• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 6 de septiembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Ortiga e Dani, dobre aposta pola música feita en Galicia no Sonora ‘2.3

    A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade do teatro
    Redacción por Redacción
    21 de Mar, 2023
    en Local
    0
    Ortiga e Dani, dobre aposta pola música feita en Galicia no Sonora ‘2.3

    Cartel del festival Sonora 2.3, con Dani y Ortiga. / Foto: UVigo

    Ortiga e Dani, nomes artísticos de Manuel González, alias Chicho, e Daniela Díaz Costas, conforman o cartel de Sonora ‘2.3, o festival das novas músicas da UVigo, que se celebrará o 13 de abril a partir das 17.30 horas no teatro Vidal Bolaño de Cidade Universitaria do campus vigués.

    “Partindo da base de que unha das características de Sonora é presentar unha programación variada, con diferentes perfís, neste caso a Vicerreitoría de Extensión aposta por dous intérpretes galegos, Ortiga e Dani, porque desexamos impulsar e recoñecer o talento da nosa comunidade”, explica da vicerreitora Susana Reboreda Morillo, que considera que as artes galegas, en xeral, e a música en particular, “están nunha fase de esplendor e de expansión, máis importante se cabe, porque vén da man de artistas xoves que a través do seu traballo recoñecen a importancia da nosa lingua”.

    Dani será a primeira en subir ao escenario do Vidal Bolaño a partir das 17.30 horas, mentres que Ortiga comezará a súa actuación unha hora máis tarde. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade do teatro.

    ‘Posdata, novo traballo de Dani  

    No seu regreso á Universidade de Vigo, na que foi alumna do Grao de Publicidade e Comunicación Audiovisual no campus de Pontevedra, Dani presentará o seu novo traballo ‘Posdata’, que serve de continuación ao de debut ‘Veinte’, que publicou en 2022, cando tiña 19 anos. 

    En ‘Posdata’, Dani, continuadora da tradición musical viguesa, herdada da súa nai, Rosa Costas, membro de Aerolíneas Federales e do seu tío, Miguel Costas, integrante de Siniestro Total, presenta unha radiografía sentimental dos seus dous últimos anos e medio, e no que o desamor funciona como detonador dun empoderamento que serve de fío común nos dez temas que conforman o disco.

    Como “un disco con moitos salseos” define a propia Dani o seu novo traballo, que inclúe temas como No te voy a mentir, que simboliza o inicio dunha nova etapa na que se foi a vivir a Madrid ou Ceras rosas, nacida dun sentimento de carencia de conexión con ela mesma. 

    Neste novo traballo, a viguesa volve estar acompañada por Aaron Rux como coautor e produtor, salvo nos temas Nubes, producida por Juan Izquierdo e Códigos, asinada por InnerCut. 

    Verbena e ritmos latinos de Ortiga 

    Ortiga será o encargado de encher a partir das 18.30 o Vidal Bolaño coa súa particular visión musical, na que conviven o espírito das verbenas cos ritmos latinos.

    Fusión de cumbia, merengue, bachata e autotune foi o que o músico santiagués despregou no seu primeiro traballo ‘Chicho & sus chichas’, logo da disolución de Esteban & Manuel, o dúo do que formou parte entre os anos 2017 e 2018 e no que creou o estilo denominado cumbiatune e psicocumbia e tamén da súa participación en Boyanka Kostova. 

    ‘Sabes el camino que elegí’ foi o segundo traballo de Ortiga, no que músico seguiu a fusionar os sons latinoamericanos co espírito galego. Da man de Ernie Records, o traballo de Ortiga, que toma os eu nome dunha pintada que hai en Ourense, diante do Pueblo Café Cultural, adéntrase no merengue e nos ritmos latinos, a salsa e o funk.

    “Creo que é un album máis complexo, tanto nas letras como en música”, sinala o músico sobre un traballo que foi quen de simultanear coas súas colaboracións co cantante Pili Pampín. 

    Diversas facetas da cultura  

    Coa celebración do festival Sonora a Vicerreitoría de Extensión Universitaria da UVigo pretende amosar, segundo Susana Reboreda, “as diversas facetas da cultura e manifesta o noso respecto de apoio a través da organización de actividades en diferentes eidos dirixidos á comunidade universitaria e á sociedade”.

    Para a vicerreitora, Sonora “ensalza a música como factor de encontro entre o público que é chamado a acudir ao campus de Vigo para pasar un rato de ocio e divertimento”.

    43

    Tags: conciertosdaniOrtigaUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Vuelve la ‘Ciencia con C de Cinbio’ de la UVigo con actividades gratis para todo el público
    Local

    Vuelve la ‘Ciencia con C de Cinbio’ de la UVigo con actividades gratis para todo el público

    03 de Sep, 2025
    Vegetación «más verde», «sana» y «discontinua»: vías para proteger el territorio ante futuras olas de incendios
    Actualidad

    Vegetación «más verde», «sana» y «discontinua»: vías para proteger el territorio ante futuras olas de incendios

    30 de Ago, 2025
    Comienza la cuenta atrás para el Galicia Fest, «el festival que Vigo pedía y precisaba»
    Música

    Comienza la cuenta atrás para el Galicia Fest, «el festival que Vigo pedía y precisaba»

    27 de Ago, 2025
    Una veintena de estudiantes de la UVigo recibirán becas de la Xunta para estudiar fuera de la UE
    Local

    Una veintena de estudiantes de la UVigo recibirán becas de la Xunta para estudiar fuera de la UE

    25 de Ago, 2025
    El Puerto de Vigo se transforma en un jardín marino
    Ciencia y Tecnología

    El Puerto de Vigo se transforma en un jardín marino

    20 de Ago, 2025
    Caballero: «Vigo tiene que tener una Facultad de Medicina»
    Local

    Caballero: «Vigo tiene que tener una Facultad de Medicina»

    07 de Ago, 2025

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    EuroMillones, el sorteo que se ha integrado en nuestra cultura

    EuroMillones, el sorteo que se ha integrado en nuestra cultura

    por Iago Castro
    25 de Ago, 2025
    0

    El lujo residencial se extiende en el rural de Vigo: así son los 10 nuevos chalés ya a la venta en Castrelos

    El lujo residencial se extiende en el rural de Vigo: así son los 10 nuevos chalés ya a la venta en Castrelos

    por María Alonso
    03 de Sep, 2025
    0

    Ya asoma en Vigo el terraplén donde se levantará una nueva gasolinera ‘low cost’

    Ya asoma en Vigo el terraplén donde se levantará una nueva gasolinera ‘low cost’

    por María Alonso
    04 de Sep, 2025
    0

    Resuelta la confusión sobre el radar de tramo entre Candeán y Puxeiros en la AP-9

    Resuelta la confusión sobre el radar de tramo entre Candeán y Puxeiros en la AP-9

    por Redacción
    04 de Sep, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El último barco de Domingo Villar
    Más Vigo

    El último barco de Domingo Villar

    Durante las últimas semanas se estuvo rodando en diferentes localizaciones de la ciudad de Vigo “El último barco”, en formato...

    por Julio Alonso
    05 de Sep, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    8 novelas y cómics de aventuras publicados en agosto que no te puedes perder
    Libros

    8 novelas y cómics de aventuras publicados en agosto que no te puedes perder

    Acaba el mes del calor y los parones veraniegos, y lo hace con unas cuantas novedades editoriales de lo más...

    por Gabriel Romero de Ávila
    30 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    A Cañiza estrena el sistema de alertas masivo: los vecinos, obligados a confinarse ante el grave incendio
    Opinión

    Hay un lugar en Europa con grandes bosques y pocos incendios

    - Ah, ya sé, Vd. está hablando de Finlandia con sus inmensos bosques que llegan hasta el Círculo Polar. -...

    por Fernando Torres Carbajo
    30 de Ago, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR