• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 10 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    AXENDA

    Encontro de bandas antes do Descenso do Miño e a Xuntanza Cabalar

    A Xuntanza Cabalar de San Bartolomeu é unha cita secular que conta con gran tradición e que nos últimos anos ten dado un gran  a nivel cualitativo e cuantitativo que a sitúa entre as máis relevantes e importantes das que se celebran en Galicia
    Redacción por Redacción
    23 de Ago, 2024
    en Tui
    0
    Encontro de bandas antes do Descenso do Miño e a Xuntanza Cabalar

    O son das bandas de música pechará este venres, 23 de agosto, ás 21:00 h na praza de San Fernando a programación “Tui, verán na rúa” coa celebración do XXIX Festival de Bandas de Música.

    Este evento, clásico no verán tudense, estará protagonizado pola Asociación Musical Julián Santos de Jumilla de Murcia e pola Banda de Música Popular de Tui, que ofrecerán un variado repertorio que irá dende a música tradicional, onde non faltarán os pasodobres, até composicións máis contemporáneas, con sonoraidades galegas, españolas e portuguesas.

    Abrirá o festival Asociación Musical Julián Santos de Jumilla baixo a dirección de Salvador Pérez Sánchez para interpretar “Tierra” de  Santiago Quinto Serna, “Rapsodia Gallega” de Julián Santos, “Lusitanidades” de Carlos Marqués, “Hispania” de Óscar Navarro e “Canto a Murcia” de Francisco Alonso.

    A Asociación Musical Julián Santos de Jumilla fundouse en 1989 e conta na actualidade con máis dun centenar de integrantes. Ten realizado numerosas actuacións en toda a rexión de Murcia, pero tamén en España e no estranxeiro destacando a súa participación no “6th International Carlsbad Wind Music Festival” en Karlovy Vary na República Checa. No seu haber ten entre outros, o Primeiro Premio do XII Certamen Nacional de Bandas de Música de Murcia. Teñen dous traballos discográficos  “V Aniversario”, e “25 Años de Música”.

    A Banda de Música Popular de Tui, dirixida por Eloy Carrera, interpretará “Bagaxes” de Carlos Rodríguez, “Satierf Odracir” de Nuno Osorio e “Suite Galaica” de Antón Alcalde Rodríguez. A banda tudense comezou a súa andadura a finais do século XIX, suspendendo a súa actividade até en dúas ocasións ao longo do século XX, para retomala xa de xeito estable no anos 80. Son numerosos os concertos que ten ofrecido en Galicia, Portugal, Arxentina, e noutros puntos de España. Este verán participou no Certame Nacional da Bandas de Música en Málaga e o ao pasado foi a banda convidada no festival de bandas de música de Jumilla. A súa presenza é habitual en festas e romarías en Tui e toda a contorna a semana pasada participaron nas festas da Virxe do Camiño e de San Roque, e esta próxima fin de semana estarán nas festas de San Bartolomeu e da Virxe da Rocha en Caldelas.

    Programa

    Asociación Musical Julián Santos de Jumilla (Murcia)

    Director: Salvador Pérez Sánchez

    • Tierra – pasodoble Santiago Quinto Serna
    • Rapsodia Gallega – rapsodia Julián Santos
    • Lusitanidades Carlos Marqués
    • Hispania – fantasía Óscar Navarro
    • Canto a Murcia – La Parranda Francisco Alonso

    Banda de Música Popular de Tui

    Director: Eloy Carrera Bernárdez

    • Bagaxes – pasodoble Carlos Rodríguez
    • Satierf Odracir Nuno Osorio
    • Suite Galaica Antón Alcalde Rodríguez

    Descenso do Miño e Xuntanza Cabalar

    Este sábado a cita será doble na localidade, co Descenso Internacional do río Miño entre Salvaterra e Tui e a Xuntanza Cabalar de San Bartolomeu, na que se espera a asistencia de miles de persoas.

    Cita ineludible con uno de los clásicos del verano: el Descenso Internacional del Río Miño

    A de San Bartolomeu trátase da segunda das dúas xuntanzas que anualmente se celebran na cidade xunto á de San Telmo. Esta é unha cita secular que conta con gran tradición e que nos últimos anos ten dado un gran  a nivel cualitativo e cuantitativo que a sitúa entre as máis relevantes e importantes das que se celebran en Galicia. 

    O programa comezará, no recinto da rúa Loureiro, ás 8:00 horas coa actividade de compra-venda de gando. Establécense premios aos tratante con máis Cabeza, con máis Burros, con máis Cabalos e con máis Ponis.

    A partir das 10:30 celebrarase a xincana infantil, unha proposta que busca atraer ao público máis novo. Logo haberá tamén xincana de adultos. Todas aquelas persoas que acudan á Xuntanza a cabalo e que circulen pola pista de presentación a partir das 11:00 h poderán optar aos premios especiais, que se entregarán ás 13:00 horas, á Mellor Presentación, aos Xinetes, Amazonas, Cabalos, Ponis, Carrozas, Burros, Mulas, así coma ao Xinete máis novo e á Amazona máis nova.

    Ás 14:00 horas o público poderá disfrutar co espectáculo ecuestre “Aires de Romero” con Miguel Romero, Andrea Alonso e Inés Cobián. Tras o xantar, ás 17:00 horas, haberá demostracións de enganche de troncos, limoneras, ponis, e tamén infantil. Nesta proba contarase co participación do campión de España de enganche.

    O programa da Concentración Cabalar de San Bartolomeu pecharase, ás 20:00 horas, co espectáculo ecuestres de Alberto Borjas cos seus cabalos españois da Eguada Lantarón.

    Ao longo do día haberá poni club no que os nenos e nenas se poderán realizar o seu bautismo hípico.  No recinto non faltarán postos de artigos de equitación, así como postos gastronómicos.

    O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, salienta o traballo que se leva realizando nos últimos anos para situar ás concentracións cabalares de Tui, San Telmo e San Bartolomeu, entre as máis destacadas de Galicia. Convida Rafael Estévez a acudir este sábado a Tui e gozar do amplo programa previsto ao longo da xornada.

    Xuntanza Cabalar San Bartolomeu. Programa:

    • 08:00: Apertura da feira, coa compra e venda de gando cabalar.
    • 10:30: Xincana paralela para nenos e nenas.
    • 11:30: Xincana paralela para adultos.

    Premios:

    • 1º: Cheque regalo de 100 €, trofeo, cabezada e chuches.
    • 2º: Cheque regalo de 40 €, trofeo, cabezada e chuches.
    • 3º: Cheque regalo de 20 €, trofeo, cabezada e chuches.

    • 13:00: Entrega de premios especiais.
    • 14:00: Espectáculo ecuestre a cargo de Aires de Romero.
    • 17:00: Enganche: troncos, limoneras, ponis, nenos.
    • 20:00: Espectáculo de clausura con Alberto Borjas cos seus cabalos españois da Eguada Lantaron.
    • 22:30: Verbena coa Orquestra Compostela.

    Premios Especiais:

    • Á Mellor Presentación.
    • Xinetes, Amazonas, Cabalos, Ponis, Carrozas, Burros, Mulas.
    • Xinete máis novo, Amazona máis nova.

    Premio Tratante:

    • Con máis Cabezas.
    • Con máis Burros.
    • Con máis Cabalos.
    • Con máis Ponis.

    Nota: Todos os premios especiais entregaranse entre as 11:00 e as 13:00. Para recibir o premio, será necesario circular pola pista de presentación co animal correspondente. Durante toda a feira, os asistentes poderán gozar do Poni Club (Bautismo Hípico para nenos) de balde.

    43

    Tags: BandasmúsicaSan BartolomeuTuiXuntanza Cabalar

    RelacionadosArtículos

    Jornada caótica (otra) en la A55: camión cruzado, vía cortada y  accidentes por 800 litros de gasoil en la calzada
    Tui

    Herida una conductora tras salirse de la vía y chocar contra un quitamientos

    08 de Ene, 2026
    Ciudad Amiga de la Infancia, el reconocimiento al que aspira este 2026 un concello del área de Vigo
    Tui

    Ciudad Amiga de la Infancia, el reconocimiento al que aspira este 2026 un concello del área de Vigo

    07 de Ene, 2026
    Los Reyes Magos llenaron de luz e ilusión el área de Vigo
    Comarcas

    Los Reyes Magos llenaron de luz e ilusión el área de Vigo

    05 de Ene, 2026
    El espíritu de Siniestro Total despide el año en La Fábrica de Chocolate
    Música

    El espíritu de Siniestro Total despide el año en La Fábrica de Chocolate

    26 de Dic, 2025
    El vinilo contra el algoritmo: los discos que han marcado 2025  (y que merece la pena regalar)
    Música

    El vinilo contra el algoritmo: los discos que han marcado 2025  (y que merece la pena regalar)

    23 de Dic, 2025
    Electronic New Year consagra el fin de año en Island Club
    Música

    Electronic New Year consagra el fin de año en Island Club

    19 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Un parking del centro de Vigo se suma a las rebajas: podrás aparcar medio día por menos de 5 euros

    Un parking del centro de Vigo se suma a las rebajas: podrás aparcar medio día por menos de 5 euros

    por Redacción
    08 de Ene, 2026
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Demolición: una de las opciones para el futuro de la antigua estación de buses de Vigo

    por Redacción
    09 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La necesaria coordinación de los aeropuertos gallegos
    Más Vigo

    La necesaria coordinación de los aeropuertos gallegos

    Hace años que el aeropuerto de Peinador se enfrenta a una variada y espinosa competencia: por una parte, los demás...

    por Julio Alonso
    10 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder

    Se acaba un año que nos ha traído grandes publicaciones en cuanto a novelas y cómics de aventuras. ¿Cuáles son...

    por Gabriel Romero de Ávila
    03 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR