• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 27 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    CINE

    «Os espazos en branco» do vigués Bruno Arias chega a Vigo

    A sesión terá lugar o venres 8 de novembro ás 20:00 nos Cines Tamberlick do Centro Comercial Praza Elíptica
    Redacción por Redacción
    31 de Oct, 2024
    en Cine
    0
    «Os espazos en branco» do vigués Bruno Arias chega a Vigo

    Fotograma da longametraxe de Bruno Arias.

    Menos dun ano despois de que a súa estrea na 37 edición do Festival Cineuropa esgotase as entradas no Salón Teatro de Santiago de Compostela e apenas dous días despois da súa estrea oficial en salas na pantalla da NUMAX de Santiago de Compostela, Os espazos en branco, o debut cinematográfico de Bruno Arias (Vigo, 1998), chega ás pantallas de Vigo. 

    O pase terá lugar o venres 8 de novembro ás 20:00 nos Cines Tamberlick do Centro Comercial Praza Elíptica e contará, ademais, cun coloquio posterior no que participarán o director e a cineasta Lucía Estévez. As entradas estarán dispoñibles na web e taquilla dos Cines Tamberlick e poderán obterse do mesmo xeito do que se obteñen as da programación habitual da sala.

    Esta proxección será un dos actos centrais do circuíto que seguirá o filme, non só por ser Vigo a cidade natal do director, senón porque tamén é o escenario de boa parte da película. Ademais, a familia Arias xoga un papel crucial no discurso do filme que garda unha estreita relación coa cidade olívica. «A familia leva vivindo nesta cidade cincuenta anos e camiñamos todos por ela, tanto ti coma min. Eu, claro, non coñezo todos os lugares que pisaches pero, por algunha razón, cando paseo por aquí sinto que xogas comigo», dille Bruno á súa tía no filme.

    Posteriormente e durante todo o mes de novembro, o filme viaxará pollos concellos galegos de A Coruña, Ourense, Lugo, Ferrol, Ames e Pontevedra. As máis das proxeccións tamén contarán coa presenza do director e doutras figuras: o produtor Álvaro Liste, a directora de arte Antía Carreira ou a poeta Arancha Nogueira son algúns dos nomes que acompañarán o autor en coloquios e conversas. A información detallada sobre o calendario de proxeccións está dispoñible nas redes sociais do proxecto.

    A película, producida por Serea Films, reflexiona empregando como vehículo a figura da poeta Xela Arias, tía do director que faleceu cando este tiña só cinco anos, sobre como as persoas que nos inspiran e que admiramos contribúen á construción da nosa forma de ser. Do mesmo xeito, explora como o feito de reconstruír nós mesmas esas figuras é un proceso que nos achega a elas afastándoas da súa condición de figura pública e achegándonos á súa faceta máis persoal. No filme, testemuños de familiares e amigas comparten espazo cun traballo interpretativo das actrices Lidia Veiga, Sheyla Fariña e Melania Cruz que acompaña ás espectadoras por un relato sobre a ausencia e a memoria.

    Ademais de ser a primeira longametraxe do seu director, tamén supón a estrea dunha equipa que, no momento da rodaxe, estaba recentemente graduada, case na súa maioría, en Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela e que, malia a súa curta traxectoria, demostrou unha grande profesionalidade que lle valeu á película o Premio Mestre Mateo ao Mellor Documental na XXII edición dos galardóns o pasado 23 de marzo.

    De Arias a Xela, «Os espazos en branco» comienza su recorrido por las salas de Galicia

    43

    Tags: Bruno AriascineestrenoVigoXela Arias

    RelacionadosArtículos

    Un aparatoso accidente en O Castro se salda con dos heridas leves
    Local

    Un aparatoso accidente en O Castro se salda con dos heridas leves

    27 de Nov, 2025
    Rueda anuncia el inicio «inmediato» de las obras de la nueva residencia para mayores que tendrá Vigo en la ETEA
    Local

    Rueda anuncia el inicio «inmediato» de las obras de la nueva residencia para mayores que tendrá Vigo en la ETEA

    27 de Nov, 2025
    Laura Torres nos invita a regresar a nuestras raíces en Libros para soñar
    Libros

    Laura Torres nos invita a regresar a nuestras raíces en Libros para soñar

    27 de Nov, 2025
    Vigo recibe al domador de la energía de las mareas
    Marítima

    Vigo recibe al domador de la energía de las mareas

    26 de Nov, 2025
    Ponteareas ya presume de tener al mejor camarero de la provincia y Vigo, al segundo
    Gastronomía

    Ponteareas ya presume de tener al mejor camarero de la provincia y Vigo, al segundo

    26 de Nov, 2025
    La carrera más divertida de la Navidad de Vigo cumple 20 años buscando un récord de participación
    Atletismo

    La carrera más divertida de la Navidad de Vigo cumple 20 años buscando un récord de participación

    26 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Vigo revalida el liderato de los supermercados más baratos de España

    Un histórico hipermercado levanta su persiana tras una remodelación completa

    por Redacción
    25 de Nov, 2025
    0

    El primer ‘glamping resort’ de Vigo pisa el acelerador y ya fija un objetivo para su apertura

    El primer ‘glamping resort’ de Vigo pisa el acelerador y ya fija un objetivo para su apertura

    por María Alonso
    24 de Nov, 2025
    0

    De zona de esparcimiento vecinal al lado de Castrelos, a parque «desaparecido» tras la maleza y el «abandono»

    De zona de esparcimiento vecinal al lado de Castrelos, a parque «desaparecido» tras la maleza y el «abandono»

    por Redacción
    22 de Nov, 2025
    0

    Así avanzan las obras de la grada de Gol desde el interior de Balaídos

    Así avanzan las obras de la grada de Gol desde el interior de Balaídos

    por Redacción
    23 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Se consolida el nuevo aparcamiento del Concello de Vigo
    Más Vigo

    Se consolida el nuevo aparcamiento del Concello de Vigo

    Hace poco comentábamos que la superficie de la Praza do Rei, delante del edificio del Concello de Vigo, se había...

    por Julio Alonso
    27 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Laura Torres nos invita a regresar a nuestras raíces en Libros para soñar
    Libros

    Laura Torres nos invita a regresar a nuestras raíces en Libros para soñar

    La escritora viguesa Laura Torres regresa este viernes, 28 de noviembre, a su ciudad natal para presentar Beland, mi lugar...

    por David Augusto
    27 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Alameda - Plaza de Compostela - 3
    Opinión

    Alameda de Vigo, ¿BIC?

    Por Ramón Boga El menguante patrimonio histórico de Vigo es el testigo de la contribución de nuestros ancestros a la...

    por Cartas al Director
    20 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR