• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 10 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A UVigo acada un récord de axudas FECYT para a posta en marcha de proxectos de divulgación científica

    A Universidade acada máis éxito que nunca ao conseguir máis do 50% dos proxectos presentados
    Redacción por Redacción
    21 de Sep, 2023
    en Ciencia y Tecnología
    0
    A UVigo acada un récord de axudas FECYT para a posta en marcha de proxectos de divulgación científica

    Imaxe dunhas actividades organizadas en 2022 con financiamento da FECYT, 'CinVigo. Ciencia na rúa'. / Foto: UVigo

    A última resolución de axudas para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e de innovación da Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía, FECYT, do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade deixou este ano excelentes noticias para a Universidade de Vigo ao outorgarlle a concesión de sete axudas por valor de 150.000 euros.

    Son os mellores datos acadados pola institución académica viguesa nesta convocatoria, unha das poucas que existen, tanto a nivel nacional como internacional, específicas para divulgación e, derivado disto, tamén unha das máis competitivas. 

    “Este é o ano que acadamos máis éxito ao conseguir máis do 50% dos proxectos presentados, o maior número de propostas financiadas e, tamén, a contía máxima de financiamento”, explica a vicerreitora de Investigación e Transferencia, Belén Rubio, quen lembra que o vindeiro venres se celebrará en toda Galicia a G-Night, a Noite galega das persoas investigadoras, coordinada desde a Universidade de Vigo.

    A vicerreitora relaciona este éxito cunha “maior conciencia por parte do persoal investigador de que a divulgación científica é importante” e tamén polo “apoio técnico prestado desde a Universidade polo persoal da Unidade de Cultura Científica, UCC”.

    Haberá actividades nos tres campus, algunhas que se porán en marcha por primeira vez este curso e outras que xa comezan a consolidarse no calendario de actividades divulgativas da Universidade de Vigo.

    Unha tendencia que arrancou no 2018 

    Desde a Vicerreitoría de Investigación e Transferencia valoran especialmente a consecución destas sete axudas porque con elas se ratifica unha tendencia que arrancou no 2018 cando, por primeira vez, a UVigo acadou dúas destas subvencións. No 2016 presentáranse tres proxectos e non se acadou ningún; no 2017 sete e tampouco se chegou a acadar financiamento; no 2018 xa se presentaron dez propostas e conseguíronse dúas; no 2019, volveron presentarse seis e tamén se acadaron dúas; no 2020 presentáronse 13 e conseguíronse seis; no 2021 presentáronse 16 e conseguíronse cinco, e agora, na convocatoria do 2022 presentáronse 13 e conseguíronse sete. 

    “O importante é que fomos aumentando progresivamente, desde un 0% no 2017 a un 20% no 2018 e ata chegar a máis do 50% este ano”, recalca a vicerreitora, ao tempo que defende que son datos que, por unha banda, reflicten que a comunidade investigadora é cada vez máis consciente da importancia e o recoñecemento que ten a divulgación científica e , pola outra,  reflicten os froitos que comeza a dar o labor de asesoramento que veñen facendo neste tipo de proxectos, tanto desde a OPI como desde a UCC. 

    Vigo, escenario de múltiples actividades

    A cidade de Vigo será escenario de boa parte dos proxectos subvencionados ou, cando menos, dela partirán diferentes iniciativas que logo se trasladarán ao conxunto da sociedade galega. Volverase pór en marcha Ciencia de ida e volta, o plan anual de actividades da UCC+i da Universidade de Vigo, subvencionado con 30.000 euros e que inclúe actividades como exposicións, talleres, conferencias, concursos… que poñen en valor e dan a coñecer as investigacións que se están a levar a cabo na UVigo.

    “Este plan xa está ben consolidado e ben estruturado, algo que se conseguiu grazas á participación do persoal investigador e a que cada ano se van incorporando cousas novas”, recalca a vicerreitora.

    Repetirán tamén dúas propostas -financiadas con 24.000 e 11.000 euros, respectivamente- que chegan da man do Centro de Investigación Mariña, CIM, en colaboración co Campus do Mar. Trátase, dunha banda, de Desafíos do océano: científicas al mando, unha miniserie documental de seis capítulos de dez minutos de duración cada un, continuación dun proxecto do mesmo nome que se leva a cabo con grande éxito e acollida coa colaboración da FECYT desde a edición de 2020 e, xa da outra, Mar emerxente | Scientist meet Artists, un espazo de encontro e diálogo entre dúas disciplinas moi diversas: a ciencia e a arte e na que a indagación, innata ao mundo da investigación, dialoga coa creatividade, propia do mundo artístico.

    Desde o CINBIO, volverase contar con financimento -25.000 euros-, para a posta en marcha dunha nova edición da feira CinVigo, Ciencia na rúa, unha feira científica ao aire libre, en pleno centro da cidade de Vigo, rodeada de actividades paralelas e coa que se busca levar a ciencia ás rúas e ás prazas, achegándoa ás mozas e mozos, quen serán os protagonistas da ciencia do futuro.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro
    Más Vigo

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro

    Esta antigua fotografía tomada a principio de los años noventa del pasado siglo XX, y realizada con la clásica película...

    por Julio Alonso
    09 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR