• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 31 de octubre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    UNIVERSIDADE DE VIGO

    O CIM celebra un ano máis a “festa da ciencia mariña” en Vigo

    Terán lugar os vindeiros 8 e 9 de novembro na zona de A Laxe de Vigo. O vernes de 17.00 a 20.30 horas haberá unha feira, xogos interactivos, escape room virtual e visitas guiadas ao visor subacuático Nautilus (entre as 16.00 e as 18.00 horas, previa inscrición) . O sábado continuará cun paseo en barco pola ría ata a illa de Toralla en dúas quendas (entre as 09.00 e as 12.00 horas e de 12.00 a 15.00 horas, previa inscrición)
    Redacción por Redacción
    05 de Nov, 2024
    en local
    0
    O CIM celebra un ano máis a “festa da ciencia mariña” en Vigo

    Un ano máis, o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) convida á cidadanía a coñecer de preto a ciencia mariña que se desenvolve nos seus laboratorios a través das Xornadas de Portas Abertas que terán lugar os vindeiros 8 e 9 de novembro na zona de A Laxe de Vigo. 

    O obxectivo desta iniciativa é achegar o traballo do persoal investigador a persoas de todas as idades dun xeito lúdico, creativo e de acceso libre. Co apoio da Xunta de Galicia e a Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, o CIM deseñou un programa que inclúe unha feira científica no centro comercial A Laxe, visitas guiadas ao observatorio Nautilus, un xogo interactivo e un escape room virtual o venres e un paseo en barco e visita á Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (Ecimat) o sábado. Con estas Xornadas de Portas Abertas, o CIM reforza o seu compromiso coa divulgación científica e a educación ambiental, promovendo o coñecemento e a concienciación sobre a importancia dos océanos e a sustentabilidade. Ao dar visibilidade ao traballo que realiza o seu persoal investigador, o CIM espera tamén inspirar ás novas xeracións e crear futuras vocacións científicas.

    Unha feira científica para descubrir o CIM na rúa

    O venres 8 de novembro, en horario de 17.00 a 20.30 horas, o centro comercial A Laxe converterase nunha festa da ciencia mariña, coa feira Coñece o CIM na rúa, que contará con obradoiros e actividades prácticas deseñadas para que o público poida explorar diversas áreas da bioloxía e tecnoloxía mariñas. Entre os temas que se abordarán, os asistentes atoparán talleres sobre fósiles mariños, técnicas xenéticas para a identificación de especies, observación de sedimentos con microscopios estereoscópicos ou o impacto do cambio climático nas pesqueiras. Todas as actividades estarán adaptadas para un público familiar e non requiren inscrición previa, facilitando o acceso e a participación de persoas de todas as idades.

    No marco da xornada, e coa colaboración coa Autoridade Portuaria de Vigo (APV), tamén están previstas visitas guiadas ao visor subacuático Nautilus, unha instalación permanente situada a carón do centro comercial, na que se poden observar fondos mariños en tempo real. Estas visitas terán lugar entre as 16.00 e as 18.00 horas e, dado o seu aforo limitado, requirirán inscrición previa na web cienciasingular.gal a partir de hoxe luns.

    Como novidade este ano, as xornadas incluirán un escape room virtual titulado Descobre máis sobre a investigación oceánica co CIM baseado no mural que o CIM ten xunto coa APV e o Campus do Mar no edificio do Real Club Náutico de Vigo. Trátase dunha obra do artista vigués Delio Rodríguez en colaboración con investigadores e investigadoras do CIM e Campus do Mar que representa os piares da observación oceánica e o seu impacto no progreso da investigación mariña. O escape room virtual permitirá aos que se acheguen coñecer máis sobre a investigación oceánica que se realiza no centro dun xeito lúdico e divulgativo usando o móbil como principal ferramenta. 

    Ademais, na zona da estatua do Nadador instalarase o xogo interactivo Aquamission para explorar o mundo da acuicultura sostible, xogando nun taboleiro de grandes dimensións que espertará o interese pola ciencia mariña e a investigación.

    Embárcate co CIM: un paseo para observar a ría de primeira man

    A programación das Xornadas de Portas Abertas continuará o sábado 9 de novembro coa actividade Embárcate co CIM, un paseo divulgativo pola ría que levará ás e aos participantes a bordo dun barco-aula desde o peirao de A Laxe ata a illa de Toralla, nunha travesía pensada para gozar e aprender á vez. As visitas, con dúas quendas previstas entre as 09.00 e as 12.00 horas e de 12.00 a 15.00 horas, son de acceso libre, pero requiren inscrición previa na web cienciasingular.gal.

    Durante o traxecto, as persoas participantes realizarán actividades de observación e toma de mostras de organismos mariños e sedimentos, mentres escoitan as explicacións de investigadores e investigadoras do CIM sobre a importancia de cada mostra para a comprensión dos ecosistemas mariños.

    A visita continuará na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (Ecimat), onde o público descubrirá de primeira man o corazón da investigación mariña da Universidade de Vigo. Esta infraestrutura científica alberga modernos laboratorios, salas de cultivos, instalacións de mesocosmos e espazos especializados que permiten ao CIM investigar temas como a biodiversidade mariña, o cambio climático e a sustentabilidade dos recursos pesqueiros. 

    Para quen desexe inscribirse nas actividades do Nautilus do venres ou no paseo divulgativo á Ecimat o sábado ou obter máis información, toda a programación e os detalles de inscrición están dispoñibles na web oficial do programa cienciasingular.gal.

    Ademais, ao longo desta semana e previamente a estas actividades, o centro tamén quixo darse a coñecer e poñer en valor o traballo do seu persoal a través dunha campaña divulgativa coa colocación de bandeirolas co lema CIM, ciencia mariña con nome propio en toda a zona da Autoridade Portuaria de Vigo.

    43

    Tags: CIMfesta da ciencia mariñaUniversidad de VigoUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero
    Local

    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

    29 de Oct, 2025
    García Mateo espera ser la primera rectora de la UVigo para que la institución «pase de la improvisación a la solvencia»
    Local

    García Mateo espera ser la primera rectora de la UVigo para que la institución «pase de la improvisación a la solvencia»

    22 de Oct, 2025
    La catedrática Carmen García Mateo anuncia su candidatura al Rectorado de la UVigo tras postularse Belén Rubio
    Local

    La catedrática Carmen García Mateo anuncia su candidatura al Rectorado de la UVigo tras postularse Belén Rubio

    21 de Oct, 2025
    La UVigo entrega su Medalla de Oro a la editorial Galaxia por su compromiso con la lengua y la cultura
    Cultura

    La UVigo entrega su Medalla de Oro a la editorial Galaxia por su compromiso con la lengua y la cultura

    18 de Oct, 2025
    La UVigo solicitará el grado de Medicina si no hay nuevo convenio de descentralización antes de un mes
    Local

    La UVigo solicitará el grado de Medicina si no hay nuevo convenio de descentralización antes de un mes

    18 de Oct, 2025
    La UVigo, primera de España en compromiso ambiental
    Local

    La UVigo, primera de España en compromiso ambiental

    16 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Xunta envía a Vigo (en menos de una semana) el visto bueno sobre el Olivo: «No hay disculpa para avanzar»

    por Redacción
    28 de Oct, 2025
    0

    Urbanismo da vía libre para que una planta comercial de 800 m2 se transforme en 11 viviendas en pleno centro de Vigo

    Urbanismo da vía libre para que una planta comercial de 800 m2 se transforme en 11 viviendas en pleno centro de Vigo

    por Redacción
    27 de Oct, 2025
    0

    El Concello mete la directa para ordenar y semipeatonalizar la Plaza de España

    El Concello mete la directa para ordenar y semipeatonalizar la Plaza de España

    por Redacción
    24 de Oct, 2025
    0

    El ascensor más «lento» y polémico de Vigo Vertical ve la meta y estará listo antes de fin de año

    El ascensor más «lento» y polémico de Vigo Vertical ve la meta y estará listo antes de fin de año

    por Redacción
    27 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El éxito de una instalación deportiva
    Más Vigo

    El éxito de una instalación deportiva

    En el mes de septiembre del año 2020 se inauguraron las instalaciones del Pabellón de Romil, en la ciudad de...

    por Julio Alonso
    31 de Oct, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    «El destino», la recopilación de los 90 microrrelatos que impulsan el talento emergente
    Libros

    «El destino», la recopilación de los 90 microrrelatos que impulsan el talento emergente

    Gadis ha publicado un libro que recopila los 90 microrrelatos finalistas y premiados, seleccionados entre los 2.585 que han participado...

    por Redacción
    30 de Oct, 2025

    OPINIÓN

    Lo del Celta empieza a ser preocupante
    Opinión

    Lo del Celta empieza a ser preocupante

    Datos hasta hoy : 9 jugados, 0 ganados, 7 empatados, 2 perdidos, a favor 8 goles, encajados 11. Puntos 7....

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Oct, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR