• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 9 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Montmeló y Silverstone, circuítos onde o UVigo Motosport probará o seu monopraza UM23

    O coche, deseñado, construído e pilotado por estudantes da UVigo, participará este verán en tres probas, dúas delas na pista británica
    Redacción por Redacción
    13 de Mar, 2023
    en Local
    0
    Montmeló y Silverstone, circuítos onde o UVigo Motosport probará o seu monopraza UM23

    Parte do equipo do Uvigo Motorsport desta temporada 2022/2023 co UM23. / Foto: UVigo

    Os circuítos de Silverstone e Montmeló son os elixidos polo UVigo Motorsport para poñer a proba o seu monopraza da competición Formula Student, o UM23.

    O coche, deseñado, construído e pilotado por estudantes da Universidade de Vigo, participará este verán en tres probas, dúas delas na pista británica, onde competirán na proba clásica do Formula Student UK e tamén no Formula Student UK AI para vehículos autónomos, e no Formula Student Spain.

    As dúas citas en Reino Unido desenvolverase simultaneamente entre o 19 e o 23 de xullo. Na competición clásica, a máis prestixiosa de toda Europa á que só se pode acceder por invitación, participarán 76 equipos, con tres representantes españois: dúas escudarías da Universidade de Pais Vasco e o UVigo Motorsport.

    Mentres, na competición de vehículos autónomos serán 20 equipos, con tres representantes españois: a UVigo, a Universidade do País Vasco e a Politécnica de Madrid. 

    A cita da Formula Student Spain terá lugar entre o 6 e o 12 de agosto no circuíto de Montmeló. Como explica Óscar Hermida, responsable de Organización e Márketing de UVigo Motorsport, “este evento é o máis grande do seu tipo en España e atrae equipos de todo o mundo que compiten en diversas categorías”.

    Para esta edición están aceptados xa 90 equipos universitarios, sendo unha cita pola que o equipo vigués desenvolveu “certo cariño, xa que ten lugar en territorio nacional” e na que adoitar competir cada verán, como destaca o representando da escudaría.

    En xeral, os tres eventos son “unha oportunidade” para que os integrantes do equipo da UVigo “amosen as súas habilidades e talentos no deseño” e recoñecen estar “optimistas” e tamén “emocionados” por ter a oportunidade de participar “nestas tres importantes competicións” .

    Con todo, estas tres non son as únicas probas nas que foi aceptada a escudaría da UVigo. En total presentáronse ao proceso selectivo de oito competicións e foron aceptados en todas, ”o que pon o equipo nun dos mellores lugares dos últimos anos”. Pero a distancia entre países e a imposibilidade de transportar o monopraza con tan pouco marxe temporal fixo que tivesen que decantarse por unhas probas e descartar outras. 

    O UM23

    Dende o equipo vigués agardan poder mellorar neste 2023 os resultados obtidos na pasada temporada, na que competiron en Hungría no Formula Student East e en Castellolí no Formula Student Spain.

    “Foron os mellores da historia do equipo: un 3º posto no Business Plan e un 5º na proba Endurance, modalidade de resistencia que moi poucos equipos logran terminar”. Destacan que “a mellora nos resultados está sendo superlativa”, recalcan, e non só nas carreiras, “senón tamén no que atinxe á presenza nos medios e redes sociais”. 

    Para mellorar estes resultados o equipo contará co UM23, un novo monopraza que nace da mellora do vehículo da pasada edición. “Estamos desenvolvendo un coche que intentará mellorar os resultados conseguidos ata agora”, explican, e neste proceso “o feedback obtido das probas feitas ata agora e dos axustes no monopraza da temporada anterior é crucial, xa que amosas os aspectos a mellorar e retocar”. 

    71 estudantes por un soño

    O equipo UVigo Motorsport que debe deseñar, fabricar e competir co UM23 está formado nesta temporada por 71 estudantes, case o dobre que en temporadas anteriores, tras un exitoso proceso de ampliación.

    Esta extensa base de traballo permite que na escudaría haxa representación de 21 das titulacións das que se imparten na Universidade de Vigo. O alumnado máis numeroso é o de Enxeñaría Mecánica (21) e o de Enxeñaría Informática (12), seguidos polo de Enxeñaría Aeroespacial (8) ou Intelixencia Artificial (4), pero en UVigo Motorsport tamén hai estudantado de titulacións como Educación Social, Enxeñaría de Organización ou Administración e Dirección de Empresas. 

    Para organizar un equipo tan amplo, nesta temporada tamén decidiron realizar cambios organizativos, como a creación de subdivisións dentro dalgúns dos departamentos máis grandes, o cal permite axilizar os procesos, ou a implantación dunha nova plataforma de traballo, que mellora tanto a comunicación interna como a capacidade de traballo simultáneo ou o almacenamento de documentos e información.

    25 anos de Formula Student

    Formula Student (FS) é a competición de enxeñería educativa máis consolidada en Europa e, neste 2023, celebrará o seu 25 aniversario. Con máis de 100 equipos de universidades de todo o mundo participando cada ano, o seu obxectivo é formar enxeñeiras e enxeñeiros novos, emprendedores e innovadores e animar a máis mozos e mozas a comezar unha carreira na enxeñaría.

    Para facelo posible, os equipos traballan como o farían no mundo real, combinando experiencia práctica de enxeñería con habilidades brandas, incluíndo planificación empresarial e xestión de proxectos.

    43

    Tags: UVigoUVigo MotorsportUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro
    Más Vigo

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro

    Esta antigua fotografía tomada a principio de los años noventa del pasado siglo XX, y realizada con la clásica película...

    por Julio Alonso
    09 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR