Hoxe, 25 de xullo, día da nosa Comunidade Autónoma, Fredi Leis non quixo deixar pasar a ocasión para felicitar a todos os seguidores e seguidoras do Galicia Fest: “feliz Día de Galicia, unha terra distinta, especial, persoalmente, a máis inspiradora para vivir, para facer música e para compoñer cancións», dicía o compostelán nun vídeo compartido tanto nas súas canles oficiais como no festival, no que tamén animaba aos seguidores a celebrar: «vémonos a finais de agosto no Galicia Fest. Estou seguro de que pasaremos un bo anaco xuntos e compartiremos cancións».
Compartirá escenario o próximo 30 de agosto con Beret, Leire, Hey Kid, Maldita Nerea, Marlon, Noan e Paula Koops. Aínda queda por confirmar unha das grandes postas en escena do indie-pop actual, que completará un cartel cun nivel do máis alto en España en tanto en canto a este tipo de música se refire. As entradas están disponibles a un prezo de 50 euros máis gastos de xestión para ambas xornadas, mentres que poden adquirirse para cada día por separado a un prezo de 35 euros máis gastos de xestión, sempre a través de galiciafest.gal.
Fredi Leis é un intérprete, músico e compositor galego que desde pequeno comeza a tocar o piano de maneira autodidacta. Comeza a compoñer cancións e decide subilas á plataforma Soundcloud onde, en pouco tempo, consegue miles de escoitas. Recorre salas e teatros do circuíto nacional de cantautores, como o Teatro Principal (Santiago de Compostela), Libertad 8 ou Café la Palma (Madrid), agotando todas as localidades con semanas de antelación.
En marzo de 2015 entra a formar parte do roster de artistas de RLM e o seu selo discográfico Sin Anestesia. O 13 de novembro de 2015 estreou o seu primero EP titulado ‘Días grandes’. Este traballo está composto na súa totalidade polo artista e nel contou con Ismael Guijarro, produtor e descubridor de Rozalén, a gran revelación do ano.
‘Dias grandes’ contén 6 cancións con moita personalidade. Pop, balada, tintes de rock & blues aderezado con letras poéticas, melodías sinceiras e arreglos intimistas son os pilares deste primeiro traballo discográfico de Fredi.
Fredi Leis postúlase como unha das novas promesas da canción de autor renovada. Non só compón, canta e toca el piano, senón que o seu carisma e enigmática personalidade converten os seus concertos nunha experiencia que merece ser vivida en directo. Foi teloneiro de Alejandro Sanz e Rozalén.
O Galicia Fest conta co respaldo da Deputación de Pontevedra, ademais do patrocinio de marcas como Vibra Mahou – a plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas que impulsa experiencias en directo-, Royal Bliss, Bico de Xeado, Coren e Santander Music.
O Galicia Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo.