administracións, temos que estar moi atentas para que esas ideas se convertan en realidades”, engadiu.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído