• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 23 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA

    Play-Doc proxectará The Exorcist nunha igrexa

    Nesta edición conmemorativa, o festival renderá tributo a William Friedkin como parte da súa programación especial
    Redacción por Redacción
    25 de Mar, 2024
    en Cine
    0
    Play-Doc proxectará The Exorcist nunha igrexa

    Do 1 ao 5 de maio, Play-Doc, o festival internacional de cinema con sede en Tui, Galicia, celebrará unha longa traxectoria que se destaca por presentar primeiras retrospectivas dedicadas a aclamados cineastas e directores de culto. Pero tamén, e moi especialmente, polo redescubrimento de filmografías esquecidas, ignoradas ou que ata o de agora permaneceron descoñecidas na historia do cinema universal.

    Unha das sorpresas desta vixésima edición do festival será a proxección nunca igrexa histórica de Tui do filme The Exorcist, unha elección que engade unha capa adicional de atmosfera á experiencia e reflicte a profundidade temática e espiritual da película, ofrecendo aos espectadores unha oportunidade para mergullarse na súa intensidade e o seu misterio nunha contorna excepcional.

    Non será ata dentro dunhas semanas cando a organización do Play-Doc anuncie a totalidade da súa programación.

    Cineastas de culto

    Os lendarios Albert Maysles, Charles Burnett, Artavazd Pelechian, Bette Gordonou Kidlat Tahimik, entre moitos outros, acudiron á histórica localidade galega para presentar as súas películas en persoa a unha audiencia ampla, entusiasta e diversa.

    Así mesmo este festival independente vén reivindicado a obra de nomes como Danny Lyon, Nicolás Guillén Landrián, Ozualdo R. Candeias, Aravindan Govindan ou Luigi Dei Gianni.

    Destacan tamén a primeira presentación mundial da obra restaurada de cineastas tan particulares como António Campos ou a presentación internacional das primeiras imaxes filmadas pola celebrada Chantal Akerman.

    Este interese por tentar reaxustar, compensar e expandir a historia do cinema, compaxínase cada ano cunha selección curada de películas que representan as novas tendencias do cinema máis contemporáneo, con especial énfase no cinema galego.

    Ademais, Play-Doc tamén organiza seminarios, clases maxistrais, concertos de música en directo, sesións de cinema expandido ou exposicións de arte, e conta tamén con actividades de industria como a nova plataforma de formación profesional, desenvolvemento de proxectos e foro de coprodución internacional Ventura.

    Nesta nova edición, Play-Doc ofrecerá unha programación coherente co seu singular carácter e tamén coa súa evolución ao longo de todos estes anos, na que abundan as presentacións inéditas e os descubrimentos.

    Como avance da programación que se irá desvelando nas próximas semanas, Play-Doc anuncia unha retrospectiva dedicada a William Friedkin (1935-2023), un dos realizadores máis influentes de todos os tempos e autor dalgunhas das películas máis emblemáticas do cinema contemporáneo, cuxos orixes como cineasta estiveron ligados ao cinema documental. 

    William Friedkin: na intersección entre a realidade e a ficción

    William Friedkin mostrou un interese constante no poder do documental como forma de expresión cinematográfica. Ao longo da súa carreira, Friedkin explorou a intersección entre a realidade e a ficción, desafiando os límites convencionais do cinema narrativo.

    O seu enfoque no realismo e a autenticidade reflíctese tanto nas súas películas de ficción como nas súas incursións no documental, en películas como The People v. Paul Crump, The Bold Men e Mayhem on a Sunday Afternoon, que dirixiu a principios dos anos 60. 

    Neses filmes Friedkin abordou o documental coa mesma intensidade e atención ao detalle que levaría logo ao seu traballo na dirección de longametraxes de ficción, utilizando esta forma artística para investigar temas sociais, explorar a condición humana e desafiar as percepcións do espectador sobre a verdade e a realidade.

    O percorrido pola filmografía de Friedkin –que faleceu o 7 de agosto de 2023– comeza con The French Connection de 1971, unha obra que redefiniu o relato policial e estableceu un ton seco, duro e realista para o xénero na década dos anos 70. Continúa logo con The Exorcist de 1973, unha película que transcendeu o xénero de terror para converterse nunha icona cultural, explorando temas de fe e posesión dunha maneira que segue ecoando na audiencia ata a actualidade.

    A retrospectiva tamén inclúe Sorcerer de 1977, unha odisea épica de supervivencia e redención que mostra a habilidade de Friedkin para crear tensión visceral con elementos puramente cinematográficos. En Cruising, de 1980, o director penetra no submundo escuro de Nova York cunha película polémica que explora as zonas máis perturbadoras da psique humana.

    To Live and Die in L.A. de 1985, en tanto, continúa o percorrido polo mellor da súa obra. Trátase dun retrato sen concesións centrado na corrupción e a obsesión. Para pechar verase o documental Conversation with Fritz Lang, de 1975, que ofrece unha xanela fascinante ao mundo creativo do lendario cineasta alemán visto a través dos ollos expertos de Friedkin.

    43

    Tags: Play-DocThe ExorcistWilliam Friedkin

    RelacionadosArtículos

    No Content Available

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    por Redacción
    21 de Ene, 2026
    0

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    por David Augusto
    22 de Ene, 2026
    0

    Radar, cambio de velocidad y obras: la VG20 viguesa se convierte en una encerrona

    Radar, cambio de velocidad y obras: la VG20 viguesa se convierte en una encerrona

    por Redacción
    18 de Ene, 2026
    0

    El rural de Vigo se une a la tendencia de transformar locales en viviendas: Beade gana dos pisos

    El rural de Vigo se une a la tendencia de transformar locales en viviendas: Beade gana dos pisos

    por Redacción
    19 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Maravillosa Praza das Apertas
    Más Vigo

    Maravillosa Praza das Apertas

    Esta es la vista nocturna de la Praza das Apertas, en la ciudad de Vigo, y que fue diseñada por...

    por Julio Alonso
    23 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    “A banda deseñada pode ser un lugar para escoitar a memoria”
    Libros

    “A banda deseñada pode ser un lugar para escoitar a memoria”

    Con motivo da publicación en novembro do volume recompilatorio das serie de cómic dedicada a Castelao, falamos co seu ilustrador,...

    por Octavio Beares
    18 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    Vigo acogerá el preestreno de ‘Rondallas’: día y sala para la película rodada en las Rías Baixas
    Opinión

    De la película «Rondallas» y del poder sanador de la comunidad

    Este diciembre pasado tuvimos la reunión de colaboradores de VigoE en un local de la zona vieja de Vigo. La...

    por Alba García Moreira
    14 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR