• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 29 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    cultura

    «Évame Oroza é o colofón cultural á rehabilitación do Casco Vello de Vigo»

    A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este venres na gala de entrega do II Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza con galardóns para Mariña Pérez, Ángela Álvarez e Mercedes Peón
    Redacción por Redacción
    25 de Oct, 2025
    en Libros
    0
    «Évame Oroza é o colofón cultural á rehabilitación do Casco Vello de Vigo»

    A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este venres na gala de entrega do II Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza creado co apoio do Goberno galego para celebrar o centenario do nacemento do escritor. Durante o acto celebrado no Museo do Mar de Galicia, en Alcabre, a representante autonómica salientou o “carácter internacional” dos premios e a súa “capacidade para traspasar fronteiras”.

    “A chegada de Évame Oroza é o colofón cultural ao traballo de recuperación material do noso barrio histórico e a día de hoxe podemos presumir de que o Premio Internacional Carlos Oroza, nacido no corazón do noso Casco Vello, conta coa participación de escritores de 35 países. Non hai mellor galardón!”, destacou.

    No acto foron entregados os premios á galega Mariña Pérez e a madrileña Ángela Álvarez como gañadoras da segunda edición do premio literario, nas modalidades de galego e castelán, respectivamente, ao que se presentaron traballos de Galicia (120), do resto de España (488) e unha importantísima representación internacional (403). Os premios teñen unha dotación de 6.000 euros cada un e os galardoados recibiron unha figura de Oroza realizada en bronce pola artista Cuqui Piñeiro.

    A entrega de premios tivo lugar no Museo do Mar e ademais da delegada territorial tamén estiveron presentes a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez; o presidente da asociación Évame Oroza, Xabier Romero, e a filla do poeta, Mariña Oroza. A gala de entrega dos premios contou co dúo Cintaadhesiva, que puxo a nota musical nun evento cheo de poesía e arte.

    Modalidade de castelán

    A obra “Notas de Cereté”, de Ángela Álvarez Sáez, foi elixida como gañadora do Premio Carlos Oroza na modalidade de castelán. O xurado, formado por Manuel Bragado, Rexina Vega e María Xosé Porteiro, destacou da obra que “baixo a forma de diario unha voz feminina indaga no suxeito poético contemporáneo e dende unha perspectiva de muller explora a relación entre corpo e literatura”. Destacan tamén a unidade e vertebración do proxecto, cunha estrutura sólida e ao mesmo tempo variada, flexible e sorprendente.

    Ángela Álvarez Sáez (Madrid, 1981) é licenciada en Dereito e avogada. No ano 2005 formou parte da Fundación Antonio Gala para Jóvenes Creadores, onde obtivo unha bolsa de creación literaria.

    Modalidade de galego

    O poemario “Unha aria no asedio”, de Mariña Pérez Rei, foi a obra elixida por unanimidade polo xurado da modalidade de galego, composto por Silvia Penas, Patricia Meira e Samuel Merino. Na acta, o xurado valora “que é un poemario cun código poético traballado e certeiro, que propón un transunto entre a arte, a lingua, a música e a vida mesma. Rico en imaxes e cun ritmo engaiolante que tensa o fío do principio ao fin, coma unha arpa ben afinada que deixase múltiples notas para tocar cada milímetro do cosmos”.

    Mariña Pérez Rei é docente e escritora amesá, con unha traxectoria que transita entre a poesía, a narrativa breve e a colaboración xornalística. En 2005 recibe o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón polo poemario Fanerógama, e un ano despois o Premio Manuel Lueiro Rey coa novela curta Canícula. Entre os seus títulos poéticos figuran tamén Apuntamentos para un cuarto confuso e cambiante (edición artesanal) e Paquidermo.

    Mellor iniciativa musical

    O “Recoñecemento á mellor iniciativa musical de divulgación da poesía” foi concedida a Mercedes Peón pola súa traxectoria musical e creadora, polo seu labor como compiladora e transmisora do legado das mulleres anónimas que mantiveron vivo o canto, a música e o baile en Galicia.

    Destaca tamén pola súa brillante carreira como compositora e intérprete, marcada por un espírito innovador que soubo conectar a tradición coa contemporaneidade, explorando novos camiños sonoros e expresivos dende unha clave profundamente persoal, comprometida coa sociedade e co feminismo. O premio non ten dotación económica e consiste nunha peza realizada ex profeso polo artista Xabier Magalhães, así como unha figura de Oroza feita en bronce pola artista Cuqui Piñeiro.

    43

    Tags: Ana OrtizAsociación Évame-OrozaPremio Intencional de Poesía Carlos Oroza

    RelacionadosArtículos

    Ruta de 20 km para conocer el Camino Portugués por la Costa
    Local

    El Camino Portugués de la Costa «rompe todos los récords» a su paso por Vigo

    29 de Dic, 2025
    Los peregrinos seguirán sin flechas amarillas en Vigo pero contarán con guías de excepción: los taxistas
    Local

    Los peregrinos seguirán sin flechas amarillas en Vigo pero contarán con guías de excepción: los taxistas

    22 de Dic, 2025
    «Es muy grave que el alcalde de Vigo se haya convertido en el rey de los bulos»
    Local

    «Es muy grave que el alcalde de Vigo se haya convertido en el rey de los bulos»

    10 de Dic, 2025
    Vigo descubre los restos mejor conservados de su muralla histórica: el baluarte de A Falperra resiste
    Local

    Ana Ortiz: «Que no pase ni un solo día en el que Caballero mienta a sabiendas»

    09 de Dic, 2025
    Muere una persona tras accidentarse con su kayak en el río Oitavén
    Local

    «Caballero tiene que dejar de mentir. Las 400.000 personas que dependen de Eiras no quieren peleas»

    19 de Nov, 2025
    Empiezan los preparativos para que Vigo atesore el mejor escaparate de la Navidad
    Local

    Empiezan los preparativos para que Vigo atesore el mejor escaparate de la Navidad

    13 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Un bazar chino le gana la partida (por ahora) a cinco nuevas viviendas (y a un banco) en Vigo

    Un bazar chino le gana la partida (por ahora) a cinco nuevas viviendas (y a un banco) en Vigo

    por Redacción
    26 de Dic, 2025
    0

    Primera alegría del Sorteo de Navidad para Vigo: los trabajadores de una importante empresa textil, premiados

    Primera alegría del Sorteo de Navidad para Vigo: los trabajadores de una importante empresa textil, premiados

    por Redacción
    22 de Dic, 2025
    0

    Vigo ordena paralizar unas obras ilegales en el río Lagares, con multas de hasta 10.000 euros

    Vigo ordena paralizar unas obras ilegales en el río Lagares, con multas de hasta 10.000 euros

    por Redacción
    23 de Dic, 2025
    0

    La Ría de Vigo inaugura su nuevo puerto pesquero: el pantalán más moderno de Galicia en la bahía con mejor abrigo

    La Ría de Vigo inaugura su nuevo puerto pesquero: el pantalán más moderno de Galicia en la bahía con mejor abrigo

    por Redacción
    28 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    A Fala de Vigo de novo na rúa
    Más Vigo

    A Fala de Vigo de novo na rúa

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo ven de informar da nova edición, revisada e aumentada, do libro...

    por Redacción
    29 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Manuel Álvarez e Hijos SA. Cómo salvar tu fortuna cuando todo parece perdido
    Más Vigo

    Manuel Álvarez e Hijos SA. Cómo salvar tu fortuna cuando todo parece perdido

    Esta es la historia de Manuel Alvarez e Hijos, S.A., cuya planta principal en Vigo era conocida como "La colmena...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Feb, 2015

    LIBROS

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas

    Llega la época navideña y con ella las dudas de qué regalar a tus seres queridos. ¿Quieres ideas de sobra?...

    por Gabriel Romero de Ávila
    20 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    Un año más sin recuperar la Panificadora
    Opinión

    Un año más sin recuperar la Panificadora

    La Panificadora de Vigo sigue desmoronándose sin que las autoridades hagan nada para evitarlo. Muchas palabras, muchos proyectos, muchas intenciones…,...

    por Julio Alonso
    21 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR