• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Motor
    viernes, 22 de enero de 2021
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    Premios Provinciais á Xuventude

    Xuventude, divino tesouro da provincia

    Un total de 34 mozos e mozas de Vigo, Pontevedra, Mos, Cambados, Ribadumia, Gondomar, Ponte Caldelas, Bueu, Tomiño, O Porriño, Nigrán, Moaña, Redondela, Moraña, Marín, Silleda, Sanxenxo e Poio recibiron os galardóns á creatividade da Deputación de Pontevedra
    Redacción por Redacción
    19 de Dic, 2020
    en Actualidad
    0
    Xuventude, divino tesouro da provincia
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presidiu, xunto ás deputadas e aos deputados provinciais, a gala da cuarta edición dos Premios Provinciais á Xuventude, a máis singular dende a creación deste certame, ao terse que celebrar cun estrito protocolo de seguridade por mor da pandemia de COVID19. Unha gala reivindicativa e que volveu poñer de manifesto que a cultura é segura e, ademais, imprescindible.

    A cerimonia, que foi presentada pola artista Cora Velasco, celebrouse nun Salón de Plenos do Pazo Provincial con aforo reducido e acceso con invitación previa. Unha festa de recoñecemento ao “talento que non se confina” de 34 mozas e mozos chegados dende 18 concellos da provincia e que non renuncian a expresar as súas inquedanzas a través da música, a escrita, a imaxe, a iniciativa social ou o emprendemento empresarial.

    Carmela Silva agradeceu, con emoción, as intervencións reivindicativas de moitas das mozas e mozos premiados abordando cuestións como a violencia machista, a precariedade laboral, o deterioro do medio ambiente, o maltrato á inmigración ou o castigo á cultura durante a pandemia. “Tomo nota das reivindicacións que aquí se fixeron e agradezo que faledes con liberdade, porque ese é o xeito de que as Administracións aprendamos”. Silva destacou que os poderes públicos “non merecemos ningún agradecemento; as Administracións representamos á xente e xestionamos os seus recursos, así que son eu, en nome desta Administración, quen ten que darvos as gracias”.

    A presidenta reivindicou á mocidade nestes tempos convulsos dende o convencemento de que a xente nova está chamada a “rachar cun discurso que nos molesta particularmente e que consiste en defender que calquera tempo pasado foi mellor e que a mocidade de hoxe está acomodada e ten menos compromiso”. Ao seu xuízo trátase de “tópicos absolutamente falsos, como demostrades os que aquí subistes a recoller os premios”. Deste xeito, tras laiarse do “individualismo social” e a “perda de dereitos en primeira persoa para as persoas novas” , Silva contextualizou a organización destes IV Premios á Xuventude como “un intento de abrir unha fiestra” e “recuperar a alegría e ilusión que o talento novo representa”.

    Carmela Silva expresou as súas gañas de recuperar canto antes a música e o teatro en directo, o cine e tantas outras expresións culturais que están a sufrir nos últimos meses. Neste eido concluíu remarcando dous proxectos cos que a Deputación pretende axudar a visibilizar ás creadoras e creadores da provincia, como son a Escola de Letras, iniciativa compartida con Editorial Galaxia, e o programa “Descúbreas”, co que se dá voz ás mulleres novas que buscan un oco no mundo da música.

    A Gala contou coa música ao vivo de Jairo Daponte, o mozo que gañou o primeiro premio na categoría de “Outros xéneros”, e que interpretou tres pezas instrumentais da súa autoría, entre elas a que lle valeu este recoñecemento. Ademais, este ano foi a presentadora, Cora Velasco, a encargada de lucir o estilismo creada pola gañadora na categoría de Deseño e Moda, Miriam Cartagena.

    Os Premios á Xuventude premian os traballos presentados en oito categorías distintas por mozos e mozas da provincia de entre 16 e 35 anos, aínda que no caso do apartado de Educación en Valores están dirixidos especificamente aos centros educativos. Un ano máis, os trofeos a tódalas persoas gañadoras foron elaborados pola Escola de Cantería da Deputación.

    Reacción polo Clima

    A última novidade desta Gala foi a entrega dos premios do concurso de vídeo Reacción polo Clima, que gañaron Iago Rodríguez Torres e Manuel Albariñas, ambos de Marín, pola peza “Inconsciente”. O segundo premio foi para Carmen Villanueva Ansedes (Silleda), por “Non pases de largo”. En terceiro lugar, mereceu recoñecemento o traballo “Pequenos xestos, grandes cambios”, da viguesa Isabel González Vieites.

    En canto aos Premios provinciais á Xuventude, os/as gañadores/as desta edición foron:

    No apartado de Iniciativa Empresarial o primeiro premio foi para o proxecto ”Bilurico Ready to Drink Tea”, de Iago Radio Rodríguez (Cambados), unha firma tés e infusións saudables e listos para beber. A idea comezou a xestarse no Coworking de Barro-Meis da Deputación. O segundo premio, para “UTMD STUDIO”, da Asociación Estudiantil UVIGO Motors. (Vigo) e, finalmente, o terceiro para “AC Cutom Textil”, de Vanesa Míguez González. (Ribadumia).

    En Educación en valores obtivo o primeiro premio o Club da Igualdade, do IES Auga da Laxe (Gondomar) pola implicación de todo o claustro e dos seus máis de 300 alumnos e alumnas nun completo programa de actividades. O segundo, para o podcast “Unha historia digna de escoitar”, do IES Illa de Ons (Bueu). E o terceiro para o programa de mediación “Entre iguais”, do IES Antón Alonso Ríos (Tomiño).

    En Contidos dixitais, apartado Audiovisual, premiouse o documental histórico de Francisco Leboso Fernández (O Porriño) “Ecos da Historia”, sobre o Paleolítico galego no panorama internacional, colocándoo á altura de xacementos tan importantes como Atapuerca. O segundo premio recaeu na reportaxe “A UE e a crise dos refuxiados”, de Marta Magdalena García (Nigrán). O terceiro, na canle deYouTube Robertowski, de Roberto Pastoriza Rodríguez. (Bueu)

    No apartado de Contidos dixitais Web-Blog quedou deserto o primeiro premio. O segundo foi para “Rías Baixas, destino de película”, de Cristina Loureiro Martínez (Pontevedra) e o terceiro para o blog “Fútbol a bote pronto”, de Rodrigo Cumbraos López (Pontevedra).

    No bloque de Música, apartado Outros Xéneros, o primeiro premio foi para Jairo Daponte (Mos), polo seu tema “Aware”. O segundo, para Helena Egea (Pontevedra), por “Glass”. E o terceiro para Brais Orge (Ponte Caldelas), por “Keeps me high”.

    En Música Clásica quedou deserto o primeiro premio. O segundo foi para a pontevedresa Nuria Casas por “Impromptu”, unha peza pianística improvisatoria. O terceiro premio foi para “Hasta aquí hemos sido muy corteses con las mujeres (F. Nietche)”, de Sara Mínguez (Vigo), obra composta para un conxunto de cámara.

    No apartado de Banda Deseñada só se outorgou o segundo premio para Sabela Domínguez (Cambados), por unha historia en cinco páxinas sobre como unha noite calquera vendo a beleza do mundo, neste caso a lúa, pode facer que desenvolvamos unha obra artística.

    O primeiro premio da categoría de Narrativa foi para “O mundo dos seus ollos”, de Iván Silva Lorenzo (Vigo); o segundo para “A casa do Coto”, de Ana Iglesias (Ponte Caldelas) e o terceiro para “Ain’t no sunshine when she’s gone”, do pontevedrés Alexandre Ferńandez Peón (Pontevedra).

    Xa no eido da Poesía, o primeiro premio gañouno a composición “Recuerdos”, de Samuel Parada (Moaña), creada durante o período de confinamento. O segundo, para “Estatuas de sal”, de Carolina Sertal Souto (Redondela) e, finalmente, o terceiro para “Mulleres tiñan que ser”, de Belén Viéitez (Moraña).

    Os galardóns para os mellores traballos de Serie Fotográfica foron para “Rapaces do mundo”, de Claudia Gómez (Pontevedra), que obtivo o primeiro premio. O segundo recaeu na obra “Do noso: paisaxe de dentro e de fóra”, de Sergio Vidal (Sanxenxo). E o terceiro, para “Viaxe polo norte”, de Roque Beloso (Pontevedra).

    O premio á mellor Fotografía foi para a imaxe “Cultura segura”, de Helena Constela (Poio). O segundo premio, para “A velocidade do tempo”, de Alma Alonso Costas (Gondomar). E o terceiro, para “Xélido afervoado”, de Iago Manoel Souto Lorenzo (Ponte Caldelas).

    En canto á categoría de Deseño e Moda houbo un primeiro premio para Míriam Cartagena Sánchez (Nigrán), polo seu estilismo en cinco pezas, “Madame de la Rue Simon Crubellier”. O segundo premio quedou deserto e o terceiro gañouno Alba Vidal, de Pontevedra, pola súa colección “But Tht’s ok”, Alba Vidal.

    Tags: Carmela SilvaDeputación de PontevedraPremios Provinciais á Xuventude

    RelacionadosArtículos

    A Deputación e a Editorial Galaxia retoman a Escola de Letras como porta de acceso á creación literaria
    Libros

    A Deputación e a Editorial Galaxia retoman a Escola de Letras como porta de acceso á creación literaria

    22 de Ene, 2021
    Case 600 aspirantes opositan en Vigo en medio dun exhaustivo protocolo de seguridade
    Local

    Case 600 aspirantes opositan en Vigo en medio dun exhaustivo protocolo de seguridade

    19 de Ene, 2021
    Down Vigo amosa na sede local da Deputación ‘A viaxe da miña vida’, unha exposición de coloristas tapices
    Exposiciones

    Down Vigo amosa na sede local da Deputación ‘A viaxe da miña vida’, unha exposición de coloristas tapices

    18 de Ene, 2021
    A Escola de Letras celebra unha ‘masterclass’ impartida pola escritora Anna R. Figueiredo
    Libros

    A Escola de Letras celebra unha ‘masterclass’ impartida pola escritora Anna R. Figueiredo

    17 de Ene, 2021
    Final feliz para «Muti», la perra adoptada en Vigo tras ser acogida en el CAAN de la Deputación
    Local

    Final feliz para «Muti», la perra adoptada en Vigo tras ser acogida en el CAAN de la Deputación

    16 de Ene, 2021
    Arrancan as obras de mellora da seguridade viaria na estrada EP 2303 de Gondomar
    Gondomar

    Arrancan as obras de mellora da seguridade viaria na estrada EP 2303 de Gondomar

    13 de Ene, 2021

    Más Vistos

    Galicia cerrará las actividades no esenciales  en concellos de más de 10.000 habitantes si la incidencia supera los 1.000 casos

    Galicia cerrará las actividades no esenciales en concellos de más de 10.000 habitantes si la incidencia supera los 1.000 casos

    por Redacción
    19 de Ene, 2021
    0

    El derribo del Camaleón también conllevará la demolición de un mirador y zona de descanso en Samil

    El derribo del Camaleón también conllevará la demolición de un mirador y zona de descanso en Samil

    por Redacción
    15 de Ene, 2021
    0

    Vigo pasa al nivel máximo de restricciones junto a otros 55 concellos, 10 en su área sanitaria

    Vigo pasa al nivel máximo de restricciones junto a otros 55 concellos, 10 en su área sanitaria

    por Redacción
    18 de Ene, 2021
    0

    Confirman el paso de un “bólido meteórico”, que se pudo ver de madrugada en Vigo

    Confirman el paso de un “bólido meteórico”, que se pudo ver de madrugada en Vigo

    por Redacción
    18 de Ene, 2021
    0


    Comuneiros da Louriña e o Condado denuncian “enormes” danos cometidos por motos, quads e todoterreos

    por Redacción
    22 de Ene, 2021
    0
    Comuneiros da Louriña e o Condado denuncian “enormes” danos cometidos por motos, quads e todoterreos
    Ponteareas

    As comunidades de montes dos concellos de Ponteareas, Salceda de Caselas e O Porriño uníronse para denunciar a “presenza masiva”...

    Leer mas

    El ascensor de la Praza da Estación, con parada en el Vialia y capacidad para 13 personas, estará operativo a final de año

    por Redacción
    21 de Ene, 2021
    0
    El ascensor de la Praza da Estación, con parada en el Vialia y capacidad para 13 personas, estará operativo a final de año
    Local

    La transformación del entorno de la estación de Urzaiz, con varios frentes abiertos, ha dado este jueves un nuevo paso...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Create New Account!

    Fill the forms bellow to register

    All fields are required. Iniciar sesión

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Do NOT follow this link or you will be banned from the site!
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar Rechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy
    Necesarias Siempre activado