• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 3 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    FESTIVAL DE CANS

    María Vázquez deixa a súa pegada no Torreiro das Estrelas de Cans

    A última xornada do festival contará este sábado cunha axenda moi cargada xa dende primeira hora da mañá, co director David Trueba e o concerto de The Rapants
    Redacción por Redacción
    25 de May, 2024
    en Cine
    0
    María Vázquez deixa a súa pegada no Torreiro das Estrelas de Cans

    A penúltima xornada do Festival de Cans contou este venres ¡coa presenza da gran actriz galega María Vázquez como un dos puntos destacados do programa.

    Vázquez deixou onte a súa pegada no Torreiro das Estrelas de Cans e despois recibiu o Premio Pedigree de Honor na Noite do Homenaxe que tivo lugar a partir das 21:00 no Espazo Estrella Galicia da Leira do Rio.

    Pero antes a actriz protagonizou unha charla moi interesante co seu compañeiro e amigo Tamar Novás, outro dos intérpretes galegos máis destacados dos últimos anos.

    Nunha divertida charla que tivo lugar no Torreiro, María e Tamar falaron e reflexionaron sobre experiencias comúns no mundo do cine e deixaron clara a súa complicidade. Ámbolos dous lembraron que traballaron xuntos en diversas oportunidades, «mesmo en obras de teatro ante no máis de 20 espectadores» e Tamar sinalou que foi a propia María quen lle animou a presentarse para o seu primeiro papel no teatro na obra «El Viaje a ninguna Parte» do Centro Dramático Nacional. O actor fixo un gran esforzo para estar en Cans xa que terminou de traballar nun rodaxe en Valencia o venres de madrugada.

    Vázquez explicou que atópase nun momento profesional moi doce, despois do éxito obtido con «Matria» pero apuntou tamén que a vida dos actores está sempre chea de incertezas e o único que está claro e que «ser artista é unha forma de vivir e morrerei sendo artista».

    Engadiu que unha das grandes satisfacción como profesional do cine é poder facer papeis como os que tivo en «Matria» e agora en «Alumbramiento», onde aparecen mulleres coas que moitas outras poden sentirse identificadas.

    Desembarco de Societé Acéphale en Cans

    Tamén falaron este venres en Cans os representantes da produtora francesa Sociéte Acéphale. Realizadores, produtores e actores deste grupo que reúne a distintas nacionalidades participaron nun coloquio no que falaron sobre o seu traballo dentro do cine experimental. O director Anthony Lapia, un dos membros destacados de Acéphale, explicou que a súa forma de ver o cine e o de aplicar un punto de vista radical sobre a sociedade.

    Ademais, os membros de Acéphale adoitan a traballar conxuntamente nos proxectos cinematográficos coa fórmula «faino ti mesmo» e colaboran con distintos roles –actor, director, produtor montaxe—nas longametraxes e curtas que realizan. «Non facemos as películas para gañar cartos pero por sorte ultimamente están a saír ben as cousas e podemos pagar aos técnicos e a nós mesmos para pagar o aluguer, non está mal», sinala dun xeito divertido Anthony Lapia, quen confesa que nestes días están a sentirse moi cómodos en Cans porque «e un festival que ten unha filosofía moi parecida á nosa».

    A xornada de este venres tivo como punto culminante a colocación da estrela de María Vázquez no Torreiro de Cans, que contou coa presenza da Vicepresidenta Segunda do Goberno, Yolanda Díaz, e do ministro de Cultura, Ernest Urtasun. 

    Posteriormente, tivo lugar a Noite das Homenaxes, coa entrega das distincións do festival á propia María Vázquez, a Eduardo Rodríguez «Tatán», a Luis Dávila «O Bichero» e á veciña Fermina de Pouso. Os concertos de Cinema Paradiso e The Incredible Peón Kurtz DJ porán o punto final á xornada.

    Este sábado, David Trueba e The Rapants

    A última xornada do festival contará este sábado cunha axenda moi cargada xa dende primeira hora da mañá.

    A partir das 10:00 comezarán os pases das curtas a concurso nos distintos espazos habilitados para as proxeccións e tamén os pases da retrospectiva das curtas de Sociéte Acéphale.

    Ás 12:00 haberá un coloquio no Torreiro cun dos invitados máis destacados desta edición, o director David Trueba, que despois deixará a súa pegada no Torreiro das Estrelas.

    Pola tarde, continuarán as proxeccións da seccións oficiais e terán lugar distintas actuación musicais como as de Su Garrido Pombo, Grande Amore, Nat Simons, Escuchando Elefantes e o fin de festa que chegará coa banda de Muros The Rapants na Leira do Río. Antes celebrárase neste mesmo espazo a gala final de entrega de premios do festival.


    Programación sábado 25:

    • 10:00 h. Roteiro «Tradición oral e musical a partir do documental `Don Cesáreo, o cura da vespino´ con Xurxo Souto. Saída da Rotonda da Adroza.
      10:00 h. Primeiro pase matinal da Sección Oficial de Ficción+Animación. Baixo de Moncho, Cuberto de Chelo Baixo de Bugarín e Baixo de Alfonso.
      10:00 h. Primeiro pase matinal da Sección Oficial de Non Ficción-Furacans. Casa de Mari.
      10:00 h. Retrospectiva de curtas de «Societé Acéphale». Baixo de Carlos.
      12:00 h. Coloquio na Leira: David Trueba. Torreiro de Cans.
      13:15 h. Colocación de estrela de David Trueba. Torreiro de Cans.
      13:30 h. Segundo pase matinal da Sección Oficial de Ficción+Animación. Baixo de Moncho, Cuberto de Chelo Baixo de Bugarín e Baixo de Alfonso.
      13:30 h. Segundo pase matinal da Sección Oficial de Non Ficción-Furacans. Casa de Mari.
      13:30 h. Retrospectiva de curtas de «Societé Acéphale». Baixo de Carlos.
      13:30 h. Sesión Vermú Povarelo: Mediarea. Torreiro de Cans.
      13:30 h. MiniCans. Actuación: «A maleta de Caxide» con Carlos Quintá. Cuberto de Antonio.
      15:30 h. Procesión de chimpibuses coa Banda de Gaitas de Mosende desde Casa de Paz e Rafa ata o Torreiro.
      16:00 h. MiniCans. Inicio das proxeccións de curtas na Caixiña de Mistos e Obradoiro de Cinema e Barro. A Leiriña. Parque do río.
      16:00 h. MiniCans. Polo Correo do Vento. Cuberto de Pato.
      16:00 h. Dálle Caña: encontro de curtametraxistas das seccións oficiais de Ficción+Animación. Torreiro de Cans.
      16:30 h. Primeiro pase de tarde da Sección Oficial de Ficción+Animación. Baixo de Moncho, Cuberto de Chelo Baixo de Bugarín e Baixo de Alfonso.
      17:00 h. Primeiro pase de tarde da Sección Oficial de Non Ficción-Furacans. Casa de Mari e Casa do Carreira.
      17:00 h. Proxección do documental «Patios de luz» de Su Garrido Pombo + actuación musical. Cuberto de Mucha do Peso + Invernadoiro Rei Zentolo.
      17:00 h. Actuación: A Vacaloura Vermella. A Leiriña. Parque do río.
      17:30 h. Dálle Caña: encontro de curtametraxistas da sección oficial de Non Ficción-Furacans. Torreiro de Cans.
      19:00 h. Actuación: Nat Simons. Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.
      20:00 h. MiniCans. «Cine de historias da man de Alice Guy» con Raquel Queizás. Cuberto de Pato.
      20:00 h. Actuación: A organeta de Pulpiño Viascón. A Leiriña. Parque do río.
      20:00 h. Retrospectiva videoclips Grande Amore + actuación musical: «Grande Amore». Cuberto de Mucha do Peso + Invernadoiro Rei Zentolo.
      20:30 h. Segundo pase de tarde da Sección Oficial de Ficción+Animación. Baixo de Moncho, Cuberto de Chelo Baixo de Bugarín e Baixo de Alfonso.
      20:30 h. Segundo pase de tarde da Sección Oficial de Non Ficción-Furacans. Casa de Mari e Casa do Carreira.
      21:30 h. Concerto: Escuchando Elefantes. Torreiro de Cans.
      23:00 h.Gala final entrega de Premios. Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.
      00:00 h. Concerto: The Rapants. Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.
      01:30 h. Discochimpín La Pócima: Señora DJ. Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.

    43

    Tags: David TruebaFestival de CansMaría VázquezThe Rapants

    RelacionadosArtículos

    O Festival de Cans pecha unha edición histórica con preto de 13.000 asistentes e unha forte carga emocional
    Cine

    O Festival de Cans pecha unha edición histórica con preto de 13.000 asistentes e unha forte carga emocional

    26 de May, 2025
    El Festival de Cans sube el telón con la retrospectiva a Alejandro Loayza y la memoria histórica como hilo conductor
    Cine

    El Festival de Cans sube el telón con la retrospectiva a Alejandro Loayza y la memoria histórica como hilo conductor

    19 de May, 2025
    El festival de Cans estrenará un documental sobre un accidente de bus que hace 70 años se cobró 31 vidas
    Cine

    El festival de Cans estrenará un documental sobre un accidente de bus que hace 70 años se cobró 31 vidas

    20 de Mar, 2025
    El Festival de Cans se tiñe de luto: fallece la señora Alicia
    Cine

    El Festival de Cans se tiñe de luto: fallece la señora Alicia

    13 de Ene, 2025
    As curtas premiadas en Cans comezan en Caminha unha xira internacional
    Cine

    As curtas premiadas en Cans comezan en Caminha unha xira internacional

    04 de Sep, 2024
    festival de Cans 2024
    O Porriño

    La otra cara del Festival de Cans: 155 empleos y los hoteles completos en toda la comarca

    04 de Jun, 2024

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Caballero rectifica y trata ahora de salvar la fiesta de Coia

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    Atardecer en el Paseo de Alfonso XII
    Más Vigo

    Atardecer en el Paseo de Alfonso XII

    Este es, sin duda, uno de los mejores miradores que tiene la ciudad de Vigo. Desde estos bancos, ubicados en...

    por Julio Alonso
    02 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR