22112018Jue
Última edición: Jue, 22 Nov 2018 10am

Ciencia e Cañas, unha forma amena de achegarse este mércores á flora das Illas Cíes

A charla, que terá lugar no gastrobar do Mercado do Berbés, correrá a cargo de Luis Navarro, investigador da Universidade de Vigo e divulgador científico

04 Septiembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)

A segunda conferencia do ciclo "Falemos das Illas Cíes" será este mércores ás 20:30 horas no gastrobar do Mercado do Berbés. A charla correrá a cargo de Luis Navarro, investigador da Universidade de Vigo e divulgador científico, fundador do portal "Divulgare".

O Concello de Vigo ofrece este mércores a conferencia "Ciencia y cañas: La flora insular y la acción de los humanos en las Islas Cíes", segunda charla do ciclo de conferencias para promover a candidatura das Illas Cíes á Patrimonio da Humanidade.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que esta segunda charla correrá a cargo de Luis Navarro, investigador da Universidade de Vigo e gran divulgador científico, fundador do portal de divulgación científica "Divulgare".

Luis Navarro, moi vinculado ao proxecto da candidatura das Illas Cíes como membro do comité científico, tratará o tema de Cíes como hábitat de especies de plantas en perigo de extinción e endémicas.

O ciclo "Falemos das Illas Cíes" arrancou en xullo e continuará ata final de ano. Trátase dun ciclo de conferencias que abordará as principais fortalezas das marabillosas Illas Cíes desde moi distintas disciplinas.

 

Ciclo de conferencias:

Mércores 18 de xullo, na Praza da Constitución:
Cine e ciencia. "Sumérxete nos fondos mariños das Illas Cíes"
Manuel E. Garci, biólogo do Instituto de Investigacións Mariñas

Mércores 5 de setembro, no Mercado do Berbés:
Ciencia e cañas: "Flora insular e a acción humana sobre as Illas Cíes"
Luis Navarro, profesor da Universidad de Vigo

Mércores 19 de setembro, no Mercado do Berbés:
Ciencia e cañas: "Procesos ecológicos nas Illas Cíes"
Alberto Velando (doctor en Bioloxía) e Carlota Barañano (especialista en conservación do fondo mariño)

Mércores 3 de outubro, Mercado do Berbés:
Ciencia e gastronomía: "Usos sostibles das Illas Cíes. O caso da pesca"
Fran Saborido (investigador do Instituto de Investigacións Mariñas) e Miguel Planas (científico do Consello Superior de Investigacións Científicas)

Mércores 7 de novembro, Club Faro de Vigo:
Ciencia e Patrimonio: "Patrimonio Cultural e Histórico das Illas Cíes"
Ceferino de Blas, cronista oficial de Vigo

Mércores 12 de decembro, Mercado do Berbés:
Ciencia e cañas: "A xeoloxía das Illas Cíes: unha viaxe no tempo"
Irene Alejo, profesora da Universidad de Vigo

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

movilidad

gastronomía

  • La mejor tapa de Vigo está en la calle Carral
    La mejor tapa de Vigo está en la calle Carral El Concurso de Tapas de Vigo ‘Petisquiño’ ha entregado este miércoles los premios a los ganadores de la quinta edición del certamen, organizado por la Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra (Feprohos). En él, el establecimiento Trepia Gastronomía,…
    Leer más...

transporte

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído