• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 21 de mayo de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    ELECCIÓNS AUTONÓMICAS 18F

    O BNG reactivará o proxecto do Campus do Mar

    Luís Bará asegura que o futuro centro de investigacións e tecnoloxías mariñas debe ser un centro referente en Europa e critica que por “incapacidade ou incompetencia” non hai “absolutamente nada feito”
    Redacción por Redacción
    06 de Feb, 2024
    en Elecciones Autonómicas 18F
    0
    O BNG reactivará o proxecto do Campus do Mar

    Cunha visita aos terreos da antiga ETEA en Teis, o BNG quixo expresar hoxe o seu compromiso co impulso do Campus do Mar para que sexa unha realidade na próxima lexislatura cun goberno do BNG á fronte da Xunta de Galiza.

    O grupo nacionalista tamén se comprometeu a que dende o executivo galego “poremos as pilas” ao goberno de Vigo e ao goberno central para impulsar o resto das infraestruturas e equipamentos previstos na zona, fundamentais para a veciñanza do barrio de Teis.

    O cabeza de lista do Bloque Luís Bará, acompañado das tamén candidatas Alexandra Fernández e Carmela González, subliñou que o campus é un proxecto estratéxico e prioritario para Vigo e para Galiza que debe ser “un centro referente en Europa das investigacións e das tecnoloxías mariñas”.

    Para Bará a ausencia de melloras e avances en todos os proxectos previstos nos terreos “é un exemplo clarísimo da incompetencia e da incapacidade” dos Gobernos da Xunta, do Goberno central e tamén do Concello de Vigo que foron incapaces de desenvolver ningunha das actuacións en máis de dúas décadas. “Os militares abandonaron a ETEA no ano 2002, fíxose o proxecto sectorial de ordenación en 2012… E pasaron 22 anos e non hai nada, absolutamente nada feito”, criticou.

    O nacionalista lembra que a previsión de investimento na zona ascende a 42,5 millóns entre a compra dos terreos, o túnel de Xulián Estévez e as urbanizacións, mentres que para o Campus do Mar son outros 46, 8 millóns: do CSIC 32 millóns, outros 11 da Universidade, e 3,8 millóns do Instituto de Estudos Oceanográficos.

    Un complexo punteiro

    O resultado debería ser un complexo punteiro formado por dous centros de investigación, o Instituto de Investigacións Mariñas e a Unidade de Tecnoloxías Mariñas, máis facultades e centros para desenvolver proxectos de investigación da UVigo, “infraestruturas chave para dispoñer de máis medios para investigar sobre o mar e para transferir coñecemento ao sector pesqueiro marisqueiro e á cadea mar industria, e para situar Vigo e Galiza na vangarda das investigacións e as tecnoloxías mariñas en Europa”, insistiu Bará.

    En lugar de cooperación entre Xunta e Goberno central, afeou o cabeza de cartel, houbo atrasos e atrancos que mesmo puxeron en risco o financiamento con fondos europeos FEDER (prorrogados ata xaneiro de 2026). Nesa data, lembrou, o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) ten que estar na nova sede, polo que “estamos nunha carreira contrarreloxo”, afirmou.

    Ademais, Bará sinalou o baixo investimento previsto para o IIM, 16 millóns de euros, unha cifra que contrasta co investimento do CSIC moito máis alto noutros centros doutras comunidades autónomas a pesares de que “estamos a falar do centro de investigación máis grande de Galiza”.

    Todos estes problemas, comprometeuse o candidato do BNG, van rematar cun goberno liderado polo Bloque na Xunta: “reactivaremos o proxecto do Campus do Mar para que sexa unha realidade na próxima lexislatura e demandaremos un incremento do investimento estatal, para que se cumpran os compromisos iniciais”, salientou.

    Ademais de poñer sobre a mesa o relanzamento do campus, o cabeza de cartel manifestou a necesidade de que na zona de Teis se impulsen equipamentos para o barrio e a cidade e subliñou a necesidade de recuperar os terreos comunitarios da ETEA como unha zona de esparcemento e lecer de calidade para a veciñanza, nunha contorna que aínda segue aberta ao mar.

    Pola súa banda, o voceiro municipal de Vigo, Xabier P. Igrexas, asegurou que dende que os militares abandonaron a ETEA o único feito concreto que materializou o Partido Popular foi apenas a apertura duns aseos públicos. “É o resumo en datos e realidades do desleixo do abandono que practicou o goberno galego do Partido Popular en contra dunha actuación que é absolutamente estratéxica para o barrio de Teis e a cidade e tamén para Galiza”, apuntou.

    Sinalou Igrexas que foron “15 anos de oportunidades perdidas de desenvolver ese proxecto estratéxico do Campus do Mar que faga de Vigo a capital galega da innovación”, por iso afirmou que as viguesas e vigueses necesitan a partir do 18F un goberno que exerza como aliado da maior cidade do país: “Un goberno liderado por Ana Pontón é a garantía de que despois de 15 anos de desleixo e incompetencia o desenvolvemento da ETEA vai deixar de ser promesas e infografías para se converter en realidade”.

    43

    Tags: BNGElecciones AutonómicasElecciones Autonómicas 18FVigo

    RelacionadosArtículos

    Prisión provisional para el detenido en Vigo tras prender fuego en la casa de su expareja
    Sucesos

    Prisión provisional para el detenido en Vigo tras prender fuego en la casa de su expareja

    21 de May, 2025
    Un talud sufre un corrimiento de tierra en Cabral
    Local

    Asfaltados en Gran Vía, Florida o Samil y nuevas aceras en Pereiró, Areeiro o Guixar… llega el turno de más de 350 calles

    21 de May, 2025
    Vigo ya trabaja en “ideas” para reformular su Semana Santa tras registrar una ocupación “altísima”
    Local

    Vuelve el Birraseto con más de 70 cervezas, música y food trucks

    21 de May, 2025
    Todo listo para que una grúa de 6 metros voltee la tortilla más grande de la historia de Vigo
    Gastronomía

    Todo listo para que una grúa de 6 metros voltee la tortilla más grande de la historia de Vigo

    21 de May, 2025
    Local

    El verano arranca esta semana en Vigo con la apertura de las piscinas de Samil

    21 de May, 2025
    Licitada por 1,7 millones de euros la rampa que unirá García Barbón con el Halo
    Local

    Licitada por 1,7 millones de euros la rampa que unirá García Barbón con el Halo

    21 de May, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    Un espectacular chalet a pie de playa en Vigo se transformará en un exclusivo complejo con 5 viviendas y piscinas

    Un espectacular chalet a pie de playa en Vigo se transformará en un exclusivo complejo con 5 viviendas y piscinas

    por Redacción
    16 de May, 2025
    0

    Salen a subasta los bienes de un empresario del transporte: uno de sus acreedores reclama 3,5 millones

    Salen a subasta los bienes de un empresario del transporte: uno de sus acreedores reclama 3,5 millones

    por Andrea Mariño
    19 de May, 2025
    0

    ‘Dientes de dragón’, la “novedosa” señal en Vigo para aportar seguridad al CEIP Emilia Pardo Bazán

    Denuncian la expulsión de un niño de Infantil de un colegio de Vigo por no contar con un profesor de apoyo

    por Europa Press
    14 de May, 2025
    0

    Espectacular llegada a la ría de Vigo de los 52 Super Series

    Espectacular llegada a la ría de Vigo de los 52 Super Series

    por Redacción
    18 de May, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 3

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    Mesones de Vigo que cierran sus puertas
    Más Vigo

    Mesones de Vigo que cierran sus puertas

    En la ciudad de Vigo y sus alrededores existen numerosos mesones, algunos de ellos de gran popularidad y que llegaron...

    por Julio Alonso
    21 de May, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    En patinete veloz
    Más Vigo

    En patinete veloz

    Debemos reconocer que el automóvil no resulta tan manejable como una bicicleta o como un patinete, aun cuando sigue prefiriéndose...

    por Julio Alonso
    22 de Nov, 2015

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo
    Más Vigo

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo

    Gastando pista o bajo la soberana palmera que presidía el local, miles de parejas viguesas se conocieron en un mítico...

    por Eduardo Rolland
    20 de Feb, 2021

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder

    1) Historia de valientes. Una novela sobre la expedición de Lewis y Clark, de Vardis Fisher. Sinopsis: «La expedición de...

    por Gabriel Romero de Ávila
    10 de May, 2025

    OPINIÓN

    Invertir en enfermeras, garantía de salud
    Opinión

    Invertir en enfermeras, garantía de salud

    Por Asunción Maus Gómez, secretaria general de SATSE en Galicia Respeto, protección, valoración e inversión.  Cuatro palabras con un significado...

    por Redacción
    12 de May, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the ...
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR