• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 20 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O orzamento da Deputación de Pontevedra para 2019 ascenderá a case 158 millóns

    A institución provincial reducirá a súa débeda, que quedará en sete millóns, e dedicará 43 millóns ao Plan Concellos
    Redacción por Redacción
    08 de Nov, 2018
    en Actualidad
    0
    O orzamento da Deputación de Pontevedra para 2019 ascenderá a case 158 millóns

    Silva especificou que as contas ascenderán a de 157.962.348 euros e que cumpren todos os requisitos de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e límite de débeda que establecen as leis do Estado. A presidenta puxo en valor que “cando chegamos á Deputación a mediados do 2015 o orzamento estaba practicamente esgotado”. “Nós decidimos incrementalo no 2016 e ir aumentándoo de xeito constante ano tras ano e isto da man da redución da débeda”, engadiu.

    Deste xeito, Silva explicou que en catro anos vanse reducir 32 millóns de euros de débeda, xa que ao inicio da lexislatura era de 39 millóns de euros, nestes momentos é de 12 millóns de euros e se espera descenda aos 7 millóns de euros ao remate do 2019. Ademais, xunto á redución da débeda tamén se da unha redución do gasto corrente ao pasar dun incremento do 8,3% no 2015 ao 1,65% previsto para o 2019.

    Tamén adiantou a presidenta datos pormenorizados por servizos e iniciativas. Neste eido, Silva comezou falando do Plan Concellos: “O noso plan estrela de transferencia aos concellos que no 2019 vai ter 43,4 millóns de euros, é dicir, un incremento do 3% con respecto ao 2018”. Máis polo miúdo, o programa terá unha dotación de 9,5 millóns de euros para emprego, 30 para investimentos e 3,9 millóns para actividades e gasto corrente. 

    A presidenta fixo fincapé en que os concellos reciben “moitos máis recursos agora que fai catro anos”. Neste eido, recordou que “no 2015, ao ser época electoral subiron as transferencias ata os 30 millóns de euros, incluíndo a Vigo e a Pontevedra, pero que nos outros anos estaban en torno aos 20 millóns. Iso, fronte aos 40 que achegamos nós no 2016 co Plan Concellos e que fomos aumentando cada ano ata chegar aos 43,4 que destinaremos no 2019”.

    No caso dos servizos, Medio Natural e Desenvolvemento Rural terá no 2019 un orzamento de 1,8 millóns de euros. Así, aumentarase o gasto nas tarefas de prevención de pragas así como nos orzamentos para Mouriscade, que se incrementa nun 2,5%, e para a Estación Fitopatolóxica do Areeiro que terá un 5,8% máis que no 2018.

    En canto a emprego, o Deputación destinará 3,3 millóns de euros para o seu fomento aos que se engaden os 9,5 millóns para a xeración de emprego nos concellos que inclúe o Plan Concellos 2019. “Polo tanto 12,8 millóns, un 8,2% máis, para este obxectivo prioritario de fomento do emprego, apoio a empresas, pemes e persoas emprendedoras, prácticas profesionais e formación para mellorar a inserción laboral”, destacou Silva.

    Pola súa banda, a área de novas tecnoloxías terá un orzamento de 5,73 millóns de euros, un 9,15% máis que no 2018, para continuar prestando os servizos para modernizar as administracións locais. Turismo recibirá 3,6 millóns de euros para seguir cos obxectivos marcados no Plan Estratéxico.

    No 2019 a área de Infraestruturas recibirá 17,67 millóns de euros, cun incremento que multiplica por cinco a media de crecemento do orzamento, para seguir impulsando a política de mobilidade provincial. Neste eido, a presidenta da Deputación adiantou que a vindeira semana o vicepresidente acudirá ata Cataluña “para presumir do noso proxecto de mobilidade, ao igual que fixemos fai moi pouco tempo en Perú”.

    En igualdade, unha das liñas prioritarias do goberno, o incremento do orzamento será do 8,9% ata acadar 1.273.992 euros. Carmela Silva destacou que se van manter todas as iniciativas desenvolvidas e impulsar actuacións novas. Neste eido, a presidenta adiantou que “imos crear, xunto coa Universidade de Vigo, a Cátedra e Observatorio de Estudos de Xénero xa que dende o 2011, dende a chegada de Rajoy ao goberno, deixáronse de facer enquisas para analizar a situación das mulleres en diferentes eidos e nós queremos contribuír a que haxa estatísticas claras para tomar decisións adecuadas”.

    Pola súa banda, a área de Cohesión Social e Xuventude contará no 2019 cun orzamento de máis de 6 millóns de euros, un 7,6% máis que no 2018, e en Servizos Lingüísticos e Promoción Cultural de 4 millóns de euros, un 3,12% máis que este ano. O Museo de Pontevedra contará cun orzamento de 4,4 millóns e Patrimonio con 1,5 millóns de euros. Tamén se incrementará o orzamento da Escola de Cantería ata os 798.000 euros. Este incremento prodúcese para impulsar accións tendentes á consecución da homologación da formación impartida na escola.

    En canto ao Deporte, o goberno de Carmela Silva destinará 5 millóns de euros a este servizo. Neste eido, a presidenta explicou que o orzamento contempla o financiamento do Campionato Mundial Júnior de Balonmán que se celebrará en Pontevedra e Vigo no 2019 e vai ser financiado pola Deputación de Pontevedra.

    Pola súa banda, o vicepresidente César Mosquera asegurou que os orzamentos provinciais de 2019 son a plasmación en cifras dun programa de goberno que ten uns principios moi claros. O nacionalista destacou que un dos principais compromisos adquiridos foi dotar aos concellos de financiamento, cuestión que se está a cumprir e que “ten unha relevancia política extraordinaria”, xa que ao final do presente mandato teranse derivado aos municipios da provincia máis de 300 millóns de euros, o dobre que en etapas anteriores.

    O vicepresidente explicou que dos 158 millóns de euros que se aprobarán para 2019, 80 irán para o sostemento da propia administración e os seus servizos (Príncipe Felipe, Mouriscade, Areeiro, Museo de Pontevedra, Escola de Cantería…) mentres que 78 quedan sen compromiso e irán destinados aos concellos, á Universidade, padroados, e a actuacións de mellora e mantemento do viario provincial, entre outros. Puntualmente, como transferencias directas aos gobernos locais no 2019 haberá 54 millóns de euros, ademais de outros plans de axuda.

    “Está todo o orzamento posible a marchar para os concellos. Mándase o dobre de cartos que antes e estamos a facer esforzos noutras áreas como nunca se fixeran. Temos uns principios e non estamos a gastar en ‘chafalladas’ ou sobrecustes. Viñemos sabendo moi claro o que facer e estamos moi satisfeitos e orgullosos da dinámica acadada polo goberno provincial, de cambiar a Deputación como institución, e de darlle a máxima transparencia, non utilizala con fins espúreos e perversos, senón ao contrario, con liñas claras, contas claras e mirando para adiante”.

    43

    RelacionadosArtículos

    A juicio un kamikace que, ebrio y drogado, causó un accidente en la AP-9
    Sucesos

    A juicio en Vigo tras renunciar a su herencia para no tener que pagar una deuda de 15.000 euros

    19 de Ene, 2026
    Con la vista puesta en Adamuz, se cumplen 50 años de la tragedia ferroviaria de Rande
    Local

    Con la vista puesta en Adamuz, se cumplen 50 años de la tragedia ferroviaria de Rande

    19 de Ene, 2026
    Cortada al tráfico parte de una calle en un barrio de Vigo por riesgo de derrumbe de un edificio
    Sucesos

    Cortada al tráfico parte de una calle en un barrio de Vigo por riesgo de derrumbe de un edificio

    19 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    El rural de Vigo se une a la tendencia de transformar locales en viviendas: Beade gana dos pisos
    Local

    El rural de Vigo se une a la tendencia de transformar locales en viviendas: Beade gana dos pisos

    19 de Ene, 2026
    Baiona se alza como destino internacional de oro
    Baiona

    Ceden una parcela de 900 metros a la Xunta para construir otras 12 viviendas públicas en el área de Vigo

    19 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    por Redacción
    13 de Ene, 2026
    0

    Un coche acaba volcado (y entre arbustos) tras una salida de vía en Vigo

    Un coche acaba volcado (y entre arbustos) tras una salida de vía en Vigo

    por Redacción
    14 de Ene, 2026
    0

    La Xunta eleva su apuesta por Vigo con 5.300 viviendas: en Navia hay 900 «en marcha»

    Cuatro cooperativas se reparten 70 parcelas en Vigo para construir 140 viviendas en Navia

    por María Alonso
    14 de Ene, 2026
    0

    Vigo testea el tráfico en Gran Vía para avanzar en las rampas mecánicas: «Un sistema revolucionario de comunicación»

    Luz verde para «una obra histórica»: comienzan las nuevas rampas de la Gran Vía

    por Redacción
    15 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El abandono del puente medieval de Sárdoma
    Más Vigo

    El abandono del puente medieval de Sárdoma

    Un amable lector (A.L.) nos envía esta fotografía pidiéndonos que le demos difusión al estado de abandono de este puente...

    por Julio Alonso
    19 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    “A banda deseñada pode ser un lugar para escoitar a memoria”
    Libros

    “A banda deseñada pode ser un lugar para escoitar a memoria”

    Con motivo da publicación en novembro do volume recompilatorio das serie de cómic dedicada a Castelao, falamos co seu ilustrador,...

    por Octavio Beares
    18 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    Vigo acogerá el preestreno de ‘Rondallas’: día y sala para la película rodada en las Rías Baixas
    Opinión

    De la película «Rondallas» y del poder sanador de la comunidad

    Este diciembre pasado tuvimos la reunión de colaboradores de VigoE en un local de la zona vieja de Vigo. La...

    por Alba García Moreira
    14 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR