15092019Dom
Última edición: Dom, 15 Sep 2019 5pm

campaña

Decálogo para regalar xoguetes de Nadal "igualitarios"

A Deputación edita unha guía para a adquisición de xogos, xoguetes, libros ou videoxogos non sexistas e non violentos

04 Diciembre 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
Carmel Silva, presidenta da Deputación, durante a presentación da campaña. Carmel Silva, presidenta da Deputación, durante a presentación da campaña.

O novo goberno da Deputación de Pontevedra ven de editar unha guía para "a compra de xogos e xoguetes non sexistas e non violentos coa finalidade de crear unha sociedade máis igualitaria e xusta” nas festas de Nadal.

Coa inminente chegada das compras do Nadal, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegurou que “é o momento idóneo para realizar un chamamento á reflexión sobre a adquisición de xogos, xoguetes, libros ou videoxogos para as cativas e cativos, impulsando a compra de xogos e xoguetes non sexistas e non violentos. Soamente así poderemos crear unha sociedade máis igualitaria e xusta entre mulleres e homes, con rapazas e rapaces que aprenden a dialogar e vivir xuntos en paz, a ser máis creativos, a ter os seus propios criterios, a xogar en liberdade sen estar orientados, desde o berce, a realizar determinadas actuacións ou comportarse dun modo concreto”.

A presidenta da Deputación engadiu, ademais, que “os estereotipos, que existen na sociedade e que se trasladan a través dos medios de comunicación, impiden o desenvolvemento de capacidades e habilidades das nenas e nenos. Non se trata de forzar ás nenas e nenos a xogar con xoguetes ou xogos que non lles gustan, pero tampouco de impedirlles empregar xoguetes atribuídos pola sociedade a outro sexo”.

Por todo elo, a Deputación de Pontevedra e a través desta campaña propón un decálogo para a adquisición de xogos e xoguetes non sexistas e non violentos.

1. Evita transmitir a idea de que existen xoguetes de nenas ou de nenos.
2. Non hai cores de nenas e de nenos. Solo son etiquetas sociais que limitan a creatividade.
3. Intenta elixir xoguetes que reflictan a diversidade de cada persoa.
4. Educa xogando: escolle con acerto, tendo en conta que sexan xoguetes seguros, adaptados o nivel de madurez da pequena ou do pequeno e libres de prexuízos sexistas, racistas e xenófobos.
5. Compra xoguetes que faciliten a cooperación entre nenas e nenos, compartindo espazos, tanto públicos coma domésticos.
6. Regala xoguetes que axuden a promover todas as capacidades e habilitades persoais posibilitando tanto o xogo tranquilo como os que requiran actividade física.
7. Procura que os xogos e xoguetes favorezan a axuda entre iguais e non a rivalidade.
8. Evita xogos, xoguetes e videoxogos que potencien a violencia. Así educarás para resolver problemas de forma positiva, construtiva e creativa.
9. Busca libros, xogos, videoxogos e xoguetes nos que estean presentes nenas e nenos.
10. Elixe xoguetes que sexan divertidos, estimulen a curiosidade e o interese por investigar e descubrir. Comparte imaxinación e tempo cos teus cativos e cativas, o teu afecto e apoio e o que máis desexan.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

televisión

empleo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos