25052018Vie
Última edición: Vie, 25 May 2018 6pm

A universidade inaugura o MTI con máis de 160 investigadores a pleno rendemento

Catorce grupos centran a súa actividade en smart-energy, industria 4.0 e Fdf ou novos materiais

27 Abril 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O novo edificio, deseñado polo arquitecto Alfonso Penela. / Foto: Duvi O novo edificio, deseñado polo arquitecto Alfonso Penela. / Foto: Duvi

Non foi ata este mes de abril de 2018 que se completou o proceso de ocupación por parte das e dos integrantes dos grupos de investigación, do Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial, MTI. Construído entre os años 2007-2013, foi en 2016 cando comezou o traslado das e dos 168 investigadores, que integran os catorce grupos dos ámbitos da enxeñaría industrial e da enxeñaría da minas e da enerxía, que ocupan a día de hoxe os preto de 4000 metros cadrados, distribuídos en catro plantas, do MTI.

Presidido pola secretaria de Estado de I+D+i, Carmen Vela, acompañada polo reitor en funcións da Universidade de Vigo, Salustiano Mato e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, este venres celebrouse na entrada no edificio o acto de inauguración do edificio, deseñado polo arquitecto vigués Alfonso Penela. Un acto que contou coa presenza do reitor electo, Pachi Reigosa, acompañado de parte do seu equipo de goberno, así como do equipo actual de Salutiano Mato e unha representación da comunidade universitaria.

“Gústame inaugurar edificios cheos de persoas e tecnoloxía, coma este. Non caixas valeiras, senón cheas de ciencia”, asegurou Carmen Vela na súa intervención en relación co edificio que cualificou de “emblemático”. Pola súa banda, o reitor en funcións, Salustiano Mato, agradeceu o traballo desenvolvido polas persoas que participaron neste proxecto, que lembrou, comezou co reitor Domingo Docampo, e ao que se referiu como “un chanzo importante para a investigación e a transferencia no ámbito tecnolóxico e industrial”. Na mesma liña, o conselleiro Román Rodríguez, asegurou que “o MTI será una centro de investigación de referencia en tecnoloxía industrial”, que afirmou está chamado a servir á sociedade a través da investigación e a transferencia tecnolóxica.

Creado para dar soporte e fomento aos labores de investigación, desenvolvemento e transferencia no campo das tecnoloxías e procesos industriais, o Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial forma parte dos denominados centros de apoio á investigación da Universidade de Vigo. Un total de 14 grupos de investigación dos ámbitos da enxeñaría industrial e da enerxía de minas e da enerxía desenvolven o seu traballo no MTI e seis deses grupos acadaron a categoría de grupo de referencia competitiva e outros dous de grupo de potencial crecemento da Xunta de Galicia.

laboratorio cuviAs 168 persoas que traballan no centro, e das que 95 son doutoras e doutores, son titulares de 144 patentes e só en 2017 participaron en 23 proxectos, dez deles do programa H2020, por un valor de case 5 millóns de euros, realizando máis de 60 contratos con empresas por un importe de 1,9 millóns de euros e publicando 168 artigos en revistas (70% con índice de impacto Q1).

Smart-Energy, Industria 4.0 e Fábricas do Futuro (FdF); Novos materiais, valorización de recursos e residuos industriais son os grandes ámbitos de traballos das e dos investigadores que desenvolven o seu labor no centro. No caso da Smart-Energy realízase unha investigación multidisciplinar destinada a facilitar a transición cara un sistema enerxético fiable, sostible e competitivo para que a sociedade faga fronte aos retos do cambio climático.

Polo que respecta á Industria 4.0 e FdF investígase e desenvólvense tecnoloxías esenciais (KET) que faciliten ao tecido industrial e produtivo situarse na contorna globalizada 4.0. En relación coa liña de novos materiais, valorización de recursos e residuos industriais o traballo céntrase en avanzar a través da I+D+i nun uso máis eficiente dos recursos e das materias primas, a redución de residuos e o desenvolvemento de materiais novos e avanzados.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

explosión en tui

explosión en tui

  • La hecatombe en Tui, desde cielo y tierra
    La hecatombe en Tui, desde cielo y tierra "Devastación total", "bomba atómica", "una guerra nuclear". Estos son las descripciones que hacen los vecinos del barrio tudense de A Torre, en la parroquia de Paramos, del estado en el que quedó la zona tras la grave explosión de un…
    Leer más...

explosión en tui

explosión en tui

  • Últimas noticias

  • Más leído