• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 17 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

    A Cañiza recibirá preto de 100.000 euros para a reforma das pistas de tenis

    O presidente provincial informou ao rexedor Luis Antonio Gómez Piña de investimentos por valor de máis de 1,3 millóns de euros ao abeiro de programas como o +Provincia, o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas ou o PON2030
    Redacción por Redacción
    25 de Jun, 2024
    en A Cañiza
    0
    A Cañiza recibirá preto de 100.000 euros para a reforma das pistas de tenis

    O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, avanzou ao alcalde da Cañiza, Luis Antonio Gómez Piña, a aprobación na vindeira xunta de goberno deste venres dunha subvención de 96.600 euros ao abeiro da Liña 1 do Plan +Provincia para a reforma do pavimento deportivo, cerramentos e iluminación das pistas de tenis municipais.

    Neste sentido, o mandatario provincial informou tamén dun investimento de 1,3 millóns de euros da Deputación neste Concello a través de programas como o +Provincia, o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas ou o PON2030.

    Ambos os dous dirixentes mantiveron este martes un encontro institucional no despacho presidencial do Pazo provincial no que trataron outros asuntos de interese mutuo para ambas as institucións.

    “Todo o conxunto de proxectos do +Provincia que presentou o Concello da Cañiza xa se lle deu saída para que poidan ser unha realidade o máis axiña posible”, afirmou o presidente ao remate da reunión.

    Ademais da intervención nas instalacións de tenis municipais, ao abeiro do Plan +Provincia, a Deputación destinará este ano un total de 640.700 euros ao Concello da Cañiza, que supoñen un incremento de máis de 57.500 euros con respecto ao ano anterior. Uns fondos cos que, no correspondente á Liña 1 de investimentos, levaranse a cabo accións como o acondicionamento do ximnasio do pavillón (77.000€), o observatorio nocturno e miradoiro interpretativo no Montouto (56.400€), a mellora de camiños municipais nos Bueixos e As Grades (23.700€), o saneamento en Guncián e Petán (31.300€) ou a xeración eléctrica fotovoltaica para a piscina municipal (81.600€).

    No tocante á Liña 2 de apoio ao gasto corrente, a Cañiza recibirá uns 151.000 euros; mentres que da Liña 3 para o fomento do emprego, percibe 123.000 para a contratación de 11 traballadores.

    No tocante ao Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, o Concello da Cañiza recibirá 45.560 euros da Deputación para executar por completo a ampliación da cuberta das pistas de pádel.

    Do mesmo xeito, ao abeiro do PON2030 a Deputación levará a cabo o acondicionamento e mellora da eficiencia enerxética do campo de fútbol de Augas Férreas, un proxecto valorado nuns 600.000 que a Deputación financia ao 100 % a través deste programa, coa achega de 480.000 euros; e do Plan +Provincia, que aporta os 150.000 restantes.

    Así mesmo, a través do ReacPon a Deputación colabora coa achega de máis de 100.000 euros á mellora da rehabilitación enerxética da piscina municipal, obra valorada en 814.000 euros.

    A colaboración entre a Deputación e o Concello da Cañiza fai posible tamén a recuperación da contorna da antiga Ponte das Achas. Unha obra que xa está en marcha e na que o organismo provincial aporta a maior parte do orzamento, que ascende a 380.000 euros. Uns 287.000 euros correspondentes ao 70 % do total da obra de acordo co establecido no convenio e uns 86.300€ a través do Plan Concellos para cubrir o 70 % da achega municipal.

    A reunión, que se enmarca na serie de encontros institucionais que Luis López está a manter con alcaldes e alcaldesas de toda a provincia, transcorreu nun clima de cordialidade e lealdade institucional.

    “Foi unha xuntanza frutífera e satisfactoria”, sinalou o rexedor Luis Antonio Gómez Piña. “Os alcaldes son os que coñecen as necesidades dos seus municipios, polo que a cooperación e a lealdade é máxima co Concello da Cañiza”, recoñeceu o presidente Luis López, que emprazou ao rexedor a unha nova reunión para tratar temas de futuro e de interese mutuo.

    43

    Tags: A CañizaDeputación de PontevedrainversiónsLuis Piña

    RelacionadosArtículos

    El maestro de la fusión flamenco-jazz promete una noche mágica en Vigo
    Actualidad

    El Consorcio Provincial pone en marcha el proceso de selección de bomberos y personal administrativo

    16 de Ene, 2026
    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón
    Local

    Luz verde a unir a través de rampas mecánicas Finca Matías con Travesía y Aragón

    08 de Ene, 2026
    La Diputación de Pontevedra cierra el año de ‘SmartPeme’ con cinco nuevos talleres online
    Actualidad

    La Diputación impartirá 34 formaciones sobre bienestar emocional en 19 centros educativos

    06 de Ene, 2026
    Los Reyes Magos llenaron de luz e ilusión el área de Vigo
    Comarcas

    Los Reyes Magos llenaron de luz e ilusión el área de Vigo

    05 de Ene, 2026
    Luis López e Luisa Sánchez presentan os deportistas, os clubs, as infraestruturas e os eventos como “os catro piares da provincia do deporte”
    Deportes

    Luis López e Luisa Sánchez presentan os deportistas, os clubs, as infraestruturas e os eventos como “os catro piares da provincia do deporte”

    29 de Nov, 2025
    A Deputación alíase coa IA para blindar a calidade do turismo en Rías Baixas
    Actualidad

    A Deputación alíase coa IA para blindar a calidade do turismo en Rías Baixas

    12 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    Urbanismo exige el derribo definitivo de un local que acogió un famoso asador cultural de Vigo

    por Redacción
    13 de Ene, 2026
    0

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    Cierre total al tráfico de una calle de Vigo y restricciones para retirar las atracciones de Navidad

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Recuerdos de la batalla campal de Guixar
    Más Vigo

    Recuerdos de la batalla campal de Guixar

    En el mes de mayo de 1995 comenzó a funcionar la empacadora de basuras de Guixar, barrio de la ciudad...

    por Julio Alonso
    16 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Un novela viguesa nos lleva a México para revivir la historia de Massó
    Libros

    Xaime Fandiño desentraña el misterio de ‘Contubernio Picacho’ en Moaña

    La literatura gallega contemporánea se detiene este jueves en el corazón de O Morrazo para explorar las fronteras entre la...

    por Redacción
    14 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    Vigo acogerá el preestreno de ‘Rondallas’: día y sala para la película rodada en las Rías Baixas
    Opinión

    De la película «Rondallas» y del poder sanador de la comunidad

    Este diciembre pasado tuvimos la reunión de colaboradores de VigoE en un local de la zona vieja de Vigo. La...

    por Alba García Moreira
    14 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR