• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 6 de octubre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    UNIVERSIDADE DE VIGO

    ¿Queres participar nunha competición para coñecer a flora e fauna do campus de Vigo?

    Con motivo do Día Mundial da Biodiversidade, o vindeiro 27 de marzo no Campus de Vigo haberá unha competición na que as persoas participantes deberán localizar, fotografar e identificar o maior número posible de especies do ecosistema da contorna. As persoas interesadas deberán reservar as súas entradas, xa que ten un número limitado de prazas
    Redacción por Redacción
    18 de Mar, 2025
    en local
    0
    ¿Queres participar nunha competición para coñecer a flora e fauna do campus de Vigo?

    O vindeiro 27 de marzo, o campus de Vigo volverá ser o escenario do bioblitz, unha competición na que as persoas participantes deberán localizar, fotografar e identificar o maior número posible de especies do ecosistema da contorna nun tempo determinado. Trátase da actividade estrela da programación do Día Mundial da Vida Silvestre, unha data na que se celebra a beleza e variedade da flora e a fauna salvaxe. 

    Inserida dentro do programa Ciencia de ida e volta da Unidade de Cultura Científica, que se desenvolve co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia e Innovación y Universidades, a actividade estará aberta a toda a cidadanía, incluído o estudantado da UVigo, que deste xeito poderá coñecer e familiarizarse coa biodiversidade do campus. 

    “O campus de Vigo, ao atoparse nun monte relativamente afastado da cidade, é fogar para moitas especies de flora e fauna que acompañan o profesorado e o estudantado na súa vida diaria”, explican dende a Unidade de Cultura Científica. “Queremos que a cidadanía teña a oportunidade de explorar esta riqueza biolóxica existente na nosa contorna”.

    Dúas horas para localizar o maior número posible de especies

    Divididos en grupos de ata cinco persoas ou de xeito individual, e guiados por colaboradores de MycoGalicia Plantae, as persoas participantes “terán que localizar, fotografar e identificar tantas especies como sexa posible no tempo de exploración, que será arredor de dúas horas”. 

    As persoas interesadas en participar deberán reservar as súas entradas, xa que a actividade ten un número limitado de prazas. Antes da saída, dende a praza Miralles, recibirán unha explicación sobre as técnicas para facer unha observación responsable e informada de plantas e animais empregando a aplicación móbil iNaturalist, que permite tomar e identificar fotografías xeorreferenciadas. A continuación, comezará o percorrido polo campus e a toma de imaxes, que serán identificadas pola aplicación, marcando a autoría, para a súa posterior verificación por parte dos guías. Tras o reconto de especies, terá lugar a entrega de premios para aqueles grupos que logren un maior número de observacións cualificadas.

    O obxectivo final desta actividade é achegar as persoas ao medio ambiente e á biodiversidade, de xeito que aumenten os seus coñecementos sobre estes conceptos e comprendan a súa importancia, así como facelas partícipes do seu seguimento e posta en valor. 

    Dende a organización aconsellan que as e os participantes leven roupa cómoda e calzado axeitado, ademais de impermeable no caso de choiva. Aínda que non é obrigatorio, tamén recomendan que as persoas que dispoñan de prismáticos, aparellos de medición e guías de campo os leven consigo para facilitar a identificación das especies. Por outra banda, e dado que a toma de mostras se realizará cunha aplicación móbil, polo menos un dos membros do equipo terá que dispor dun teléfono con conexión a internet. Dende a UCC+i tamén aconsellan descargar a app iNaturalist con antelación para familiarizarse co seu uso antes do evento. 

    Obradoiros e roteiros

    Ademais do bioblitz, a celebración do Día Mundial da Vida Silvestre na UVigo comprende outras actividades paralelas. Están previstos varios obradoiros sobre a diversidade do solo para alumnado de centros escolares e dous roteiros científicos interxeracionais nos campus de Ourense e Pontevedra. 

    Na primeira das actividades, os investigadores do Grupo de Ecoloxía Animal, GEA, Celestino Quintela Sabarís e María Gómez Brandón, especialistas en ecoloxía do solo, ensinaranlle á rapazada a diferenciar os microorganismos que habitan o chan. De maneira interactiva e manipulativa, aprenderán sobre a importancia da biodiversidade para garantir a saúde e fertilidade do chan. 

    Pola súa banda, Silvia Romeo Río, investigadora do Grupo de BV1 Planta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos e do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA) impartirá obradoiros sobre a mesma temática en centros da contorna ourensá. 

    En canto aos roteiros, servirán para a exploración dos ecosistemas naturais dos ríos Miño e Lonia en Ourense, e do río Gafos en Pontevedra, aproveitando os seus paseos fluviais. Nestas andainas, que terán lugar o día 20 de marzo en Ourense e o 18 de marzo en Pontevedra, participará a Oficina de Medio Ambiente, o alumnado do grao de Ciencias Ambientais e o alumnado do Programa Universitario de Maiores de ambas cidades. 
     

    43

    Tags: Día Mundial da BiodiversidadeUCC+iUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Galicia logra avances favorables frente a los incendios: cuatro estabilizados
    Local

    La Universidade de Vigo participa en un proyecto pionero para la detección satelital de incendios

    02 de Oct, 2025
    Especialistas de 20 países debaten en Vigo sobre  comunidades energéticas rurales
    Local

    Especialistas de 20 países debaten en Vigo sobre comunidades energéticas rurales

    01 de Oct, 2025
    La catedrática Belén Rubio sucede a Reigosa y será la candidata a rectora de la UVigo
    Local

    La catedrática Belén Rubio sucede a Reigosa y será la candidata a rectora de la UVigo

    24 de Sep, 2025
    Local

    La UVigo espera que la ETEA se convierta en la «envidia» de los investigadores a nivel mundial

    23 de Sep, 2025
    As Celtas se presentan ante 500 aficionados y lo celebran con una victoria histórica
    Polideportivo

    Alianza entre UVigo y Diputación para «eliminar la brecha de investigación» sobre las lesiones deportivas femeninas

    22 de Sep, 2025
    Investigadores de la UVigo alertan de la invasión de acacias y consecuencias «críticas» en los bosques atlánticos
    Local

    Investigadores de la UVigo alertan de la invasión de acacias y consecuencias «críticas» en los bosques atlánticos

    17 de Sep, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La nueva superficie comercial de Vigo, a exposición pública: así será el ámbito de 14.000 m2 en Navia

    por Redacción
    01 de Oct, 2025
    0

    Vigo ejecutará el derribo de varias edificaciones en Bouzas para ampliar un importante (y estrecho) atajo

    Vigo ejecutará el derribo de varias edificaciones en Bouzas para ampliar un importante (y estrecho) atajo

    por Redacción
    03 de Oct, 2025
    0

    Demolición para unas pérgolas icónicas de Vigo

    Demolición para unas pérgolas icónicas de Vigo

    por Redacción
    01 de Oct, 2025
    0

    Ni para celtistas ni para el entorno de Stellantis, el aparcamiento de Fenosa en Balaídos lo usa la UEFA

    Ni para celtistas ni para el entorno de Stellantis, el aparcamiento de Fenosa en Balaídos lo usa la UEFA

    por Redacción
    03 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Pequeños detalles de Vigo
    Más Vigo

    Pequeños detalles de Vigo

    La ciudad de Vigo esconde, como otras, numerosos detalles que pasan inadvertidos para la mayoría de las personas que transitan...

    por Julio Alonso
    03 de Oct, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    11 novelas y cómics de aventuras publicados en septiembre que no te puedes perder
    Libros

    11 novelas y cómics de aventuras publicados en septiembre que no te puedes perder

    Ha llegado el otoño, pero aún quedan días de sol para salir a la calle, pasear por el campo y...

    por Gabriel Romero de Ávila
    04 de Oct, 2025

    OPINIÓN

    Enésimo retraso en el tren Vigo-Coruña: los pasajeros, al límite de la paciencia
    Opinión

    Los vigueses y la España vacía y vaciada

    En la prensa de mediados de junio de este año nuestro máximo mandatario vigués alardeaba de la supresión de paradas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Sep, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR