• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 30 de junio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    UNIVERSIDADE DE VIGO

    O enxeñeiro da UVigo Jesús Doval ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

    O catedrático de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo destacou no seu discurso que na actualidade a electrónica de potencia é unha tecnoloxía clave na conversión de enerxía eléctrica
    Redacción por Redacción
    04 de Abr, 2025
    en Ciencia y Tecnología
    0
    O enxeñeiro da UVigo Jesús Doval ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

    A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou este xoves no compostelán Pazo de San Roque o acto de ingreso do enxeñeiro industrial Jesús Doval Gandoy (Lugo, 1965), catedrático de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo, como académico numerario da sección de Ciencias Técnicas da institución. O investigador pronunciou o seu discurso de ingreso, titulado “Conversión de enerxía eléctrica e electrónica de potencia”. A laudatio realizouna o académico da RAGC Pedro Merino.

    O presidente da RAGC, Juan Lema, abriu o acto, ao que asistiron outros académicos, así como o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; da Universidade de Vigo a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio, o vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente, Alfonso Lago, a vicerreitora de Profesorado e Ordenación Académica, Adela Sánchez, e o director da Escola de Enxeñaría Industrial, José Fariña; da Universidade de Santiago a vicerreitora de Política Científica, Pilar Bermejo, e a vicedecana da facultade de Medicina, Ángela Torres; o decano territorial en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, Jorge Dahl; e o director xerente da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, Román Gómez; xunto a diversos representantes de institucións políticas, culturais, científicas e académicas galegas.

    O presidente deulle a benvida ao novo académico, do que salientou que “é unha persoa cunha traxectoria investigadora moi destacada. Con el incorpórase á Academia unha nova rama do saber moi necesaria na actualidade como é a electrónica de potencia, unha faceta da investigación básica e aplicada esencial e con moitísimo futuro”.

    A utilidade da electrónica de potencia na conversión de enerxía eléctrica

    Nos últimos anos, a actividade de Jesús Doval estivo relacionada coa educación, a investigación, a transferencia de tecnoloxía e a divulgación de coñecemento ao redor das tecnoloxías ligadas á enerxía eléctrica, os sistemas eléctricos e electrónicos de potencia e a electrónica industrial. No seu discurso de ingreso presentou a función e as enormes posibilidades da electrónica de potencia na conversión de enerxía eléctrica. “A día de hoxe a electrónica de potencia está presente nun gran número de aplicacións nas que se procesa enerxía eléctrica, tanto nas duns poucos miliwatts como por exemplo a fonte de alimentación dun implante médico, ata aplicacións de centenas ou miles de megawatts como no caso do transporte de enerxía eléctrica con tensión continua de alta voltaxe” -sinalou-.

    O catedrático explicou que un convertedor electrónico de potencia integra múltiples dispositivos electrónicos, sensores, microprocesadores, unidades de refrixeración, bobinas, condensadores… E indicou que o seu funcionamento está soportado polas bases de múltiples disciplinas da química, da física e das matemáticas.

    “A electrónica de potencia é unha tecnoloxía fundamental na xestión de enerxía producida por fontes alternativas. Facilita e flexibiliza a integración destas fontes de enerxía no sistema eléctrico de distribución en transporte. Adicionalmente, ofrece solucións para o almacenamento de enerxía eléctrica, que, combinado e xestionado de maneira adecuada, permite que o sistema eléctrico estea menos dominado pola natureza intermitente das fontes de enerxía renovable” -salientou-.

    Na  súa intervención, o novo académico puxo de relevo que a electrónica de potencia está a ter un grande impacto nos últimos anos en aplicacións de mobilidade e transporte. Nesta liña, apuntou que “é unha parte nuclear dos accionamentos de tracción e propulsión usados en transporte e mobilidade eléctrica. Está presente nos sistemas de propulsión de automóbiles eléctricos e híbridos, no transporte ferroviario ou en barcos de propulsión eléctrica. Así mesmo, as estacións de carga rápida da batería dos automóbiles constan de convertedores electrónicos de potencia”. Destacou que unha alternativa de enorme interese na actualidade é a utilización de convertedores electrónicos de potencia para a subministración de enerxía eléctrica a barcos mentres están en porto, o que evita que os motores de combustión interna estean en funcionamento durante o atraque, contribuíndo deste xeito a reducir as emisións de gases tóxicos como óxidos de xofre e óxidos de nitróxeno.

    O catedrático salientou que a presenza de sistemas electrónicos de potencia en moitos procesos industriais vai ligada á descarbonización dos devanditos procesos. Así, apuntou que é habitual que determinados procesos industriais térmicos estean baseados na utilización de combustibles fósiles. “A substitución destas tecnoloxías por outras que empregan electricidade de orixe renovable, combinada con tecnoloxías baseadas en electrónica de potencia, permite a obtención de procesos máis eficientes e respectuosos co medio ambiente” -subliñou-.

    Un dos investigadores máis recoñecidos no seu campo

    O académico Pedro Merino Gómez, catedrático emérito da UVigo, foi o encargado de realizar a laudatio do novo membro da RAGC. Destacou a influencia que está a ter na formación dos novos enxeñeiros, xunto á súa “extensa e extraordinaria” traxectoria científica. Nesta liña, salientou o impacto da súa investigación e a súa capacidade de transferencia á industria, en colaboración con empresas nacionais e internacionais. “Como resultado dos seus traballos, está a ser valorado como un dos investigadores máis recoñecidos no seu campo, contribuíndo de maneira decisiva a que a enxeñaría eléctrica e electrónica teña sido durante os últimos anos unha das áreas máis relevantes da Universidade de Vigo, situándoa entre as mellores institucións de educación superior do mundo segundo os rankings académicos máis prestixiosos” -remarcou Merino-.

    43

    Tags: catedráticoJesús DovalRACGUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo
    Local

    Abierta la preinscripción para los 67 másteres oficiales de la UVigo

    25 de Jun, 2025
    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía
    Local

    O Programa de Maiores retoma hoxe en Vigo as súas charlas abertas á cidadanía

    17 de Jun, 2025
    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida
    Economía

    UVigo y Confederación de Empresarios de Pontevedra firman un acuerdo para impulsar la formación a medida

    16 de Jun, 2025
    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología
    Local

    La UVigo lidera SecrioNet, una red científica nacional para el desarrollo y la colaboración en criobiología

    11 de Jun, 2025
    Román Rodríguez destaca el talento y la preparación del alumnado de Ingeniería Industrial que se gradúa en la UVigo
    Local

    Román Rodríguez destaca el talento y la preparación del alumnado de Ingeniería Industrial que se gradúa en la UVigo

    10 de Jun, 2025
    La campana (oceanográfica) de la ciudad cumple 12 años conectando el mundo con el mar
    Local

    La campana (oceanográfica) de la ciudad cumple 12 años conectando el mundo con el mar

    07 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 3

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A

    Más Vistos

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    «Caballero no quería fiestas en Vigo ni atracciones de feria porque no tiene medios para revisarlas»

    por Redacción
    24 de Jun, 2025
    0

    Recuperación dunar de Samil: «No es esto, no es esto»

    Recuperación dunar de Samil: «No es esto, no es esto»

    por Fernando Torres Carbajo
    23 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Suspendidas las fiestas de Coia: «Ni la dictadura de Franco había podido con ellas»

    por Andrea Mariño
    24 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Caballero rectifica y trata ahora de salvar la fiesta de Coia

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 7

    13

    45

    MÁS VIGO

    El Camino de Santiago a través de Vigo
    Más Vigo

    El Camino de Santiago a través de Vigo

    Resulta absurdo que la ciudad de Vigo siga siendo la única población donde no existe señalización oficial sobre el Camino...

    por Julio Alonso
    30 de Jun, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño
    Libros

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño

    La Villa del Louro se prepara para una cita literaria de excepción. Este jueves, 19 de junio, a las 20:00...

    por Redacción
    18 de Jun, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR