• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 19 de agosto de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A UVigo celebra a toma de posesión de 39 novos catedráticos, e 75 docentes titulares

    O reitor amosa no acto o seu orgullo por un PDI que é “bo exemplo da vitalidade da institución”
    Redacción por Redacción
    09 de Jun, 2023
    en Local
    0
    A UVigo celebra a toma de posesión de 39 novos catedráticos, e 75 docentes titulares

    Foto de familia das persoas que asistiron ao acto no exterior do edificio Ernestina Otero. / Foto: UVigo

    A Universidade de Vigo viviu este venres “un día de festa”, unha celebración na que se homenaxeou a todos os docentes que ao longo de 2022 obtiveron praza como catedráticos/as e titulares. Son en total 114 docentes: 25 novos catedráticos, 14 catedráticas e 75 titulares -42 homes e 33 mulleres-.

    Para eles e elas organizouse este acto de toma de posesión no paraninfo do edificio Ernestina Otero, un “pequeno agarimo para quen é bo exemplo da vitalidade da institución, a calidade que teñen as nosas profesoras e profesores e o ben que levan facendo o seu traballo durante moito tempo”, tal e como lles subliñou o reitor, Manuel Reigosa, quen se referiu a esta data como “un día de ledicia no que se celebra o éxito profesional de tantos de vós”.

    A apertura do acto correu a cargo da vicerreitora de Profesorado e Ordenación Académica, Patricia Valcárcel, quen amosou o orgullo da Universidade de Vigo “por ver como o traballo ben feito de todas as persoas que forman parte desta comunidade dá os seus froitos” e, a continuación, foi a secretaria xeral, Mª José Bravo Bosch, a encargada de ir chamando individualmente ás profesoras e profesores para asinar a toma de posesión e, posteriormente, recoller a insignia de mans do reitor.

    “Non todo o mundo puido vir porque as obrigas profesionais non sempre o permiten, pero estou certo de que de corazón todos están aquí”, salientoulles o reitor, reiterando a idea de que este evento “é un día de celebración, individual para cada un de vós, pero tamén de celebración para toda a Universidade”.

    Reigosa aproveitou tamén a ocasión para pedirlles que non decaian nos seus esforzos. Aos docentes titulares subliñoulles que agarda velos “o máis axiña posible” tomando posesión como catedráticos e, aos xa catedráticos e catedráticas -o máximo nivel ao que se pode chegar dentro da universidade española- retounos a seguir avanzando nos seus proxectos e a loitar por situar os seus grupos de investigación en posicións cada vez máis líderes.

    Tamén lles falou dos “vimbios”  que fan da Universidade de Vigo algo moi especial: “o primeiro, o agarimo que amosamos cara a docencia e a aposta pola igualdade; o segundo, o recoñecemento do mérito e da capacidade e, a partires de aí, moitas outras cuestións como o traballo continúo co resto da sociedade, tamén a nivel internacional”. Neste senso, o reitor adiantou neste acto que a UVigo se sitúa no primeiro cuartil de universidades do mundo que máis colaboran internacionalmente, “e iso é algo que só vos debemos a vós”.

    Un camiño «cheo de incertezas»

    Só cada un dos ‘homenaxeados’ sabe o esforzo que hai detrás destas acreditacións, pero todos amosaron o sentimento común de que a profesión de docente universitario é unha verdadeira carreira de fondo que require de moita constancia, dedicación e paciencia ou, dito doutro xeito, unha gran combinación de esforzo e talento.

    Entre as persoas que tomaron posesión como catedrática atópase a directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Rebeca Díaz, para quen chegar ata aquí tampouco foi doado.

    “Ser muller nun contexto moi masculinizado non pon as cousas precisamente fáciles”, salienta Díaz, quen engade que na súa área de coñecemento, Enxeñaría Telemática, “con datos do mes de xaneiro, só somos tres mulleres catedráticas en toda España e, no caso da miña escola, só dúas mulleres acadamos esta categoría, cifras que amosan unha situación de clara desigualdade e que non fai xustiza á competencia e profesionalidade das mulleres deste sector”.

    Como en toda traxectoria profesional, houbo momentos complicados e tamén moitos gratificantes, “entre eles o día que me notificaron que conseguira a acreditación de catedrática, polo recoñecemento externo á miña traxectoria, ou o día da elección como directora do meu centro, polo voto de confianza dos meus compañeiros”.

    No caso do profesor Roberto Bustillo, catedrático da área de Dereito Administrativo, lembrouse neste día das persoas que lle abriron camiño para chegar ata aquí: “meus pais, pois sen o seu apoio persoal e económico non podería ter continuado na universidade, e tamén do meu profesor de Dereito Administrativo na licenciatura e logo director da miña tese de doutoramento, Luís Martín Rebollo, que sempre foi para min inspiración e un exemplo académico”.

    Entre as principais dificultades da carreira académica destaca “as incertezas prolongadas ao longo do tempo e a caprichosa variabilidade dos sistemas de selección e das regras do xogo”. Desde o seu punto de vista, é necesario introducir máis seguridade xurídica, en termos legais, e máis empatía, en termos humanos, na selección e formación do profesorado universitario.

    Novos docentes titulares

    Con non menos satisfacción recolleron a súa acreditación os novos docentes titulares. Para Rosalía Rodríguez Vázquez, profesora do Departamento de Filoloxía inglesa, francesa e alemá e codirectora do Laboratorio de Linguaxe e Cognición, un proxecto do que se sente especialmente orgullosa, sempre tivo claro que quería dedicarse ao mundo das Artes e as Letras.

    “Grazas ás bolsas de organismos galegos e británicos doutoreime en Fonoloxía  e Música pola Universidade de Edimburgo, Escocia, no 2007, ano no que tamén defendín unha segunda tese e me doutorei en Filoloxía Inglesa pola UVigo”, explica a docente, quen lembra a súa época como profesora interina de substitución, primeiro, e contratada doutora, despois, acredita pola Aneca a profesora titular desde 2015.

    “Nestes anos impartín moitísima docencia especializada en diversos graos e mestrados”, subliña, ao que engade que “para min chegar ás aulas e poder transmitir coñecemento, poder facer que o alumnado se abra a novas ideas, cuestione teorías… ten un valor inmenso”.

    Para Marcos Dopico, decano comisario da nova Facultade de Deseño no campus de Pontevedra, este acto serviulle tamén para botar a ollada atrás, ata o ano 2002, cando comezou como docente na UVigo. Chegar a titular de universidade supón, ao seu modo de ver, un referendo ao labor docente e investigador de todos estes anos.

    “É un paso máis na miña carreira persoal, pero tamén construír universidade, poder participar na xestión, investigación e docencia nunha posición que permita consolidar a universidade dende o ámbito no que eu estou”, explica o docente. “A universidade é unha carreira de fondo, por iso o máis difícil para min en este proceso foi superar certos momentos de incerteza, e saber adaptarse no teu traballo ás demandas que pide o alumnado nun mundo tan cambiante como o noso”.  

    Máis de 1.600 PDI

    A cifra actual de persoal docente e investigador da Universidade de Vigo sitúase na actualidade en algo máis de 1.600 persoas. A categoría máis numerosa é a de docentes titulares, 576, dos que 322 son homes e 254 mulleres, seguido do corpo de persoal catedrático, 224 persoas, das que 159 son homes e só 65 mulleres, cifras que dan conta de que o coñecido como teito de cristal, tamén existe na universidade, aínda que se agarda vaia minguando ano a ano. 

    Son tamén moi representativas as cifras de  profesorado contratado doutor, 177, con 96 mulleres e 81 homes; e de profesorado asociado, 298 -189 homes e 102 mulleres-. A listaxe continuaría con outros tipos de categorías como profesor axudante doutor (78), contratado FPU (27) ou investigadores Ramón y Cajal (27), só por citar algúns exemplos.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Caballero: «Vigo tiene que tener una Facultad de Medicina»
    Local

    Caballero: «Vigo tiene que tener una Facultad de Medicina»

    07 de Ago, 2025
    A UVigo recupera posicións no ránking de Shanghai, situándose entre as 600 mellores universidades do mundo
    Actualidad

    El Colegio de Médicos de Pontevedra cuestiona la calidad de la enseñanza en Santiago y apoya la demanda de Vigo

    07 de Ago, 2025
    Nuevo mitin de Caballero en el pleno de Vigo, donde se logró unanimidad sobre la facultad de Medicina
    galicia

    La Xunta inyecta 20,7 millones para fortalecer la I+D en las universidades gallegas

    04 de Ago, 2025
    La Xunta propone descentralizar el Grado de Medicina
    Local

    La Xunta propone descentralizar el Grado de Medicina

    01 de Ago, 2025
    La UVigo recibirá una ayuda de 7,5 millones para fortalecer su área de fotónica
    Local

    La UVigo recibirá una ayuda de 7,5 millones para fortalecer su área de fotónica

    31 de Jul, 2025
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Sanidade anuncia que la Universidades de Vigo y A Coruña podrán adscribir hospitales de toda Galicia

    29 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Grada alternativa (y gratuita) desde el exterior de Balaídos para ver el Celta: «La gente venía a reservar»

    Grada alternativa (y gratuita) desde el exterior de Balaídos para ver el Celta: «La gente venía a reservar»

    por Redacción
    18 de Ago, 2025
    0

    Restablecida la circulación de trenes en Galicia bloqueados por los incendios

    Restablecida la circulación en las autovías AG-53 y A-52 y la carretera N-525 tras los cortes por incendios

    por Europa Press
    13 de Ago, 2025
    0

    Incendios en Ourense: sin línea férrea y con cortes en la A52

    Incendios en Ourense: sin línea férrea y con cortes en la A52

    por Redacción
    16 de Ago, 2025
    0

    La magnitud de los incendios se agrava en una jornada de retorno: sin tren y con peligro en las carreteras

    La magnitud de los incendios se agrava en una jornada de retorno: sin tren y con peligro en las carreteras

    por Redacción
    17 de Ago, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Vigo se llena de turistas
    Más Vigo

    Vigo se llena de turistas

    La fotografía es explícita: la Porta do Sol de la ciudad de Vigo se llena de turistas. Y esto ocurre...

    por Julio Alonso
    19 de Ago, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro
    Libros

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro

    La poesía con aroma a mar tiene una cita ineludible en el Casco Vello de Vigo. El próximo 7 de...

    por Redacción
    04 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    O Marisquiño entra en fase decisiva: así va el Dirt Jump y el Descenso MTB del Casco Vello
    Opinión

    La kultura del patinete

    La Fundación Contemporánea (con su Observatorio de la Cultura) presentó hace unos meses su informe 2024, que comprende una serie...

    por Fernando Torres Carbajo
    19 de Ago, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR