• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 9 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Augaventura regresa con flyboard, descenso de rápidos, surf, wakeboard, windsurf e mergullo

    Tamén haberá unha actividade na illa de San Simón que combina caiac, andaina e snorkel. As actividades están abertas tanto á comunidade universitaria como a persoas vinculadas
    Redacción por Redacción
    14 de Mar, 2023
    en Local
    0
    Augaventura regresa con flyboard, descenso de rápidos, surf, wakeboard, windsurf e mergullo

    Bautismo de surf da pasada edición. / Foto: UVigo

    Coa chegada da primavera regresa tamén unha nova edición do programa de actividades no medio acuático, Augaventura. Esta proposta da Área de Benestar, Saúde e Deporte está aberta tanto á comunidade universitaria como persoas vinculas á institución con prezos que varían segundo o colectivo.

    As modalidades deportivas que se ofrecen non sofren cambios respecto de edicións anteriores e comprenden sete modalidades: flyboard; descenso de rápidos; unha ruta á illa de San Simón que combina caiac, andaina e snorkel; surf; wakeboard; windsurf e mergullo. As sesións desenvolveranse en diferentes puntos da xeografía da provincia de Pontevedra entre os meses de abril e comezos de maio.

    Descenso de rápidos

    A primeira das citas de Augaventura primavera será o 14 de abril co descenso de rápidos, unha actividade que se desenvolverá no río Miño ao seu paso por Arbo. O prazo de inscrición está aberto ata o 9 abril e as persoas interesadas en participar deberán saber nadar e levar traxe de baño, a toalla e calzado, mentres que o resto do equipamento será entregado pola empresa organizadora, Arrepións. Os prezos da inscrición varían segundo os colectivos: 15 euros para membros da comunidade universitaria, familiares, egresados ou persoas xubiladas; 22,5 euros para outras persoas vencelladas á UVigo e 30 euros para persoas alleas que acompañen a un membro da comunidade, estando o transporte incluído no prezo.

    Flyboard

    Ao día seguinte, 15 de abril, a cita será co flyboard, unha modalidade na que se emprega unha táboa suxeita aos pés cunhas botas que propulsan un chorro de auga controlado que permite elevarse sobre o mar. A actividade desenvolverase no peirao de Bouzas en colaboración coa empresa Tierra y Mar e o prezo varía entre os 20 euros para membros da comunidade universitaria, familiares, egresados ou persoas xubiladas; os 30 euros para outras persoas vencelladas e 40 euros para as persoas alleas á institución que participen como acompañantes. Para participar cómpre inscribirse antes do 9 de abril e como requisitos é necesario saber nadar e levar traxe de baño, toalla e  chancletas.

    Bautismo de surf

    Outra das actividades deste programa é o bautismo de surf, que se organiza en colaboración con Prado Surf Escola na praia de Patos. Neste caso ofrécense tres datas diferentes: 16, 23 e 30 de abril, sendo as datas límite de inscrición os días 9, 16 e 23 do mesmo mes, respectivamente. As e os participantes só deberán levar traxe de baño, chanclas e toalla, xa que o equipamento deportivo corre a cargo da empresa. Os prezos varían entre os 6 euros, os 9 euros e os 12 euros segundo o colectivo.

    Windsurf

    Para as persoas que prefiran unha táboa con vea, o 18 de abril terá lugar unha sesión de iniciación ao windsurf en Bouzas e en colaboración con Tierra y Mar, que achegará todo o equipo salvo o traxe de baño, calzado e útiles de ducha. Os prazos da matrícula van entre os 10 euros , os 15 euros e os 20 euros e a data límite de inscrición será o 9 de abril. O único requiso é saber nadar.

    Ruta pola illa de San Simón

    Como vén sendo habitual nos últimos anos, nesta edición tamén se oferta a ruta pola illa de San Simón, que combina diferentes modalidades deportivas como kaiak, andaina e snorkel. A actividade, que ser realizará o 22 de abril, consiste nunha travesía en caiac pola enseada de San Simón, na que se realizarán diferentes paradas de interese como a estatua de Xulio Verne. Unha vez na illa visitaranse as dependencias nun percorrido guiado por este ben de interese cultural para, finalmente, volver ao mar e realizar unha pequena parada nos illotes de San Bartolomé e San Norberto para coñecer a lenda dos naufraxios de Rande. Se as condicións o permiten, neste punto poderase practicar snorkel.

    Para participar nesta propostas é obrigatorio saber nadar e contar cunha condición física que permita meterse na auga, padexar, cargar coa embarcación e camiñar unha distancia aproximada duns 4 kilómetros. As persoas participantes deberán levar chanclas, bañador e toalla, mentres que o resto do material (licra, neopreno, chaleco salvavidas, gafas e aletas) corre a cargo da empresa organizadora, Marexada. O prazo de matrícula estará aberto ata o 16 de abril e os prezos varían entre 20 euros, 30 euros e 40 euros.

    Mergullo

    Para as persoas que elixan a práctica do mergullo, Augaventura ofrece dúas datas alternativas: 29 de abril e 6 de maio.  A actividade será nas illas Cíes, con saída dende o peirao de Bouzas en colaboración coa empresa Buceo Islas Cíes. Os prezos van dos 45 euros para comunidade univesitaria, familiares e persoas egresadas, ata 67,5 euros para outros colectivos vinculados e 90 euros para as e os acompañantes.

    Wakeboard

    Xa para pechar a programación de Augaventura, o 7 de maio terá lugar unha sesión de wakeboard ou esquí acuático, en colaboración con Tierra y Mar no peirao de Bouzas. Os prezos son de 10 euros para a comunidade universitaria, familiares e alumni; 15 euros para outros colectivos vencellados á UVigo e 20 para o resto da cidadanía que participe como acompañante. Para esa actividade é necesario saber nadar e cómpre levar bañador, chanclas, toalla e útiles de ducha, o resto do equipo facilitarao Tierra y Mar. A organización tamén lembra que esta actividade está totalmente desaconsellada para mulleres embarazadas, persoas con patoloxías graves de costas ou pescozo e luxacións de ombreiros ou xeonllos ou otite.

    43

    Tags: AugaventuraUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo y la USC, entre las 400 universidades más sostenibles del mundo, según el QS Sustainability Ranking
    Local

    La UVigo renuncia a crear una facultad de Medicina

    06 de Nov, 2025
    El vehículo autónomo de la UVigo y el CTAG se expande a la ciberseguridad
    local

    A UVigo celebra o Día da Ciencia en Galego co lanzamento do concurso de monólogos Gargallada Científica

    05 de Nov, 2025
    «Caballero no tiene ni voluntad ni ganas de hablar sobre los problemas reales que afectan a Vigo”
    Local

    Caballero anuncia un plan de 2,5 millones para rescatar viviendas en Vigo

    31 de Oct, 2025
    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero
    Local

    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

    29 de Oct, 2025
    García Mateo espera ser la primera rectora de la UVigo para que la institución «pase de la improvisación a la solvencia»
    Local

    García Mateo espera ser la primera rectora de la UVigo para que la institución «pase de la improvisación a la solvencia»

    22 de Oct, 2025
    La catedrática Carmen García Mateo anuncia su candidatura al Rectorado de la UVigo tras postularse Belén Rubio
    Local

    La catedrática Carmen García Mateo anuncia su candidatura al Rectorado de la UVigo tras postularse Belén Rubio

    21 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    por Redacción
    05 de Nov, 2025
    0

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    A la espera de alguna erupción
    Más Vigo

    A la espera de alguna erupción

    Esta fotografía muestra los conocidos volcanes ubicados al final de la Avenida de Castelao, en la ciudad de Vigo. Se...

    por Julio Alonso
    07 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza
    Libros

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza

    La escena cultural de Vigo se prepara para acoger un evento que trasciende lo meramente editorial. Este sábado, 8 de...

    por Redacción
    07 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Luisa Sánchez, candidata del PP de Vigo: «Mi vocación es de permanencia. Vengo para quedarme»
    Opinión

    Estimada Luisa

    Estimada Luisa, me llamo Xoán y soy de Vigo, de toda la viga (perdón), de toda la vida. Vivo en...

    por Xoán López
    08 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR