• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 1 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O castelo de Sobroso entra nunha nova dimensión audiovisual

    A Deputación adxudica en máis de 261.000 euros a execución do proxecto museográfico, que aposta por converter a visita nunha experiencia audiovisual, histórica e patrimonial
    Redacción por Redacción
    17 de May, 2021
    en Actualidad
    0
    O castelo de Sobroso entra nunha nova dimensión audiovisual

    A musealización do castelo de Vilasobroso, unha das xoias patrimoniais da provincia, está en marcha. A Deputación ven de adxudicar á obra por un importe de 261.631 euros co obxectivo de que as persoas que visiten a fortaleza da comarca do Condado poidan gozar dunha experiencia audiovisual do século XXI nun conxunto monumental que afunde as súas raíces no século X. O proxecto permitirá achegarse á historia e aos valores artísticos do edificio con recursos audiovisuais apoiados nas últimas tecnoloxías. A empresa “Intervento2” será a encargada de deseñar, instalar e poñer en marcha un equipamento museográfico de gran atractivo e acorde coas tendencias da demanda turística, convertendo a visita a Sobroso nunha experiencia na que se mestura a aprendizaxe co entretemento.

    A Deputación aposta por un modelo de turismo baseado nas experiencias, na que o castelo se converte en escenario para pezas teatralizadas en formato audiovisual cunha visita dunha hora de duración na que se efectúa un percorrido ascendente polas distintas estancias da fortaleza e a torre da homenaxe, para rematar na súa terraza cunha espectacular vista do Condado e Portugal, alén do río Miño. As visitas, que poderán realizarse en galego, castelán ou inglés, terán unha hora de duración e contarán con grupos reducidos de 15 persoas, con protocolo antiCovid mentres as circunstancias así o esixan.

    O proxecto museográfico estrutúrase ao redor de sete salas temáticas nas que abórdanse distintos aspectos explicados con diferentes soportes tecnolóxicos. A visita comeza coa sala “Sobroso na paisaxe”, dotada Dunha gran impresión fotográfica e caixas retroalimentadas con imaxes de referencia. A continuación, “A historia do castelo e os seus habitantes”, onde pode atoparse un audiovisual sobre o vidro, que narra a vida na fortaleza medieval, coa escenografía dunha gran vitrina onde se sincronizarán imaxes. A terceira estancia é “O castelo, protagonista na Idade Media”, unha montaxe con elementos téxtiles e módulos de cada personaxe vinculado á historia do Castelo: dona Urraca I de León, Alfonso VII de León, Dinis de Portugal e Isabel de Aragón. Accédese deseguido a “O castelo, da destrución á recuperación”, espazo onde o “videomapping” para simular a destrución e reconstrución do castelo sobre as propias pedras, jé protagonista. Ademais unha narradora virtual explicará os cambios ao longo do século XX. O seguinte espazo é “Os seres máxicos e a auga”, onde atoparemos néboa, luces e unha locución coas lendas dos bosques de Sobroso. Chégase entón ata “A construción do castelo”, onde paneis gráficos sobre os traballos para erixir a fortaleza agardan ao visitante, que, ademais, introducirase no oficio da cantería, con explicacións sobre as marcas de canteiro que abundan neste espazo, sinalizadas e explicadas en detalle. A última sala temática leva por nome “Os castelos, escenario de trobadores”, dotada dunha proxección de dúas persoas namoradas, sentadas no parladoiro a nivel da torre. Ao seu carón un trobador, proxectado sobre unha tea de tul transparente rememorará a lírica da Idade Media.

    A terraza, equipada con atrís con imaxes panorámicas e perfís para recoñecer os fitos xeográficos da paisaxe, pon punto final á experiencia museográfica de Sobroso, chamada a converterse nunha nova referencia obrigada para o turismo de Pontevedra provincia.

    43

    Tags: Castelo de SobrosoDeputación de PontevedraVilaSobroso

    RelacionadosArtículos

    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight
    Actualidad

    Nuevo impulso al astroturismo: San Nomedio obtiene la certificación Paraje Starlight

    30 de Ene, 2026
    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur
    Actualidad

    La Diputación muestra con calma las experiencias ´slow’ de las Rías Baixas en Fitur

    22 de Ene, 2026
    El maestro de la fusión flamenco-jazz promete una noche mágica en Vigo
    Actualidad

    El Consorcio Provincial pone en marcha el proceso de selección de bomberos y personal administrativo

    16 de Ene, 2026
    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón
    Local

    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón

    08 de Ene, 2026
    La Diputación de Pontevedra cierra el año de ‘SmartPeme’ con cinco nuevos talleres online
    Actualidad

    La Diputación impartirá 34 formaciones sobre bienestar emocional en 19 centros educativos

    06 de Ene, 2026
    Luis López e Luisa Sánchez presentan os deportistas, os clubs, as infraestruturas e os eventos como “os catro piares da provincia do deporte”
    Deportes

    Luis López e Luisa Sánchez presentan os deportistas, os clubs, as infraestruturas e os eventos como “os catro piares da provincia do deporte”

    29 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    El Concello ordena derribar una casa con piscina construida ilegalmente en Bembrive

    por Redacción
    30 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Primera sentencia en Galicia contra un banco por suplantación de identidad a una clienta

    Piden que Abanca devuelva a Vigo lo que Vigo le dio y ceda el uso de 200 viviendas vacías

    por Redacción
    28 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    ROMPEPAGINAS A – 6

    MÁS VIGO

    Planeta Theremin
    Más Vigo

    Planeta Theremin

    La ciudad de Vigo esconde numerosos rincones sorprendentes. A través de esa puerta que se observa a la derecha de...

    por Julio Alonso
    31 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras publicados en enero que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí un nuevo año y con él han llegado unas cuantas novedades literarias. ¿Les echamos un vistazo? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    31 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR