20042018Vie
Última edición: Vie, 20 Abr 2018 9am

 

O Cunqueiro e Gradiant avanzan nun sistema para axilizar a atención a pacientes

Trátase dun programa de simulación de procesos (EasyProcess) que permite analizar os fluxos de pacientes nos servizos e estudar propostas alternativas para mellorar e a asistencia sanitaria

09 Abril 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
A innovación ensaiarase no mes de maio no servizo de Urxencias e posteriormente se estenderá a outras áreas do hospital. / Foto: Sergas A innovación ensaiarase no mes de maio no servizo de Urxencias e posteriormente se estenderá a outras áreas do hospital. / Foto: Sergas

Profesionais do hospital Álvaro Cunqueiro, en colaboración cun equipo de expertos en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) de Gradiant, están a desenvolver un sistema que permite axilizar os tempos de espera hospitalarios. O proxecto, ensaiarase por vez primeira no próximo mes de maio no servizo de Urxencias e poderase trasladar máis adiante a outras áreas do centro hospitalario.

O proxecto de I+D+i consiste no desenvolvemento dun programa de simulación de procesos (EasyProcess) que permite analizar os fluxos dos pacientes nos servizos, e estudar propostas alternativas para mellorar e axilizar a asistencia sanitaria.

A primeira versión da ferramenta permitirá detectar en que probas ou áreas é posible optimizar os tempos de resposta e a súa repercusión na mellora da calidade, facilitando a procura de solucións para este fin.

O proxecto, desenvolvido por un equipo multidisciplinar de 6 profesionais de Gradiant e da EOXI de Vigo, enmárcase no acordo de colaboración asinado entre ambas as entidades para impulsar a innovación na asistencia sanitaria.

Variables que condicionan a atención
EasyProcess, o software de simulación de procesos de Gradiant, analiza datos sobre o funcionamento dos procesos do centro hospitalario para elaborar un modelo a través de minería de procesos. A ferramenta permite aos xestores asistenciais modificar, segundo as súas necesidades, distintas variables para comparar, de forma sinxela e obxectiva, as diferentes propostas de mellora.

O proxecto permite simular diversos escenarios de atención hospitalaria no centro, introducindo modificacións para adaptarse aos distintos condicionantes ou factores que inciden na asistencia. O obxectivo último é xestionar melloras na calidade da atención.

Para o xefe do servizo de Urxencias, Luis Amador, “os procesos sanitarios, incluídos os de urxencias, son extremadamente complexos; necesitamos ferramentas tecnolóxicas que nos asistan na súa análise e optimización”. Na mesma liña, a responsable da área de e-salud de Gradiant, Helena Fernández, explica que “a calidade asistencial dos pacientes ten en conta infinidade de factores e variables, o noso reto é que a ferramenta sexa o máis precisa posible para telos todos en conta”.

Innovacións no sector da sáude
Gradiant é unha fundación privada sen ánimo de lucro especializada no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas nos ámbitos da conectividade, intelixencia e seguridade. As súas innovacións no sector da saúde inclúen aplicacións tan diversas como un sistema para axudar á toma de notas clínicas durante a exploración dun paciente, ou o desenvolvemento dun sensor de frecuencia cardíaca e respiratoria para a monitoraxe das constantes dun paciente a distancia.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

  • El mejor café de España se sirve en Vigo
    El mejor café de España se sirve en Vigo El barista vigués Marcos González, que representaba a Galicia, se ha proclamado vencedor del Campeonato de España Fórum del Café, siendo distinguido como Barista de Oro 2018. En la gran final, disputada este miércoles, también ha obtenido el premio al…
    Leer más...

educación

  • A escola infantil do Álvaro Cunqueiro xa ten data de apertura
    A escola infantil do Álvaro Cunqueiro xa ten data de apertura A escola infantil do hospital Álvaro Cunqueiro entrará en funcionamento no próximo mes de setembro, con motivo do inicio do vindeiro curso escolar. A escola leva o nome de Merlín en alusión á primeira novela editada en galego polo escritor…
    Leer más...

Ocio

infraestructuras

  • Últimas noticias

  • Más leído