22072018Dom
Última edición: Dom, 22 Jul 2018 10am

A Universidade de Vigo sitúase no ‘top-ten’ de solicitudes nacionais de patentes

Tendo en conta só o ano 2017, a institución situouse en sexto lugar

27 Junio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Un laboratorio da Universidade de Vigo. / Foto: Duvi Un laboratorio da Universidade de Vigo. / Foto: Duvi

A Universidade de Vigo sitúase, segundo os datos facilitados esta mesma semana pola Oficina Española de Patentes e Marcas, no décimo lugar en solicitudes nacionais de patentes entre as universidades públicas españolas, cun total de 191 presentacións entre os anos 2005 e 2017. Atendendo aos datos de 2017 a institución académica viguesa ascendería ata a sexta posición, con 17 solicitudes, só por detrás das grandes politécnicas (Madrid, Catalunya e Madrid) e a Universidad de Valladolid.

“Aparecer nunha clasificación deste tipo entre os ‘top-ten’ dos derradeiros anos é algo que ten que enchernos de orgullo”, explica no Diario da Universidade de Vigo Ángeles López, directora da Oficina de Transferencia de Resultados da Universidade, quen fai fincapé en que a universidade “responde moi ben a este perfil tecnolóxico necesario para ter produtos que patentar”.

Segundo  engade, tamén desde o ámbito científico, sobre todo bio, se están a obter resultados interesantes dos que depositar protección. De cara ao futuro, o reto é, segundo indica López, dispoñer dunha carteira de resultados –non só patentes, tamén software e outros- consolidada e con potencial de mercado e de explotación, que poida participar en programas de maduración de maneira que algún día se exploten e xeren novas spin-off, empresas xurdidas do ámbito universitario que axudan a xerar riqueza a todo o tecido económico e empresarial do país.

“A consolidación e especialización dos nosos grupos, a aposta decidida da nosa Universidade e a profesionalidade do noso servizo, aínda que estea mal que o diga eu, son as claves do éxito”, recalca a responsable da OTRI, quen quixo tamén destacar a oportunidade que ten brindado aos investigadores e investigadoras o programa Ignicia, posto en marcha pola Axencia Galega de Innovación, para poder madurar e achegar ao mercado todos estes resultados de investigación.

O ano pasado conseguíronse tres dos sete proxectos que se deron para Galicia –impulsados por Fernando Aguado, Felipe Gil e Pío González-, cun importe total de máis dun millón de euros, o que permite que se poida seguir avanzando cos resultados da investigación e que non queden só nunha publicación ou nunha solicitude de patente, senón que poidan achegarse á sociedade. Na última convocatoria, pechada recentemente, presentáronse 11 proxectos.

“Hai masa crítica potente e unha comunidade investigadora de moito nivel, o que, engadido ao feito de ter avanzado cara á especialización intelixente, é un factor engadido que achega moito valor”, subliña Ángeles López.

Só o ámbito científico e, sobre todo o tecnolóxico, teñen patentes
Por ámbitos só o científico e, sobre todo o tecnolóxico, teñen patentes. En 2017, dentro do ámbito tecnolóxico, cabe destacar, entre outros, os excelentes resultados acadados polo grupo de investigación en Xeotecnoloxías Aplicadas, composto por docentes da Escola de Enxeñería Industrial e da EE de Minas e Enerxía, que foron quen de solicitar tres patentes, que se suman a outras cinco presentadas en 2016, centrada cada unha delas en diferentes estruturas de montaxe e ensamblaxe industrial que achegan importantes vantaxes respecto á soldadura ou a unión aparafusada clásica realizada directamente entre perfís.

Tamén do ámbito tecnolóxico é a presentada polo investigador Marcos Curty sobre un novo método dirixido a xerar claves criptográficas seguras ou unha, neste caso compartida coa Universidad de Oviedo, na que varios inventores e inventoras da Universidade de Vigo, encabezados por Antonio García Pino, propoñen a creación  dun sistema aerotransportado para a caracterización e medida de antenas ou sistemas radiantes, drones que poderán empregarse, entre outras cuestións, para detectar minas antipersoas e medir emisións electromagnéticas de antenas.

No ámbito científico solicitouse, entre outras cuestións, patentar un dispositivo somerxible de fondeo de mexillóns que podería empregarse para analíticas sobre contaminación mariña; un método que axudaría á determinación do prognóstico en pacientes diagnosticados con hipertensión arterial pulmonar; un método non invasivo que podería chegar a empregarse para o diagnóstico de cancro colorrectal; outro para a estimación do crecemento microalgal ou un sistema para a monitorización automática a tempo real da calidade de augas en medio acuático.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

comercio solidario

loterías

  • La Primitiva da una alegría en Vigo
    La Primitiva da una alegría en Vigo La Primitiva ha dejado un pequeño pellizco en Vigo, que sin duda hará más llevadero el verano para el agraciado. Un boleto sellado en la zona de As Travesas ha resultado ganador de un premio de segunda categoría (cinco números…
    Leer más...

polémica

  • Últimas noticias

  • Más leído