• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 9 de mayo de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A UVigo lidera unha nova expedición ao Atlántico norte para obter datos sobre cambio climático

    Permitirá mellorar as proxeccións dos modelos climáticos para Europa
    Redacción por Redacción
    23 de Jun, 2023
    en Local
    0
    A UVigo lidera unha nova expedición ao Atlántico norte para obter datos sobre cambio climático

    Foto de familia da campaña realizada no 2021. / Foto: UVigo

    Tras unha campaña inicial na que se está a estudar a temperatura, acidificación e falta de osíxeno no Atlántico norte, o proxecto Bocasts2 (Observación bienal del carbono, acidificación, transporte y sedimentación en el Atlántico norte) terá unha segunda fase que se iniciará en agosto e na que participarán expertos e expertas en oceanografía xeolóxica do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, CIM-UVigo.

    O obxectivo de seis investigadores e investigadoras do CIM, xunto con especialistas  do Instituto de Ciencias do Mar de Barcelona (ICM-CSIC), Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM-CSIC) e da Royal Holloway University of London, é realizar unha análise dos sedimentos da zona de fractura de Charlie-Gibbs. Concretamente, preténdese obter varias sondaxes profundas aliñadas ao longo da zona que permitan interpretar as condicións paleoceanográficas e paleoclimáticas do Atlántico norte durante as últimas decenas de miles de anos.

    O proxecto Bocats2 consta de dous subproxectos: un liderado por especialistas do IIM-CSIC e orientado ao estudo da columna de auga; e outro, liderado polo CIM, e dirixido á análise dos sedimentos.

    O investigador Guillermo Francés, coordinador desta segunda fase, explica que “o obxectivo conxunto consiste en avaliar a variabilidade da circulación profunda do Atlántico norte, mellorando a resolución espazo-temporal das correntes actuais e a escala submilenaria mediante datos paleoceanográficos obtidos en rexistros sedimentarios procedentes de lugares claves para a circulación oceánica global como son as zonas da  fractura Bight e Charlie-Gibbs”.

    A obtención e análise destes datos, a través do buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa, ten importancia porque “o seguimento presente e pasado da circulación e a acidificación oceánicas no Atlántico norte é esencial para avanzar na detección precisa do impacto antropoxénico e mellorar as proxeccións dos modelos climáticos que sustentan os informes do IPCC (Grupo Intergubernamental de Expertos sobre el Cambio Climático) para a rexión europea”, aclara Francés.

    A importancia do Atlántico norte

    O investigador comenta que “o coñecemento das flutuacións oceanográficas e climáticas do pasado recente que responde a causas naturais é particularmente interesante nun contexto de cambio global asociado ás actividades humanas”.

    Debemos lembrar que o exceso de dióxido de carbono atmosférico xerado polas mesmas e o quecemento global asociado son mitigados, en boa parte, polos océanos, que absorben aproximadamente un terzo do CO2 emitido e acumulan máis do 90% do exceso de calor.

    Segundo Guillermo Francés, “este proceso está particularmente amplificado no Atlántico norte, onde a captación de CO2 supera nun 50% o valor medio oceánico, o que causa acidificación e que pode poñer en perigo o futuro dos ecosistemas bentónicos”.
     
    Ademais, como consecuencia do quecemento oceánico estanse producindo outros dous fenómenos de importancia: a diminución do osíxeno disolto e a ralentización da circulación oceánica.

    Segundo o experto en oceanografía xeolóxica, “a cantidade de osíxeno disolto xa diminuíu aproximadamente un 2% con respecto ao período comprendido entre 1960 e 2010 e prevese que poida facelo ata un 7% adicional a finais de século.

    Pola súa parte, a circulación do Atlántico norte, que constitúe un elemento esencial na regulación do clima europeo e da península ibérica en particular, xa experimentou unha debilitación recente e as previsións do IPCC apuntan a que sexa máis acusada nas vindeiras décadas”. O que destaca o investigador é que “o propio IPCC resalta a falta de observación para poder cuantificar a magnitude desta redución”, de aí a importancia de proxectos coma estes. 

    Onde?

    A zona de fractura de Charlie-Gibbs, onde se realizará a campaña, é una gran falla transformante, que corta a dorsal centroatlántica, producindo unha pasaxe oceánica profunda que alcanza os 4.000 metros de profundidade e que constitúe a principal vía de comunicación para as augas intermedias e profundas entre as concas do norte oriental e occidental.

    A campaña comezará o 13 de agosto en Reikiavik e finalizará o 30 de agosto en Vigo e está financiada con 124.630 euros do Programa estatal de Xeración do coñecemento do Ministerio de Ciencia e Innovación.

    Primeira fase: oceanografía química

    Bocats2 forma parte dun amplo proxecto que comezou en 2002 e que se pon en marcha cada dous anos. Os datos que recollen están abertos ao público en bases de datos internacionais e é a maior base de datos de dióxido de carbono que se obtén ao longo de toda a columna de auga do Atlántico norte. 

    Na primeira fase do proxecto, na que participou o investigador do CIM, Marcos Fontenla, o equipo está a tomar datos entre tres e catro veces ao día en máis de 100 puntos do Atlántico norte para realizar perfís verticais de hidrografía da columna de auga para caracterizar a súa química. Con este datos poden ver os efectos do cambio climático nas masas de auga.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Investigadores de la UVigo y de la USC aportan nuevos datos sobre cómo vivían los neandertales en Galicia
    Local

    Investigadores de la UVigo y de la USC aportan nuevos datos sobre cómo vivían los neandertales en Galicia

    05 de May, 2025
    Una doctora y una enfermera, testigos en la boda de un paciente oncológico en Povisa
    galicia

    Las universidades gallegas prevén incrementar en cuatro años las plazas de Enfermería

    30 de Abr, 2025
    La UVigo liderará tres proyectos transfronterizos con un presupuesto de 800.000 euros
    Local

    La UVigo retoma mañana las clases tras el apagón

    29 de Abr, 2025
    La ciencia toma las calles de Vigo
    Local

    La ciencia toma las calles de Vigo

    24 de Abr, 2025
    Unos 630 estudiantes de la UVigo se irán de ‘Erasmus’ el próximo año para seguir formándose
    Local

    Unos 630 estudiantes de la UVigo se irán de ‘Erasmus’ el próximo año para seguir formándose

    23 de Abr, 2025
    UVigo celebra o Día Mundial da Creatividade e da Innovación
    local

    UVigo celebra o Día Mundial da Creatividade e da Innovación

    22 de Abr, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    “¿Cómo va a defender a Vigo como sede una persona que cree que acoger el Mundial es un marrón?”

    “¿Cómo va a defender a Vigo como sede una persona que cree que acoger el Mundial es un marrón?”

    por Redacción
    06 de May, 2025
    0

    Un coloso español de los mares atracará en Vigo este fin de semana

    Un coloso español de los mares atracará en Vigo este fin de semana

    por David Augusto
    08 de May, 2025
    0

    Primer paso para la ambiciosa reforma de O Vao, que fulminará los últimos campos de Leri

    Primer paso para la ambiciosa reforma de O Vao, que fulminará los últimos campos de Leri

    por Redacción
    05 de May, 2025
    0

    A la venta por 3,8 millones un «legado icónico» en el corazón de Vigo

    A la venta por 3,8 millones un «legado icónico» en el corazón de Vigo

    por Redacción
    03 de May, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 3

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    Vigo en primavera
    Más Vigo

    Vigo en primavera

    Esta fotografía ha sido tomada desde el monte Alba, concretamente en el Monte de los Pozos. Pero la espectacularidad de...

    por Julio Alonso
    09 de May, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Lluvia y melancolía
    Más Vigo

    Lluvia y melancolía

    Cabe preguntarse qué sería de Galicia sin las lluvias. Las consecuencias son claras: seguramente no tendría el verdor y la...

    por Julio Alonso
    16 de Abr, 2025

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Cicciolina: “Recuerdo mi visita a Vigo con gran amor”
    Más Vigo

    Cicciolina: “Recuerdo mi visita a Vigo con gran amor”

    Todo el mundo sabe quién es Cicciolina pero es posible que muy pocos la conozcan. Ni siquiera sus datos biográficos...

    por Eduardo Rolland
    18 de Abr, 2021

    LIBROS

    El Corte Inglés busca «manos» para formar un gran lazo solidario en Vigo
    Libros

    Una Miss España presenta su nuevo libro en Vigo

    Este viernes, 9 de mayo, a partir de las 19:30 horas se presenta en El Corte Inglés de Vigo el...

    por Redacción
    09 de May, 2025

    OPINIÓN

    Mario Vargas que estás en los cielos
    Opinión

    Mario Vargas que estás en los cielos

    Era un hombre que me caía bien, y en gran medida era por lo que me gustaba oírlo hablar. Hay...

    por Fernando Torres Carbajo
    26 de Abr, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR