23062018Sáb
Última edición: Sáb, 23 Jun 2018 10am

Achega viguesa para unha posible terapia contra o cancro de mama máis agresivo

A investigadora do Cinbio Ana Igea participou no artigo da publicación Cancer Cell, que salienta como a proteína p38 actúa como salvavidas

25 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Ana Igea. / Foto: Duvi Ana Igea. / Foto: Duvi

Froito do traballo iniciado no Instituto de Investigación Biomédica (IRB Barcelona) xunto ao investigador Ángel Nebreda, a revista científica de referencia Cancer Cell publicaba nas últimas horas o artigo ‘Targeting p38? Increases DNA Damage, Chromosome Instability, and the Anti-tumoral Response to Taxanes in Breast Cancer Cells’ no que a investigadora do Centro de Investigación Singular de Galicia (Cinbio) da Universidade de Vigo Ana Igea describe as bases dunha potencial nova vía terapéutica para o cancro de mama máis agresivo.

Igea lembra que existen tres grandes tipos de cancro de mama: o triplo negativo, que concentra un 15% dos casos, e que é o ten peor prognóstico é so se pode tratar con quimioterapia e outros dous tipos que se poden tratar mediante terapias específicas menos agresivas.

Co obxectivo de atallar a versión máis complexa da enfermidade, as primeiras probas experimentais recollidas no artigo publicado en Cancer Cell e do que Igea é autora, xunto á estudante de doutoramento de La Caixa Begoña Cánovas, realizáronse sobre tumores de mama triplo negativo, aínda que posteriormente se estenderon aos outros dous tipos de cancro.

“A clave está na proteína p38, que actúa coma un salvavidas para as células, evitando a acumulación excesiva de mutacións no seu ADN que as levaría á morte”, explica Igea. Así pois, probáronse fármacos inhibidores da p38 para bloquear a súa función sobre as células tumorais e o resultado foi a acumulación de mutacións e erros no seu ADN e, en consecuencia, a morte destas células malignas.

O seguinte paso foi combinar estes inhibidores cun tipo de quimioterapia, os taxanos, co obxectivo de potenciar a acción destes últimos. En sete dos nove tumores de pacientes de cancro de mama usados como base do experimento, a combinación aceleraba ou prolongaba os efectos dos quimioterapéuticos, reducindo considerablemente a masa tumoral.

Maior eficacia e eficiencia das terapias contra o cancro de mama
Os resultados da investigación desenvolvida por Igea permiten ademais diferenciar os tumores que mellor responden á terapia combinada. Canto máis inestables son, mellor funciona a acción mixta do inhibidor p38 e a quimioterapia e dado que existen métodos sinxelos para medir a inestabilidade que presenta un tumor, isto permitiría limitar o tratamento ás e aos pacientes que realmente poden responder a el, reducindo así tamén os custos asociados. En definitiva, aumentaría a eficacia e eficiencia das terapias contra o cancro de mama.

Polo que respecta a súa viabilidade, “estes inhibidores da p38 xa están aprobados actualmente para o uso de pacientes afectados por outras enfermidades, polo que xa sabemos que o seu uso é seguro”, afirma Ana Igea, que sinala que isto é unha vantaxe para poder adiantar camiño cara á posible meta: a aplicación da terapia combinada en persoas diagnosticadas de cancro de mama. Non obstante, antes diso, buscarase a confirmación dos resultados sobre una maior número de tumores e, se é positiva, “esperamos conseguir que a industria farmacéutica se interese por levar a cabo ensaios clínicos para comprobar a eficacia en pacientes reais”, explica a investigadora de Cinbio.

Unha liña propia de investigación no Cinbio
Os resultados publicados pola revista Cancer Cell son froito do traballo iniciado por Ana Igea no Instituto de Investigación Biomédica (IRB Barcelona) con Ángel Nebreda e sentan as bases do traballo que desenvolve desde hai un ano no Cinbio.

No centro singular da Universidade de Vigo, Igea está a poñer en marcha a súa propia liña de investigación, combinando os seus coñecementos en bioloxía molecular e cancro cos avances do Grupo de Inmunoloxía, liderado pola catedrática África González. O primeiro proxecto desta nova liña, xa aprobado, ten como obxectivo modular o sistema inmune no cancro de páncreas.

Na procura do obxectivo do Cinbio de intensificar as colaboracións con centros de investigación de referencia, Igea quere seguir traballando co IRB e con outras entidades científicas internacionais coas que colaborou no pasado, como a Universidade de Atenas. “Buscamos lograr que o propio sistema inmune do paciente recoñeza e ataque o tumor. O nosos estudos céntranse polo de agora no cancro de páncreas, que ten una mortalidade moi alta e una supervivencia moi baixa, pero nun futuro queremos seguir traballando nos cancros de mama e colon”, apunta a investigadora.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

arte urbano

música

viaxes

  • Últimas noticias

  • Más leído