Imprimir esta página

atentados en parís

A Deputación chama á cidadanía a participar nas concentracións pola "barbarie de París"

Carmela Silva expresou, en nome de todo o goberno da institución provincial, a súa máxima solidariedade con todo o pobo francés "nestes momentos de sufrimento e indignación pero, sobre todo, coas familias das vítimas e feridos"

14 Noviembre 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, expresou este sábado a súa consternación e dor pola barbarie dos atentados sufridos na cidade de París na noite do venres.

Carmela Silva expresou, en nome de todo o goberno da institución provincial, a súa máxima solidariedade "con todo o pobo francés nestes momentos de sufrimento e indignación pero, sobre todo, coas familias das vítimas e feridos".

 A presidenta mostrouse esperanzada de que "a democracia e a liberdade van ser moito máis fortes que a barbarie dos terroristas". Igualmente fixo un chamamento a todos os veciños da provincia de Pontevedra a participar este domingo nas concentracións, as doce do mediodía, nos seus respectivos concellos tal e como convocou a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). De feito, Carmela Silva participará, como unha veciña máis, mañá en Vigo na concentración ante o concello de Vigo.

Por outra parte, a presidenta cursou as instrucións necesarias para que as bandeiras do Pazo Provincial da Deputación permanezan a media asta. A propia Deputación realizará o próximo luns un acto de solidariedade co pobo francés con tres minutos de silencio nas escalinatas do Pazo Provincial as doce do mediodía.

Inicia sesión para enviar comentarios