• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 11 de mayo de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Expertos de todo o mundo debaten en Vigo sobre a educación para un mundo interconectado e equitativo

    Participan máis de 200 académicos e académicas de todo o mundo
    Redacción por Redacción
    09 de Oct, 2023
    en Local
    0
    Expertos de todo o mundo debaten en Vigo sobre a educación para un mundo interconectado e equitativo

    Krishna Bista, vicepresidente de STAR Scholars Network; a vicerreitora de Internacionalización, Maribel del Pozo; e profesora da Universidade de Vigo, Elena de Prada, presidenta do comité organizador. / Foto: UVigo

    Transformar o panorama educativo cara un paradigma de equidade e xustiza e que este sirva, á súa vez, como motor transformador para toda a sociedade. Este é escenario futuro sobre o que están a debater este semana en Vigo as e os máis de 200 asistentes á STAR Global Conference 2023, un congreso internacional organizado por STAR Scholars Network e a Cátedra Unesco da Universidade de Vigo.

    STAR Scholars Network é un foro internacional de académicos e académicas que promove a mobilidade social global mediante o uso da investigación e no que traballan 15.000 docentes e estudantes que traballan a través das fronteiras en 2.353 universidades de 115 países. Para a edición 2023 da súa conferencia anual, esta rede aliouse coa Cátedra Unesco da UVigo convertendo así a cidade olívica estes días no epicentro mundial do debate sobre o papel da educación transformadora nun contexto de globalización e hiperconexión.

    En total participan 209 persoas, 140 en modalidade presencial e 69 de xeito virtual, sendo esta a primeira vez que este encontro internacional se celebra en España.

    Noam Chomnsku como convidado 

    No acto de apertura participaron a vicerreitora de Internacionalización, Maribel del Pozo; o vicepresidente de STAR Scholars Network, Krishna Bista, e a presidenta do comité organizador e profesora da Universidade de Vigo, Elena de Prada. Os tres destacaron a importancia de foros coma este, no que académicos de todo o mundo compartan o seu coñecemento e experiencia, discuten estudos científicos e debaten sobre propostas innovadoras que camiñan cara unha práctica educativa transformadora.

    Ademais, puxeron en valor o carácter interdisciplinario e intercultural deste evento, xa que se abordan temas relacionado coa innovación tecnolóxica, a sostibilidade, a saúde ou a internacionalización e conta coa participación de profesionais de Europa, EEUU, Sudamérica e tamén de países, como Nepal, India, Mauricio ou Siria.

    A conferencia inaugural correu a cargo da profesora María Paz Prendes, da Universidade de Murcia, que falou sobre o desafío de formar emprendedores dixitais nas universidades e o reto de formar ao alumnado en competencias clave.

    Ademais, esta evento tivo unha cita moi especial, coa entrega dos premios Noam Chomsky Global Connections Awards. Na cerimonia interviu, de xeito virtual, o lingüista, filósofo, politólogo e activista estadounidense que dá nome a estes galardóns que recoñecen os logros e achegas destacadas á investigación transnacional e que “poñen en valor o mellor da erudición e/ou colaboración entre académicos de todo o mundo”, como explican dende a organización.

    Transformar a educación e a sociedade

    Como explican dende a organización, a sociedade deste século XXI está marcada “pola globalización, a hiperconexión, unha explosión de información e crises ecolóxicas alarmantes”. Para abordar estes desafíos, engaden, é necesario unha “transformación da ciencia, da sociedade e do comportamento humano, e isto só pode conseguirse logrando equidade e xustiza para todos.

    Pero esa transformación social esixe primeiro que transformemos o panorama da educación mesma, modelando e inspirando ao resto da sociedade na dirección correcta”. Precisamente, para abordar estes retos, STAR Global Conference ofrece “un lugar de encontro para académicos e profesionais de todo o mundo para discutir estudos científicos e proxectos innovadores que apoian a práctica educativa transformadora para fomentar o seu crecemento profesional e as súas achegas á sociedade. Cremos que estas prácticas deben ser inclusivas, activas, ambiental e socialmente sostibles e impulsadas por unha visión da tecnoloxía centrada no ser humano”.

    Temáticas e conferencias plenarias

    Ao longo das dúas xornadas que dura este simposio, as e os asistentes abordarán a través de relatorios, mesas de traballo, sesións de comunicación ou presentación diferentes propostas que se agrupan en catro eido temáticos. Por unha banda, exporanse traballos relacionados coa innovación e o progreso tecnolóxico, abordando a intelixencia artificial, a educación en aprendizaxe automático, a alfabetización mediática crítica para a cidadanía dixital ou o papel da tecnoloxía na creación de experiencias de aprendizaxe personalizadas.

    Tamén haberá oco para falar de conectividade global e competencias para a empregabilidade e o emprendemento e de creatividade e innovación na cultura, a empresa, a sociedade e a ciencia.

    Un segundo bloque temático centrarase nos enfoques sostibles e inclusivos no que se refire, por exemplo, ao papel da educación superior na promoción do desenvolvemento sostible e a loita contra o cambio climático; as prácticas de liderado institucional ou as metodoloxías activas, STEAM e aprendizaxe permanente.

    O terceiro bloque céntrase na saúde, tanto mental como no benestar e aposta por enfoques holísticos e polo deporte como factor de desenvolvemento. Finalmente, o último ámbito é o da internacionalización e a comunicación, que comprende miradas sobre a conciencia intercultural e globalización, xestión da diversidade para unha sociedade máis inclusiva e cohesionada e competencias de comunicación efectiva e multilingüismo.

    Entre as conferencias plenarias que van ter estes dous días están as de Rajani Naidoo, da University of Bath e da Cátedra Unesco de Xestión da Educación Superior; Manuel Curado, da Universidade de Minho; María Paz Prendes, da Universidad de Murcia; Krishna Bista, viceoresidente executivo sénior de STAR Scholars Network e e investigador da Morgan State University; Uttam Gaulee, predidente de STAR Scholars Network e tamén investigador da Morgan State University; Chris Glass, vicepresidente exectivo da rede e docente no Boston College; Lynn Pasquerella, presidente da American Association of Colleges and Universities; Pilar Mendoza, da University of Missouri e Mark Runco, da Southern Oregon University

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Investigadores de la UVigo y de la USC aportan nuevos datos sobre cómo vivían los neandertales en Galicia
    Local

    Investigadores de la UVigo y de la USC aportan nuevos datos sobre cómo vivían los neandertales en Galicia

    05 de May, 2025
    Una doctora y una enfermera, testigos en la boda de un paciente oncológico en Povisa
    galicia

    Las universidades gallegas prevén incrementar en cuatro años las plazas de Enfermería

    30 de Abr, 2025
    La UVigo liderará tres proyectos transfronterizos con un presupuesto de 800.000 euros
    Local

    La UVigo retoma mañana las clases tras el apagón

    29 de Abr, 2025
    La ciencia toma las calles de Vigo
    Local

    La ciencia toma las calles de Vigo

    24 de Abr, 2025
    Unos 630 estudiantes de la UVigo se irán de ‘Erasmus’ el próximo año para seguir formándose
    Local

    Unos 630 estudiantes de la UVigo se irán de ‘Erasmus’ el próximo año para seguir formándose

    23 de Abr, 2025
    UVigo celebra o Día Mundial da Creatividade e da Innovación
    local

    UVigo celebra o Día Mundial da Creatividade e da Innovación

    22 de Abr, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    Un coloso español de los mares atracará en Vigo este fin de semana

    Un coloso español de los mares atracará en Vigo este fin de semana

    por David Augusto
    08 de May, 2025
    0

    “¿Cómo va a defender a Vigo como sede una persona que cree que acoger el Mundial es un marrón?”

    “¿Cómo va a defender a Vigo como sede una persona que cree que acoger el Mundial es un marrón?”

    por Redacción
    06 de May, 2025
    0

    “Aunque esta zona de Vigo no esté en ese escaparate que nos quiere vender Caballero, merece el mismo trato”

    “Aunque esta zona de Vigo no esté en ese escaparate que nos quiere vender Caballero, merece el mismo trato”

    por Redacción
    10 de May, 2025
    0

    Primer paso para la ambiciosa reforma de O Vao, que fulminará los últimos campos de Leri

    Primer paso para la ambiciosa reforma de O Vao, que fulminará los últimos campos de Leri

    por Redacción
    05 de May, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 3

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    Lo que queda de La Casa de la Juventud
    Más Vigo

    Lo que queda de La Casa de la Juventud

    Esta es, o ha sido, La Casa de la Juventud, de la ciudad de Vigo. Se trata de un antiguo...

    por Julio Alonso
    10 de May, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    El vigués Méndez Núñez participa en el combate naval del Callao
    Más Vigo

    El vigués Méndez Núñez participa en el combate naval del Callao

    "Combate naval del Callao, ocasión gloriosa para el insigne vigués Méndez Núñez y triste para España, como consecuencia de los...

    por Redacción
    02 de May, 2021

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Cicciolina: “Recuerdo mi visita a Vigo con gran amor”
    Más Vigo

    Cicciolina: “Recuerdo mi visita a Vigo con gran amor”

    Todo el mundo sabe quién es Cicciolina pero es posible que muy pocos la conozcan. Ni siquiera sus datos biográficos...

    por Eduardo Rolland
    18 de Abr, 2021

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder

    1) Historia de valientes. Una novela sobre la expedición de Lewis y Clark, de Vardis Fisher. Sinopsis: «La expedición de...

    por Gabriel Romero de Ávila
    10 de May, 2025

    OPINIÓN

    Sogama refuerza el transporte de residuos por carretera al no poder utilizar la vía férrea
    Opinión

    Yo me apunto a otro apagón

    Fue una sensación reconfortante, salir a la calle y poder hablar con los vecinos con los que nunca te comunicas....

    por Fernando Torres Carbajo
    10 de May, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR