• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 30 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    UVIGO

    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

    As edicións previas permitiron impulsar outros 34 proxectos vinculadas ao espazo dixital e as STEM
    Redacción por Redacción
    29 de Oct, 2025
    en Local
    0
    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

    Dende a súa posta en marcha en 2020, a convocatoria de axudas á investigación da Cátedra Feminismo 4.0 permitiu o desenvolvemento de 34 proxectos vencellados ao espazo dixital con perspectiva de xénero e ao mundo das STEM. Agora, a esta listaxe súmanse outros sete novos traballos que recibirán financiamento ao abeiro da sétima edición desta iniciativa conxunta da Deputación de Pontevedra e da Universidade de Vigo.

    Esta liña de axudas destina un total de 24.000 euros para promover o desenvolvemento de proxectos relacionados coas liñas de traballo da propia cátedra, que neste caso se centran no estudo con perspectiva de xénero da intelixencia artificial, a contorna dixital, a arte, a actividade física ou a publicidade, entre outros enfoques. 

    Dos proxectos presentados, o que obtivo mellor puntuación, un 10, foi ImpactARTE, presentado por Ángela Fontán, investigadora do grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental, que propón un marco innovador de análise que une arte mariña, xénero e cultura dixital, xerando unha investigación interdisciplinaria pioneira en Galicia que, ao mesmo tempo, promove a alfabetización dixital feminista e ofrece novos referentes a alumnado e visitantes de museos, reducindo así as fendas de xénero na cultura mariña.  A dimensión divulgativa do proxecto concrétase na creación de contidos audiovisuais e dixitais con perspectiva feminista que visibilizarán as mulleres como creadoras e protagonistas, contribuíndo a normalizar narrativas igualitarias no espazo dixital. A incorporación de entrevistas a artistas galegas e relatos de mulleres do mar de Pontevedra reforza este impacto ao conectar a investigación coas voces vivas do territorio, facendo visibles experiencias habitualmente silenciadas e dotándoas de valor patrimonial e cultural. 

    Tamén foi seleccionado nesta nova convocatoria o proxecto de Silvia Varela, do grupo WellMove (Wellness and Movement Research Group), que propón a validación dun cuestionario de barreiras á actividade física en mulleres con perspectiva dixital e de xénero. A investigadora agarda traballar en tres planos complementarios: no científico-técnico, cubrindo lagoas de medición das barreiras para a práctica de actividade física en mulleres cun instrumento actualizado, robusto e sensible ao xénero que permita comparar, monitorizar e avaliar intervencións; no socio-sanitario e de igualdade, identificando barreiras modificables e perfís de risco para orientar decisións e recursos cara a accións concretas (axustes de horarios e servizos, deseño de espazos máis seguros, protocolos antiacoso e mensaxes adaptadas ao ciclo vital); e no dixital e de comunicación, achegando evidencias para deseñar contidos e campañas en redes que reforcen motivación e autoeficiencia, evitando ideais corporais inalcanzables.

    Outra das propostas mellor valoradas foi a presentada por Silvia García Mirón, do grupo SEPCOM (Investigación en Comunicación para o Servizo Público), que aposta por continuar cunha liña xa aberta en convocatorias anteriores para realizar un estudo sobre mulleres e publicidade en Pontevedra cunha visión transversal de referentes en 30 anos de publicitarias na provincia. A idea é poñer o foco, por unha banda, nas estudantes que teñen pasado pola Facultade de Comunicación de Pontevedra e, pola outra, continuar coa compilación dunha mostra de traballos das pioneiras e referentes da publicidade na provincia. A investigación, detalla a investigadora, “non se concibe como un exercicio illado, senón como un proceso colectivo que busca dar voz ás propias mulleres publicitarias, recoller os seus testemuños e transformalos en relato compartido, con potencial de transferencia tanto á comunidade académica como ao tecido profesional e á cidadanía”.

    Tamén acada financiamento desta convocatoria a proposta da catedrática Inés Iglesias, directora do Instituto Universitario de Investigación Xustiza e Xénero, que buscar analizar a fenda dixital de xénero e o potencial do Dereito como mecanismo corrector de desigualdades. O proxecto ten coma finalidade investigar e promover solucións xurídicas, formativas e tecnolóxicas que contribúan a reducir a fenda dixital das mulleres da provincia de Pontevedra, favorecendo así o seu acceso efectivo á xustiza gratuíta e ao exercicio pleno dos seus dereitos, así coma o reforzo dos seus dereitos e garantías coma contribuíntes nos diferentes procedementos tributarios, evitando calquera discriminación algorítmica. 

    Pola súa banda, Javier Abuín, tamén do grupo, presentou un liña de investigación sobre avatares virtuais con perspectiva feminista e as alternativas á hipersexualización na cultura dixital desde Pontevedra. O seu proxecto propón unha dobre aproximación. Por unha banda, pretende documentar os riscos que a hipersexualización e os nesgos de xénero dos avatares xerados con IA poden supoñer para a sociedade e, por outra, pretende xerar coñecemento aplicado que permita formular modelos alternativos desde unha perspectiva feminista. Para iso, situarase o foco na provincia de Pontevedra, coa participación de expertos do Campus CREA da UVigo e do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0. 

    Na convocatoria deste ano tamén se seleccionou o proxecto de Sara Torres, do BiFeGa (Grupo de Investigación en Estudos Literarios e Culturais, Tradución e Interpretación), que propón centrarse no uso da IA no ámbito universitario, analizando o xénero dos usos, motivacións, consideración éticas e percepción dos nesgos entre homes e mulleres respecto da IA. Esta análise permitirá facer recomendacións ou propostas para políticas de formación e uso responsable da IA e achegará contribucións empíricas a debates sobre xénero e tecnoloxía no contexto universitario galego. 

    Finalmente, a listaxe de proxectos financiados inclúe un estudo sobre a avaliación da IA xerativa na verificación de feitos sobre personalidades de Pontevedra con perspectiva de xénero. Esta liña de traballo, impulsada por Xabier Martínez Rolán, tamén do grupo SEPCOM, busca contribuír directamente á promoción da igualdade a través de catro liñas principais: a visibilización equilibrada de referentes, contribuı́ndo a reforzar a presenza de mulleres en espazos de relevancia pública e reducindo a sú a infrarrepresentación nos resultados das IAs; a posible identificación de nesgos de xénero na IA; ferramentas para a cidadanía que avancen na alfabetización dixital feminista, facilitando que calquera persoa poida detectar desigualdades na presentación da información; e, finalmente, a incidencia académica e social, xa que os resultados deste estudo poderán ser utilizados en docencia universitaria, en iniciativas de formación en igualdade e en polı́ticas públicas.

    43

    Tags: Deputación de PontevedraUniversidade de VigoUVigoUvigoe

    RelacionadosArtículos

    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia
    Local

    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia

    29 de Dic, 2025
    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina
    Local

    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina

    23 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba un presupuesto «récord» para 2026 de 251,1 millones
    Local

    La UVigo aprueba un presupuesto «récord» para 2026 de 251,1 millones

    22 de Dic, 2025
    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio
    Local

    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio

    19 de Dic, 2025
    La Universidad de Vigo proyecta su joya arquitectónica en el ‘prime time’ televisivo
    Local

    La Universidad de Vigo proyecta su joya arquitectónica en el ‘prime time’ televisivo

    18 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Un bazar chino le gana la partida (por ahora) a cinco nuevas viviendas (y a un banco) en Vigo

    Un bazar chino le gana la partida (por ahora) a cinco nuevas viviendas (y a un banco) en Vigo

    por Redacción
    26 de Dic, 2025
    0

    La Ría de Vigo inaugura su nuevo puerto pesquero: el pantalán más moderno de Galicia en la bahía con mejor abrigo

    La Ría de Vigo inaugura su nuevo puerto pesquero: el pantalán más moderno de Galicia en la bahía con mejor abrigo

    por Redacción
    28 de Dic, 2025
    0

    Vigo ordena paralizar unas obras ilegales en el río Lagares, con multas de hasta 10.000 euros

    Vigo ordena paralizar unas obras ilegales en el río Lagares, con multas de hasta 10.000 euros

    por Redacción
    23 de Dic, 2025
    0

    Denunciado un hombre por volar un dron sobre la gente durante la Papanoelada Motera de Vigo

    Vigo, a punto de rugir con la celebración de la Papanoelada motera

    por Redacción
    27 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    A Fala de Vigo de novo na rúa
    Más Vigo

    A Fala de Vigo de novo na rúa

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo ven de informar da nova edición, revisada e aumentada, do libro...

    por Redacción
    29 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Manuel Álvarez e Hijos SA. Cómo salvar tu fortuna cuando todo parece perdido
    Más Vigo

    Manuel Álvarez e Hijos SA. Cómo salvar tu fortuna cuando todo parece perdido

    Esta es la historia de Manuel Alvarez e Hijos, S.A., cuya planta principal en Vigo era conocida como "La colmena...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Feb, 2015

    LIBROS

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas

    Llega la época navideña y con ella las dudas de qué regalar a tus seres queridos. ¿Quieres ideas de sobra?...

    por Gabriel Romero de Ávila
    20 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    Un año más sin recuperar la Panificadora
    Opinión

    Un año más sin recuperar la Panificadora

    La Panificadora de Vigo sigue desmoronándose sin que las autoridades hagan nada para evitarlo. Muchas palabras, muchos proyectos, muchas intenciones…,...

    por Julio Alonso
    21 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR