• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 21 de mayo de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    Hoxe falamos con Pedro Feijoo

    Pedro Feijoo: «Estamos máis faltos de verdade que nunca, volve ser necesario o traballo dos bos xornalistas»

    Este ano publicou a súa sétima novela, e décimo libro en total, que xa está a arrasar nas librerías: "Ninguén contará a verdade". E hoxe tivo o detalle de concedernos un intre para que falemos disto e doutras moitas cousas
    Gabriel Romero de Ávila por Gabriel Romero de Ávila
    14 de Dic, 2023
    en Libros
    0
    Pedro Feijoo: «Estamos máis faltos de verdade que nunca, volve ser necesario o traballo dos bos xornalistas»

    Este ano, Pedro Feijoo publicou a súa sétima novela, e décimo libro en total, que xa está a arrasar nas librerías: Ninguén contará a verdade. E hoxe tivo o detalle de concedernos un intre para que falemos disto e doutras moitas cousas.

    En primeiro lugar, Pedro, grazas polo teu tempo e parabéns por esta novela, que xa temos nas mans. Que podes contarnos dela sen destripar moito?

    Eu diría que se trata dunha novela sobre a corrupción a todos os niveis posibles. Non só político… De feito, e se me apuras, eu incluso me atrevería a asegurar que o ámbito do político é o de menos, tanto na historia como na realidade, xa que, á fin e ao cabo, a política nada máis é un dos múltiples campos por onde se deixan entrever os múltiples tentáculos dese monstro inmenso e desapiadado que é a ambición dos poderosos.

    É o teu segundo Premio Xerais, doce anos despois, e o teu quinto premio de novela. Significa isto que os fans de Lamatumbá poden darche por perdido definitivamente?

    En realidade este é o meu primeiro Premio Xerais, xa que hai doce o que sucedeu foi que, a falta dun único voto, quedara finalista pola novela que un ano máis tarde aparecería baixo o título xa máis que coñecido de Os fillos do mar, que tantas alegrías me leva dado ao longo dos anos. De xeito que, en efecto, os fans de Lamatumbá poden estar tranquilos en todos os aspectos: os grupo está ben a salvo sen min!

    Ninguén contará a verdade está sendo definida como thriller político, novela negra, novela de investigación… Ti tes unha definición propia ou deixas que as historias sigan o seu camiño?

    Eu creo que se trata dunha novela sobre a corrupción a todos os niveis. Agora, como dun tempo a esta parte parece que haxa que poñerlle etiquetas a todo, e cada vez dás con marcas máis e máis estrambóticas e ridículas, eu deixaríao en “Thriller corrupto”!

    Dis dela que é unha novela que ten moita verdade e tamén é moi complexa, cunha chea de voces que achegan a súa visión dos feitos.

    Si, é certo que esta novela ten máis personaxes que as anteriores. Pero, sinceramente, non concibo outra maneira de presentar esta historia. Por máis que nos queiran contar que a corrupción é un mal que nada máis afecta á cousa política, en realidade e como antes sinalaba trátase dun problema que abrangue moitos máis campos que o estritamente político. A corrupción está nas relacións empresariais, administrativas, informativas, financeiras… De aí que non tardase en comprender que tentar contar esta historia desde unha única perspectiva sería cando menos parcial, partidista. Se pretendo transmitir unha imaxe o máis honesta posible de en que consiste realmente isto da corrupción, ata onde chega, a miña obriga pasa por cubrir todos os campo posibles, e que sexa o lector que teña toda a información ao seu alcance para sacar as conclusións que considere oportunas.

    Desde logo, ten moito en común, en canto a esa verdade, con obras anteriores como Os fillos do mar, Un lume azul ou A memoria da choiva: reporteiros, investigadores, policías, altos cargos políticos e persoas moi influentes aparecen nas túas historias, e sempre en localizacións recoñecibles que aumentan a identificación do lector. Es algo así como «o novelista dos feitos que poderían ser reais»?

    ¡Ja ja ja! Supoño que si… En certo modo, entendo que esa é unha das marcas da casa. Pero teño a sensación de que se trata dunha ferramenta ben poderosa, a curiosidade do lector. A estas alturas xa sei con claridade que se eu afirmase calquera cousa nunha novela talvez podería convencer algún lector. Pero sei con aínda máis seguridade que se sinalo con insistencia esta localización, ou as raíces na vida real de algunha das situacións que describo nas miñas novelas, o lector sempre vai ir buscar por que ese edificio, por que esa casa, ou que haberá de certo en realidade na ficción que eu propoño… E así, entre todos, acabaremos conformando un diálogo moito máis poderoso que calquera das preguntas que eu poida propoñer.

    Precisamente a verdade é un dos valores que máis se poñen en dúbida hoxe en día, cos medios de comunicación tradicionais sometidos a acusacións permanentes de manipulación, a intromisión da política en tódolos ámbitos, as fake news, a inmediatez da información… Estamos faltos de verdade ou temos demasiada?

    En absoluto. Non é que teñamos demasiada verdade, é que nestes momentos estamos máis faltos dela que nunca. E precisamente porque os que a coñecen, conscientes do moito que lles vai na súa ocultación, están decididísimos a seguir enganándonos, a seguir despistándonos cun montes e montes de mentiras disfrazadas de verdades absolutas. Hoxe, máis que nunca, volve ser necesario o traballo dos bos xornalistas, dispostos a sacar á luz toda a verdade posible. É por iso tamén que, á fin e ao cabo, hai tanto interese en desprestixiar o traballo do xornalista, porque os que mandan (e refírome aos que mandan de verdade, non aos políticos de turno) saben perfectamente da enorme importancia dos xornalistas. Á fin e ao cabo, unha sociedade desinformada e unha sociedade altamente manipulable. Algo que, por suposto, a eles lles vén moi ben…

    Realmente as túas novelas non se len, devóranse, por culpa dese ritmo que engancha e fai que o lector necesite pescudar quen está detrás de todo, quen o matou, que significa esa inscrición na fonte… E con esta ocorre o mesmo.

    Bueno, é certo que nas miñas novelas o ritmo é unha cuestión determinante. Como nunha boa canción, ou, mellor dito, como nun concerto ben deseñado, cómpre saber en que momento acelerar o ritmo, en que momento soltar as lentas para que o público descanse, e mesmo en que parte do set list largar os nosos grandes éxitos. E si, supoño que aí é onde aínda se pode entrever o músico que unha vez fun. Pero, por suposto, o ritmo non o é todo… Na partitura tamén debe haber unha melodía atractiva, unha bos harmonía que a soporte e, sobre todo, unha boa historia que contar. E, o que é máis importante: non esquecer nunca que unha canción, por boa que poida ser, non é nada sen alguén ao outro lado disposto a cantala contigo…

    Moitas grazas por este intre tan agradable. E a gozar do éxito tan enorme que ten xa este libro e que é plenamente gañado.

    É certo. A acollida non podería ter sido mellor nin nun millón de vidas. Ademais de ver a luz coa concesión do Premio Xerais, a novela en galego esgotou a súa primeira edición en menos dun mes, e a segunda, case igual de extensa que a primeira, vai seguíndolle os pasos, mentres que a versión castelán saíu á venda directamente solapando a primeira e mais a segunda edición. Cifras de récord, abofé, que, sobre todo, non serían posibles sen o apoio constante das decenas e decenas de milleiros de lectores e, moi especialmente, lectoras que libro tras libro, e cada vez máis, agardan e apertan a saída de cada novo título. Por iso, e por moi pesado que poida parecer nas miñas redes sociais, eu non podo máis que facer unha e outra vez o mesmo: dar as grazas, mostrar o meu agradecemento máis sincero a todos os lectores e lectoras que fan que algo tan fermoso como isto siga sendo posible. De todo corazón, moitísimas grazas.

    43

    Tags: Librosnovela negraPedro Feijoo

    RelacionadosArtículos

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder

    10 de May, 2025
    El Corte Inglés busca «manos» para formar un gran lazo solidario en Vigo
    Libros

    Una Miss España presenta su nuevo libro en Vigo

    09 de May, 2025
    Las ‘americanas’ desvelan su jardín secreto en Vigo
    Libros

    Las ‘americanas’ desvelan su jardín secreto en Vigo

    07 de May, 2025
    Seis ideas para regalar en el Día del Libro
    Libros

    Seis ideas para regalar en el Día del Libro

    23 de Abr, 2025
    Eduardo Rolland rescata la épica de la resistencia contra la invasión napoleónica
    Libros

    Eduardo Rolland rescata la épica de la resistencia contra la invasión napoleónica

    17 de Abr, 2025
    Ocho novelas y cómics de aventuras publicados en marzo que no te puedes perder
    Libros

    Ocho novelas y cómics de aventuras publicados en marzo que no te puedes perder

    12 de Abr, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    Un espectacular chalet a pie de playa en Vigo se transformará en un exclusivo complejo con 5 viviendas y piscinas

    Un espectacular chalet a pie de playa en Vigo se transformará en un exclusivo complejo con 5 viviendas y piscinas

    por Redacción
    16 de May, 2025
    0

    ‘Dientes de dragón’, la “novedosa” señal en Vigo para aportar seguridad al CEIP Emilia Pardo Bazán

    Denuncian la expulsión de un niño de Infantil de un colegio de Vigo por no contar con un profesor de apoyo

    por Europa Press
    14 de May, 2025
    0

    Salen a subasta los bienes de un empresario del transporte: uno de sus acreedores reclama 3,5 millones

    Salen a subasta los bienes de un empresario del transporte: uno de sus acreedores reclama 3,5 millones

    por Andrea Mariño
    19 de May, 2025
    0

    Espectacular llegada a la ría de Vigo de los 52 Super Series

    Espectacular llegada a la ría de Vigo de los 52 Super Series

    por Redacción
    18 de May, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 3

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    Una imagen para el recuerdo del Paseo de Alfonso XII
    Más Vigo

    Una imagen para el recuerdo del Paseo de Alfonso XII

    El histórico mirador del Paseo de Alfonso XII, en la ciudad de Vigo, tiene unas vistas realmente privilegiadas sobre la...

    por Julio Alonso
    20 de May, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Reconquista 2015
    Más Vigo

    Reconquista 2015

    La fiesta de la Reconquista de Vigo es un éxito que se repite año tras año. El origen de la...

    por Julio Alonso
    31 de Mar, 2015

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo
    Más Vigo

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo

    Gastando pista o bajo la soberana palmera que presidía el local, miles de parejas viguesas se conocieron en un mítico...

    por Eduardo Rolland
    20 de Feb, 2021

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder

    1) Historia de valientes. Una novela sobre la expedición de Lewis y Clark, de Vardis Fisher. Sinopsis: «La expedición de...

    por Gabriel Romero de Ávila
    10 de May, 2025

    OPINIÓN

    Invertir en enfermeras, garantía de salud
    Opinión

    Invertir en enfermeras, garantía de salud

    Por Asunción Maus Gómez, secretaria general de SATSE en Galicia Respeto, protección, valoración e inversión.  Cuatro palabras con un significado...

    por Redacción
    12 de May, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR