18112019Lun
Última edición: Lun, 18 Nov 2019 3pm

A Deputación concede axudas a 21 entidades na loita contra as violencias machistas

Estas subvencións, que teñen un orzamento de 105.000 euros, están dirixidas a entidades que están a desenvolver proxectos contra a desigualdade entre mulleres e homes

05 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Clausura do programa “Mulleres en acción. Violencia zero” da Deputación de Pontevedra. Clausura do programa “Mulleres en acción. Violencia zero” da Deputación de Pontevedra.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de axudas, cun orzamento de 105.000 euros, a 21 entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro de 10 concellos da provincia para o fomento da igualdade de oportunidades e a loita contra as violencias machistas no 2019.

Deste xeito, benefícianse desta liña de subvencións entidades de Caldas, Cambados, Cangas, A Guarda, Mos, Pontevedra, Silleda, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Máis polo miúdo, con esta liña de axudas o goberno de Carmela Silva pretende apoiar ás entidades sociais da provincia para que poidan desenvolver proxectos e actividades de sensibilización; formación e prevención da violencia de xénero; proxectos de atención integral para vítimas de violencia de xénero, fillas e fillos e persoas dependentes ao seu cargo; programas e actuacións destinadas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e con singulares dificultades; proxectos e actividades que favorezan e fomenten a igualdade entre mulleres e homes; proxectos encamiñados á mellora da formación e orientación para o emprendemento e a inserción laboral das mulleres; accións dirixidas a crear redes e servizos de apoio que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e campañas de difusión e sensibilización á cidadanía en materia de igualdade.

A deste ano é a cuarta convocatoria de subvencións dirixidas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro da provincia que están a desenvolver proxectos, programas e actividades para a igualdade entre mulleres e homes e a loita contra as violencias machistas.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos