17012020Vie
Última edición: Vie, 17 Ene 2020 9pm

Silva esixe a Feijóo que retire o “vergoñento” comunicado do PP sobre a violencia de xénero

A presidenta da Deputación de Pontevedra considera “gravísimo que o PP de Galicia negue de facto a violencia de xénero, seguindo o discurso de Vox. É un insulto a todas as mulleres”

24 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Carmela Silva e Alberto Núñez Feijóo, nunha imaxe de arquivo. / Foto: Xunta Carmela Silva e Alberto Núñez Feijóo, nunha imaxe de arquivo. / Foto: Xunta

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou este sábado a súa indignación e cualificou de “vergoñento” o comunicado do PP de Galicia no que fixa a súa posición sobre a violencia de xénero, ao fío do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia machista. Silva esixiu ao presidente dos populares galegos e presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijoo, “que rectifique de xeito inmediato unha declaración pública que de feito nega a violencia machista”.

A presidenta provincial subliñou que “é todo un escándalo que o PP galego sinale que cando se maltrata a unha muller, maltrátase a todos os galegos”. “Pois non, dixo Silva, cando se maltrata a unha muller, maltrátase ás mulleres. Dicir o que di o PP é negar a violencia machista, coa que se maltrata ás mulleres polo feito de ser mulleres“, afirmou. A presidenta da Deputación esixiu por elo a Feijoo “que ten que saír a rectificar estas palabras de forma inmediata porque se non o fai, advertiu, será cómplice de quen desde o seu partido sostén o mesmo discurso que VOX, que nega que se trata dun problema de xénero. Negar que a violencia de xénero é unha lacra que so afecta ás mulleres, é negar o propio termo de violencia de xénero”, subliñou.

Silva rematou dicindo que estas declaracións do PP de Galicia son un insulto a todas as mulleres que sofren a violencia de xénero. “Esa violencia está xerada polo machismo, non por unha entelequia o un grupo reducido de maltratadores. Xéraa o machismo. Sempre soubemos que cando o PP dicía que cre na igualdade era unha falacia, pero se Feijoo non rectifica de inmediato esta posición, hoxe aínda o deixan máis claro”.

vigo

sucesos

  • Una tromba de agua inunda el centro de Vigo
    Una tromba de agua inunda el centro de Vigo La alerta amarilla anunciada para este jueves por lluvias persistentes y naranja por fuertes vientos está respondiendo a las expectativas en Vigo. Las precipitaciones están siendo constantes a lo largo del día y, unidas a las intensas ráfagas que están…
    Leer más...

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos