• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 11 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    CERTAME DE RELATOS VIGO HISTÓRICO

    O relato gañador do Certame de Vigo Histórico queda na casa: unha veciña do Casco Vello, a premiada

    'Solsticio', de Iris Darriba Quesada, gañou o primeiro premio, mentres que o segundo foi para 'O derradeiro concerto', de Eduardo J. Ares
    Redacción por Redacción
    08 de Oct, 2025
    en Libros
    0
    O relato gañador do Certame de Vigo Histórico queda na casa: unha veciña do Casco Vello, a premiada

    Foto de grupo da rolda de prensa de hoxe. / Foto: Editorial Elvira

    O relato Solsticio, de Iris Darriba Quesada, é o gañador da duodécima edición do Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado por Editorial Elvira co patrocinio da
    Deputación de Pontevedra. O segundo premio foi para O derradeiro concerto, de Eduardo J. Ares, nun certame no que participaron uns 160 escritores de Vigo, Galicia, o resto do Estado español e tamén do estranxeiro.

    Como nas últimas edicións, houbo unha gran presenza de concursantes de Vigo e iso tamén se ve reflectido nos premios, sendo os dous primeiros da nosa cidade.

    Este mércores celebrouse a rolda de prensa para dar a coñecer a resolución do xurado na sede da Deputación en Vigo. Na lectura do ditame participaron a vicepresidenta do organismo provincial, Luisa Sánchez; o editor de Editorial Elvira, Xabier Romero, e as escritoras e membros do xurado María Lado e Patricia Meira, así como numerosos participantes no certame, que viviron con emoción o acto.

    Iris Darriba, na primeira fotografía coa vicepresidenta da Deputación, e no centro na segunda imaxe. / Fotos: DP

    O responsable da Editorial Elvira destacou o seu orgullo por estar despois de 12 anos cun proxecto consolidado, que forma parte da Editorial e que “enriquece o coñecemento que temos desta cidade e que queda plasmado nun libro en cada edición celebrada”.

    Pola súa banda, a vicepresidenta Luisa Sánchez asegurou que “sentimos un gran orgullo por apoiar iniciativas como este certame de Relatos Vigo Histórico, que da voz a tantos creadores e nos invita a mirar con outros ollos o territorio que compartimos. A cultura necesita máis espazo en Vigo. A cultura é máis, moito máis que eventos de masas”. E rematou cun agradecemento á Editorial Elvira : “Grazas Javier por conseguir todos os anos que Vigo sexa protagonista de tantas historias. Que nunca nos falten as historias, nin quen as escriben, nin quen as len”.

    A resolución

    Os dous relatos premiados son completamente diferentes. O primeiro premio, Solsticio, de Iris Darriba Quesada, é un relato de triste actualidade, duro e que escarva na alma, cunha construción entre a realidade e o onírico e que ten un remate impactante, que non deixará indiferente a ninguén. A autora, veciña do Casco Vello vigués e presente no acto, xa se presentou en varias ocasións ao Certame e na última edición logrou publicar un relato no libro, aínda que ata o de agora non acadara un premio.

    O segundo premio foi para O derradeiro concerto, de Eduardo J. Ares, no que o autor recorda un concerto celebrado en Vigo o 1 de agosto de 1976, o primeiro verán tras o falecemento de Franco, e en plena transición cara á democracia. Así, no relato hai política, música, historia e a morte tráxica dunha cantante moi nova, Cecilia, que fixo o seu último concerto na sala Nova Olimpia de Vigo.

    Os accésits son para O valor da memoria e os recordos (de Azucena Arias); Palabras rescatadas (Ana María Verde); Ochenta vueltas al mundo (Fátima González) e Asasinato en Relatos na Rúa (Antón Beiras).

    Premios e gala de entrega

    O gañador recibirá un premio de mil euros, mentres que o segundo terá 500 euros e os 4 accésits, 200 euros cada un. En todos os casos, deduciranse automaticamente as retencións que estipula a lei.

    Como xa é coñecido por todas e todos, as bases do Certame de Relatos Vigo Histórico marcan que o tema é libre pero Vigo ten que ter un papel protagonista nos relatos presentados.

    A finais de novembro celebrarese a gala de entrega dos premios e a presentación do libro Relatos na Rúa XII, no que aparecerán publicados os relatos premiados e unha ampla escolla dentro dos presentados.

    Colaboración de Igualarte

    Outra das tradicións do Certame é a colaboración coa Fundación IgualArte, a cal participa de forma moi activa tanto na gala, con actuacións, como no libro, coas aportacións do seu grupo Diseñatas.

    Pola súa banda, a editorial fai unha doazón á Fundación dun euro por cada exemplar vendido. Dende a Editorial Elviran fan un agradecemento «especial» ao xurado do Certame de Relatos Vigo Histórico, ao que lle corresponde «a tarefa máis complicada»: elixir os gañadores e publicados.

    Un ano máis contou cun xurado formado pola escritora Clara do Roxo; o xornalista Jacobo Buceta; a filóloga e poeta Patricia Meira, o escritor Santiago Lopo; a
    escritora e actriz María Lado; a xornalista Noelia Otero Lago; a profesora e tradutora Alba Piñeiro e a diplomada en Relacións Laborais e gran lectora María Jesús Fernández, ademais do presidente do xurado, Xabier Romero.

    O listado dos premios e todos os relatos que formarán a duodécima edición do libro Relatos na Rúa son:

    43

    Tags: Casco VelloCertame de Relatos Vigo HistóricoDeputación de PontevecdraEditorial ElviraRelatos Vigo HistóricoVigoXabier RomeroXurado

    RelacionadosArtículos

    Un camión de la basura atrapado en un socavón mantiene en vilo a los vecinos de Rúa Casal
    Local

    Un camión de la basura atrapado en un socavón mantiene en vilo a los vecinos de Rúa Casal

    10 de Feb, 2026
    La compañía de automoción GKN Driveline Vigo inicia un proceso de despido para 75 personas
    Economía

    Convocados siete días de huelga en GKN Vigo ante la falta de garantías en el ERE

    10 de Feb, 2026
    Vigo se convierte en la capital mundial de los ‘Puertos Azules’
    Local

    Vigo se convierte en la capital mundial de los ‘Puertos Azules’

    10 de Feb, 2026
    El Foro Tecnolóxico celebra 26 años conectando aulas y empresas
    Local

    El Foro Tecnolóxico celebra 26 años conectando aulas y empresas

    10 de Feb, 2026
    Desalojan un edificio en Vigo tras un intento de apuñalamiento
    Local

    Desalojan un edificio en Vigo tras un intento de apuñalamiento

    10 de Feb, 2026
    Así avanzan las obras de la grada de Gol desde el interior de Balaídos
    Local

    Caballero: «No me voy a quedar callado y se lo voy a contar al Gobierno de España»

    10 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Un turismo da varias vueltas de campana en un estrepitoso accidente y el conductor sale por su propio pie

    Un turismo da varias vueltas de campana en un estrepitoso accidente y el conductor sale por su propio pie

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El ascensor de las sorpresas
    Más Vigo

    El ascensor de las sorpresas

    Las personas que habitualmente utilizan este ascensor ya han perdido la cuenta del número de averías desde su inauguración. Se...

    por Julio Alonso
    10 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’
    Libros

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’

    En tiempos de algoritmos que predicen hasta nuestro próximo suspiro, la Biblioteca Pública Municipal María Magdalena de Mos ha decidido...

    por Redacción
    10 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR