25052018Vie
Última edición: Vie, 25 May 2018 6pm

O grupo Nature publica un novo estudo da Universidade de Vigo

Especialistas do centro e do CSIC desvelaron que a fotosíntese mariña é máis sensible aos nutrientes que á temperatura

30 Abril 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O grupo de traballo da Universidade. / Foto: Duvi O grupo de traballo da Universidade. / Foto: Duvi

Un equipo de científicos da Universidade de Vigo e do Instituto de Ciencias do Mar (CSIC) de Barcelona acaban de facer públicos os resultados dun estudo no que desvelan que a fotosíntese mariña é mais sensible aos nutrientes que á temperatura. O traballo está liderado polo profesor do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, Emilio Marañón, e acaba de ser publicado nunha das revistas do grupo Nature, The ISME Journal.

Un principio fundamental en bioloxía é que ao aumentar a temperatura acelérase a actividade metabólica, o que supón que os organismos captan e utilizan os recursos de forma máis rápida. De especial relevancia é determinar a relación entre temperatura e taxa metabólica en fitoplancto mariño, xa que estes microorganismos son o verdadeiro ‘motor verde’ do océano: realizan a metade de toda a captación de CO2 por fotosíntese que ocorre no planeta cada ano, e a súa actividade fotosintética non só sostén os recursos pesqueiros, senón que contribúe á regulación do clima. Neste novo artigo os docentes desvelan a resposta do fitoplancto á temperatura e no subministro de nutrientes.

“En condicións óptimas, con elevada dispoñibilidade de nutrientes, a taxa de fotosíntese do fitoplancto vese estimulada pola temperatura” explica Emilio Marañón, profesor da Universidade de Vigo e director do estudo, no que tamén participaron as investigadoras María Pérez Lorenzo e Beatriz Mouriño, do mesmo departamento.

Isto levou ao equipo de investigadores a predicir que a actividade fotosintética do fitoplancto podería acelerarse no océano, que rexistrou en certas rexións un aumento de temperatura superficial de máis de 2° C nos últimos 100 anos. “O problema é que na maior parte das rexións oceánicas a dispoñibilidade de nutrientes, en especial de nitróxeno, é moi baixa, o que limita a capacidade do fitoplancto para crecer. Por iso é polo que decidimos investigar a resposta do fitoplancto á temperatura en condicións de limitación por nutrientes”, recalca o investigador.

A resposta ao quecemento variará xeograficamente no océano
Para comprobar o efecto interactivo de temperatura e dispoñibilidade de nutrientes sobre o metabolismo fitoplanctónico, o equipo de investigación mediu a fotosíntese e a respiración de tres especies cosmopolitas e moi abundantes no océano (unha cianobacteria, unha diatomea e un cocolitofórido) mantidas en cultivos de laboratorio baixo diferentes combinacións de temperatura e subministración de nitróxeno. Os resultados amosaron que tanto a fotosíntese como a respiración respondían fortemente ao aumentar a achega de nitróxeno, mentres que o efecto da temperatura era case inapreciable.

Estes resultados suxiren que a resposta do fitoplancto ao quecemento variará xeograficamente no océano. Como indica Pedro Cermeño, investigador do Instituto de Ciencias do Mar do CSIC en Barcelona e participante no estudo, “o aumento de temperatura terá un efecto estimulador en zonas produtivas, pero apenas afectará ao metabolismo fitoplanctónico en rexións con forte escaseza de nutrientes, que supoñen o 80% da superficie oceánica”. A resposta da produtividade biolóxica do océano aos procesos de cambio global estará dominada, segundo indican, polos cambios na achega de nutrientes máis que na temperatura.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

explosión en tui

explosión en tui

  • La hecatombe en Tui, desde cielo y tierra
    La hecatombe en Tui, desde cielo y tierra "Devastación total", "bomba atómica", "una guerra nuclear". Estos son las descripciones que hacen los vecinos del barrio tudense de A Torre, en la parroquia de Paramos, del estado en el que quedó la zona tras la grave explosión de un…
    Leer más...

explosión en tui

explosión en tui

  • Últimas noticias

  • Más leído