• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 27 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Uvigo pide aos seus 160 mellores estudantes que sexan embaixadores da institución ante a sociedade

    O reitor, Manuel Reigosa, reivindicou “o orgullo” que representa formar parte desta Universidade
    Redacción por Redacción
    29 de Ene, 2024
    en Local
    0
    A Uvigo pide aos seus 160 mellores estudantes que sexan embaixadores da institución ante a sociedade

    “Pedímosvos que sexades orgullosos embaixadores e embaixadoras da Universidade de Vigo, que seades exemplos dun conxunto de talento e esforzo que vai facer que a sociedade na que nos inserimos sexa mellor». Así se referiu o reitor, Manuel Reigosa, aos 160 estudantes que o venres recibiron no acto de San Tomé os premios cos que a Universidade de Vigo busca recoñecer a excelencia dos seus titulados e tituladas.

    No acto, celebrado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, recibiron as súas medallas e insignias os galardoados e galardoadas cos Premios extraordinarios de grao e doutoramento, os gañadores e gañadoras dos Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos fin de grao e máster e dos Premios de excelencia ao alumnado que iniciou este curso os seus estudos de grao e de mestrado.

    Ademais do recoñecemento das autoridades académicas, premiados e premiadas recibiron tamén a petición de que se convertan en «embaixadores e embaixadoras» da institución académica e que contribúan así a que a UVigo poida mellorar nunha das súas «materias pendentes», como lembrou Reigosa, que é que «queremos ter máis influencia na sociedade«.

    Os fíos que tecen “unha Universidade moi especial”

    Reigosa centrou o seu discurso en afondar nos diferentes aspectos que fan que “entre todas e todos esteamos a tecer unha Universidade moi especial”, o que o levou a iniciar a súa intervención resaltando a importancia dos centros que precederon á creación da UVigo en 1990 e que fixaron “os fíos que constrúen” a institución académica, como a preocupación pola empregabilidade dos titulados e tituladas, a súa inquedanza por ter “un impacto real na sociedade” e “fornecer de coñecemento á empresa e á industria” e por ser tamén “unha Universidade competitiva e investigadora”.

    Este punto levou a Reigosa a pór o foco na “tendencia moi positiva” que presentan as cifras de captación de fondos en materia de investigación, que ascenderon no seu conxunto a 36,4 millóns de euros o pasado exercicio.

    En 2023, lembrou, acadáronse cifras de récord como a consecución de 5,5 millóns de euros e de 40 proxectos de investigación do Plan Nacional, “o máximo da nosa historia”, así como 39 proxectos en convocatorias internacionais como Horizonte Europa ou Interreg, aos que se suman outros 17 proxectos educativos e de cooperación, tamén europeos, que supuxeron a captación de 1,5 millóns.

    Conectando isto con outro dos fíos básicos da UVigo, “que é que sempre quixemos formar parte da sociedade”, o reitor destacou tamén a captación en 2023 de 6,6 millóns de euros en proxectos dirixidos “a mellorar a capacidade produtiva das empresas” e doutros 1,5 millóns en proxectos competitivos de transferencia, que se desenvolven en colaboración co sector produtivo.

    Estas cifras contribúen tamén, como lembrou o reitor, a que a UVigo ocupe postos destacados en ránkings baseados unicamente en “datos obxectivos” como o de Shanghai, que sitúa á institución académica entre as 600 mellores do mundo. Outros, como a clasificación Green Metric, avalían “outro dos fíos que estasmos tecendo na UVigo” como é ser “exemplo de sostibilidade”, mentres clasificacións como as de Dyntra ou a Fundación Haz, resaltou, salientan o traballo da institución en materia de transparencia.

    De aí que incentivase aos titulados e tituladas a formar parte dunha “Universidade da que sentirse orgullosos” e na que, lembrou, poden continuar formándose, tanto a través das iniciativas de formación ao longo da vida como para ser futuros e futuras docentes nunha institución que “é a sétima máis envellecida de España”. Ao mesmo tempo, reclamoulles tamén que contribúan a que a Universidade poida “ter máis influencia na sociedade”, convidándoos a que se incorporen á comunidade Alumni-UVigo, que suma a día de hoxe preto de 2000 usuarios e usuarias, o 93% titulados e tituladas.

    160 premios para o alumnado máis excelente

    No transcurso do acto, a Universidade fixo entrega dos seus diferentes recoñecementos ao alumnado. Por unha banda, recibiron as súas distincións as 53 persoas galardoadas cos premios extraordinarios de grao correspondentes ao curso 2022/2023, nos que as mulleres, con 38, foron maioría. Destes 53, 13 corresponden ao campus de Ourense, 9 ao de Pontevedra, 23 ao de Vigo e outros 8 aos centros adscritos. No caso dos premios extraordinarios de doutoramento, concedéronse 21 distincións (14 para mulleres), 3 delas correspondentes ao ámbito de arte-humanidades; 7 do ámbito das ciencias; 2 do eido das enxeñarías e outros 9 do campo xurídico-social.

    Tamén se fixo entrega dos 11 premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e máster e das distincións aos mellores expedientes do alumnado de novo ingreso, tanto de grao como de mestrado neste curso 2023/2024, 60 e 15 galardóns respectivamente.

    O acto estivo amenizado pola actuación musical de Mauro Maiño, Margarida Mariño e Mila Ut.

    Premiadas e premiados recolleron os seus galardóns arroupados polos seus amigos e familiares, así como por unha importante representación do mundo académico, económico, político e social.

    Entre outros, achegáronse á celebración do patrón da Universidade, o exreitor Luis Espada; o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada; a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz; a concelleira de Educación do Concello de Vigo, Olga Alonso; o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros, así como diferentes representantes de corpos e forzas de seguridade do Estado.

    43

    Tags: Universidade de VigoUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La Xunta colabora con la USC y la UVigo en la vigilancia de garrapatas y mosquitos
    Salud

    La Xunta colabora con la USC y la UVigo en la vigilancia de garrapatas y mosquitos

    26 de Jul, 2025
    pesca de rias
    Marítima

    Luz verde a una investigación que analizará el exceso de plomo en las volandeiras de la ría de Vigo

    21 de Jul, 2025
    Hito en la UVigo: acoge por primera vez la defensa de una tesis en lenguaje de signos
    Local

    Hito en la UVigo: acoge por primera vez la defensa de una tesis en lenguaje de signos

    21 de Jul, 2025
    Más de 50 científicos comparten en Vigo sus avances en astronomía y astrofísica
    Ciencia y Tecnología

    Más de 50 científicos comparten en Vigo sus avances en astronomía y astrofísica

    17 de Jul, 2025
    El alcalde reclama una facultad de Medicina para Vigo
    Local

    Caballero: «Voy a hacer lo posible e imposible para asegurar la Facultad de Medicina en Vigo»

    17 de Jul, 2025
    El nuevo Hospital de Día de Vigo abrirá este 2025 y realizará unos 6.000 tratamientos más al año
    Salud

    La Xunta lamenta la «decisión unilateral» de la UDC sobre Medicina y pide avanzar en la «descentralización»

    16 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Caballero: «Dentro de muy pocas semanas tendremos en Vigo la noticia del siglo: se aprueba el PXOM»

    por Redacción
    21 de Jul, 2025
    0

    Detectadas (al menos) once viviendas «clandestinas» en la entreplanta de dos edificios de Navia

    Detectadas (al menos) once viviendas «clandestinas» en la entreplanta de dos edificios de Navia

    por Andrea Mariño
    21 de Jul, 2025
    0

    Guerra abierta en Vigo a los «cotos privados» a la playa: «No solo es en la isla de Toralla»

    Guerra abierta en Vigo a los «cotos privados» a la playa: «No solo es en la isla de Toralla»

    por Redacción
    23 de Jul, 2025
    0

    Caballero anuncia un (pequeño) cambio en el concierto de Jason Derulo en Vigo

    Caballero anuncia un (pequeño) cambio en el concierto de Jason Derulo en Vigo

    por Redacción
    23 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El último lujo
    Más Vigo

    El último lujo

    Muchas personas pasan la vida soñando con lujos inalcanzables, con unos lujos y privilegios entre los que se encuentran casas...

    por Julio Alonso
    26 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Fernando Castro Paredes recibe o Premio Galaxia de Novela
    Libros

    Fernando Castro Paredes recibe o Premio Galaxia de Novela

    O Hotel Compostela de Santiago acolleu este xoves o acto de entrega do Premio Galaxia de Novela ao escritor Fernando...

    por Redacción
    17 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Antonio Machado, 150 años de días azules y soleados
    Opinión

    Antonio Machado, 150 años de días azules y soleados

    Este 26 de julio se cumplen 150 años del nacimiento de uno de los personajes más influyentes de la Generación...

    por Cristina Lorenzo
    26 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR