14122018Vie
Última edición: Vie, 14 Dic 2018 10pm

O ciclo de conferencias "Falemos das Cíes" aborda os usos sostibles nas illas

A charla terá lugar no gastrobar do Berbés e correrá a cargo de Fran Saborido, actual director do Instituto de Investigacións Mariñas, e Miquel Planas, científico titular del CSIC

02 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Programa do ciclo de conferencias "Falemos das Cíes". Programa do ciclo de conferencias "Falemos das Cíes".

A terceira sesión do ciclo de conferencias "Falemos das Illas Cíes", enmarcada dentro do programa de divulgación científica da Candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade impulsada polo Concello, terá lugar este mércores.

Tras o éxito das primeiras sesións "Ciencia e cinema: Mergúllate nos fondos mariños das Illas Cíes" e "Flora insular e interaccións humanas", celebradas en xullo e setembro respectivamente, cun aforo completo en ambos casos, nesta ocasión continúa a programación coa conferencia "Usos sostibles nas illas Cíes" que se celebrará no mercado gastrobar do Berbés, ás 20:30 horas.

A sesión estará dirixida polos investigadores Francisco Saborido, director do Instituto de Investigacións Mariñas do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), especialista en ecoloxía pesqueira de especies explotadas, e Miquel Planas, científico titular do mesmo centro (CSIC), xefe do Grupo de Bioloxía e Fisioloxía Larvaria e especialista no estudo e recuperación das poboacións salvaxes de cabalos de mar e peixes pipa.

As Illas Cíes forman parte dun entorno cunha enorme produtividade mariña que, ademais, constitúe un paraíso da diversidade mariña. Estas condicións permitiron o histórico desenvolvemento dunha flota artesanal pesqueira e marisqueira cunha actividade centrada maioritariamente en especies como o polbo ou a navalla. Pero ademais das especies mariñas produtivas existen especies de indubidable valor como iconas da nosa biodiversidade, como os cabalos de mar ou os peixes pipa.

O tema central da conferencia será a busca do equilibrio entre a actividade económica e a rica biodiversidade mariña que atopamos nas Illas Cíes.

Nas Cíes atópanse as dúas únicas especies de cabalos de mar presentes nas costas europeas, Hippocampus guttulatus e Hippocampus hippocampus, especies ameazadas que están protexidas na lexislación de diversos países europeos debido á súa vulnerabilidade e á regresión das súas poboacións silvestres.

Ademais dos cabalos de mar tamén se rexistraron en Cíes dúas especies de peixe pipa, con 35 exemplares da especie Syngnathus acus e un exemplar de Entelurus aequoreus. As investigacións realizadas nas Cíes parecen indicar que estas illas son ademais un área potencial de reprodución e cría destas especies.

A sesión tratará sobre a importancia de asegurar a conservación destas especies, teñan ou non valor comercial, e a necesidade de reorganizar as actividades humanas, establecendo áreas de reserva integral que aseguren as condicións de singularidade ecolóxica das illas Cíes.

O ciclo de conferencias divulgativas organizado polo Concello continuará ata finais de ano. Ao longo dese tempo se seguirán tratando temas de interese sobre as Illas Cíes como a historia, a xeoloxía, procesos, etc... que serán obxecto de estudo e traballo por parte dos comités de candidatura das Illas Cíes Patrimonio da Humanidade. O Concello pretende dar a coñecer á cidadanía o traballo realizado por estes comités en todo este proceso de candidatura.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

tráfico

música

ruta

conflicto

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído