• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 10 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Arranca en Vigo un proxecto europeo de 7,2 millóns de euros que avaliará o estado de saúde dos solos da UE

    O reto é proporcionar datos sobre a biodiversidade para que os responsables políticos tomen medidas
    Redacción por Redacción
    16 de Jun, 2023
    en Local
    0
    Arranca en Vigo un proxecto europeo de 7,2 millóns de euros que avaliará o estado de saúde dos solos da UE

    Foto de familia das e dos participantes na reunión de lanzamento do proxecto. / Foto: UVigo

    Velar pola saúde e a biodiversidade dos solos europeos. Este é, en esencia, o grande obxectivo co que se pon en marcha o proxecto europeo SOB4ES, Integración da biodiversidade do solo nos servizos ecosistémicos: comprobación da rendibilidade dos indicadores de biodiversidade do solo e da prestación de servizos ecosistémicos baseados na biodiversidade para crear mellores solucións de xestión que apliquen eficazmente a estratexia da Unión Europea para o solo.

    Financiado con 7,2 millóns de euros e cunha duración de cinco anos, o proxecto está coordinado pola Universidade de Vigo e foi precisamente a cidade olívica a elixida para celebrar esta semana a reunión de lanzamento, un encontro no que participaron representantes dos 19 socios implicados, profesionais procedentes de máis dunha ducia de países: Francia, Grecia, Países Baixos, Suecia, Irlanda, Italia, Reino Unido, Alemaña, Bélxica, República Checa, Israel, Eslovenia, Romanía e Suíza.

    O consorcio está dirixido pola catedrática do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo Mª Jesús Iglesias Briones, quen conta cunha longa traxectoria profesional que inclúe a participación en numerosos proxectos internacionais, entre os que cabe destacar a elaboración no ano 2021 do informe State of Knowledge of Soil Biodiversity, promovido pola FAO e no que participaron máis de 300 científicos e científicas de todo o mundo ou, previamente, ter sido seleccionada para formar parte do Comité Global Soil Biodiversity Assessment (GSBA), cuxa primeira misión foi elaborar o Atlas Global de Biodiversidade do Solo.

    O estado actual dos solos

    “O primeiro que faremos é tratar de obter unha visión moi completa da biodiversidade dos solos europeos de distintas rexións climáticas, en distintos tipos de ecosistemas e con diferentes tipos de intensidade de manexo para así determinar o estatus real da biodiversidade destes solos”, explica a catedrática viguesa.

    Esa sería a primeira parte, o obxectivo inicial, pero, a partir de aí o proxecto inclúe moitas outras facetas.

    “Imos tentar relacionar eses datos con aspectos condicionais sobre como funcionan eses ecosistemas e establecer o que se chaman os servizos ecosistémicos”, subliña a investigadora, quen explica que estes servizos ecosistémicos se dividen en catro grandes tipos: os de aprovisionamento, como por exemplo, a produción agrícola; de soporte, é dicir, que a biodiversidade facilita e mellora a estrutura dos solos; de regulación, no senso de que participan na reciclaxe de nutrientes, o secuestro de carbono, etc. e, xa por último, os estruturais, “e aquí o que imos tentar é  que a biodiversidade do chan polo feito de existir teña tamén un valor, como o pode ter, por exemplo, un oso panda”.

    Conservación da biodiversidade

    “O desafío é proporcionar coñecemento sobre a biodiversidade do solo para permitir que os responsables políticos integren medidas efectivas de conservación da biodiversidade do solo na lexislación da UE”, explica Iglesias Briones, resaltando a idea de que o obxectivo a longo prazo de SOB4ES é apoiar a estratexia do solo da UE e a próxima Lei Lei Europea de Saúde do Solo con desenvolvementos de políticas que inclúan medidas concretas e incentivos para garantir a protección, restauración e usos sostibles dos solos en toda a UE.

    “Búscase que todos os estados membros se aseguren que os solos están sans, e con sans referímonos a que funcionen ben e respondan a todos eses servizos ecosistémicos”, subliña a investigadora, ao tempo que engade que “un solo san é un solo vivo e, polo tanto, funcional e que proporciona todos os servizos ecosistémicos”.

    Ao seu modo de ver, isto nada ten que ver co concepto de ‘calidade do solo’, de manexo habitual ata hai pouco tempo, e que se refire, case de xeito exclusivo, a termos de produtividade. “A base de engadir fertilizantes podemos, por exemplo, ter moita biomasa de cereal, pero iso non significa que o solo estea san, de feito aí a biodiversidade está feita polvo, xa que estás engadindo químicos para reemprazar o que te daría de xeito natural un solo san”, subliña Iglesias Briones.

    Participación da UVigo

    A UVigo participará de xeito activo en todos os paquetes de traballo, ademais de exercer a coordinación xeral. Entre outros moitos aspectos, desde a institución académica viguesa vaise participar na recollida de mostras de campo para identificar todos os organismos edáficos, facer análises químicas e ata implementar unha ferramenta dixital dirixida a que a sociedade se achegue a estas cuestións e poida coñecer mellor os solos.

    “Son multitude de aspectos, pero todos deben ir dirixidos a conseguir información útil para o Observatorio de Solos Europeo”, engade a coordinadora, quen explica que o proxecto inclúe tamén a creación dos soportes dixitais necesarios para estruturar toda esa información que se vaia recollendo ao longo do proxecto e transferila ao observatorio.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El ascensor de las sorpresas
    Más Vigo

    El ascensor de las sorpresas

    Las personas que habitualmente utilizan este ascensor ya han perdido la cuenta del número de averías desde su inauguración. Se...

    por Julio Alonso
    10 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR