• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 27 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Rosa Graña, Premio Uviguala 2023

    Pronunciou un sentido discurso no que fixo unha firme defensa do feminismo e da loita contra o patriarcado
    Redacción por Redacción
    08 de Mar, 2023
    en Local
    0
    Rosa Graña, Premio Uviguala 2023

    Manuel Reigosa y Rosa Graña. / Foto: UVigo

    “Necesitamos unha revolución, unha transformación radical que acabe coas desigualdades, coa violencia, coa inxustiza e coa precariedade. A revolución que necesitamos é o feminismo”.

    Con esta reivindicación recolleu hoxe mércores o Premio Uviguala 2023 Rosa Graña, xefa do Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos. A entrega desta distinción, que recoñece o compromiso das e dos membros da comunidade universitaria coa igualdade, foi o eixo central das actividades que organizou a Universidade de Vigo para conmemorar o Día Internacional da Muller.

    No acto, que se celebrou no edificio Miralles, o reitor, Manuel Reigosa, felicitou á galardoada, “unha persoa que traballa 24 horas ao día, sete días á semana, 365 días ao ano, pola igualdade”.  Na súa intervención, o reitor recoñeceu que aínda queda camiño por andar para acadar unha “sociedade xusta e igualitaria”, porque “os datos amosan que, incluso nunha Universidade que se preza de ser igualitaria, que se manifesta feminista e que no seu Plan Estratéxico ten a igualdade como eixo fundamental, aínda non somos igualitarios”.

    Reigosa tamén recoñeceu sentir “unha mestura incómoda, entre a ledicia e o desazo” pola falta de unión do feminismo neste 8M. “Esta marea de cor e enerxía, esta auténtica revolución que se vén anunciando dende hai tempo está fracturada”, recalcaba, e cómpre “aparcar as diferenzas e traballar na busca dese mundo mellor no que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades”. Para iso solicitou “a todas e todos unidade de pensamento e de acción, hai que debater moito, tomar acordos e seguir xuntas, porque xuntas somos máis fortes”.  

    A directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez, foi a encargada de ler a acta da Comisión de Igualdade que acordou por unanimidade concederlle esta distinción a Rosa Graña, por ser, entre outros méritos, “un exemplo da xestión con perspectiva de xénero, no traballo de administración e de servizos da nosa universidade; de compromiso profesional e institucional co alumnado máis desfavorecido ou vulnerable; por ser unha icona dentro da UVigo como referente de que a transversalidade de xénero na xestión administrativa e de servizos na nosa comunidade universitaria, loitando por evitar as situación de violencia machista institucional ou por traballar para converter a nosa Universidade nun lugar acolledor e seguro, que promove a convivencia e o respecto durante o proceso de aprendizaxe e madurez do noso alumnado, co fin de contribuír activamente á construción dunha sociedade máis humana, xusta e igualitaria”. 

    Un discurso reivindicativo

    Tras recoller o premio de mans do reitor, Rosa Graña pronunciou un sentido discurso no que fixo unha firme defensa do feminismo e da loita contra o patriarcado.

    Arrancou a súa intervención lembrando a figura da súa nai, unha muller nada en 1929 que saíu da escola aos 12 anos, “modista desde os 18, mestra de modistas e que sempre lle dicía: ‘filla non dependas nunca dun home’”. Xunto a ela recordou tamén as súas tías, “mulleres decididas e independentes”, unha historia familiar que a marcou, que fixo que non tivera que inventarse como feminista, senón simplemente seguir o seu legado.

    “Recibir un premio o 8 de marzo, data con tanto significado histórico e social, resulta, ademais de emocionante, alentador, nada nos vai parar”, recalcou Graña, quen agradeceu o premio á Unidade de Igualdade a Natalia Caparrini e a Maribel Doval, “as vicerreitoras coas que xestiono a maior parte das axudas e subvencións”, e ao resto das persoas coas que deseña as convocatorias das diferentes axudas e subvencións.

    O de Graña foi un discurso reivindicativo no que, “tras 36 anos na UVigo”, fixo partícipe do premio a todo o seu equipo “polo seu compromiso e dedicación, porque sen elas e eles as múltiples ideas que bulen pola miña cabeza non terían visibilidade, impacto, realidade… son as auténticas artífices da actividade que hoxe estades a premiar”.

    Nesta liña, salientou o feito de que “nove delas forman parte do colectivo de máis de cen persoas que é o máis precarizado da nosa institución e cuxo perfil é o dunha muller de 45 anos, funcionaria interina, temporal, administrativa base, nove anos traballando na UVigo e, en moitos casos, cunha gran mobilidade de posto en posto sen ningunha opción durante anos de estabilizarse, sen poder participar en concursos nin en promocións internas coa súa vida profesional conxelada durante anos co impacto que isto ten na brecha salarial que sofren e nas súas futuras pensións de xubilación”.

    Referiuse tamén do alumnado, salientando que os estudos realizados acerca dos factores determinantes á hora de elixir titulación universitaria indican que existe un nesgo de xénero en función do grao de dificultade percibido.

    Este nesgo vese reforzado, segundo indicou Graña, nas alumnas que proveñen de familias con dificultades económicas, por outro factor de carácter socioeconómico,  “elas non se poden permitir fracasar”, pois isto suporía a conseguinte perda da bolsa e tamén dificultades para asumir o incremento de prezo de materias repetidas, polo que optan por estudos nos que perciben que o éxito está máis garantido.

    “Necesitamos mudar estas realidades, debemos deseñar as nosas estratexias e políticas de subvencións con perspectivas de xénero”, salientou a premiada, ao tempo que reclamou que “ao mesmo ritmo que cambian as xeracións que chegan ás aulas”, deben mudarse as liñas de actuación. “A revolución que necesitamos é o feminismo, acabemos co patriarcado”, concluíu Graña.

    Manifesto do alumnado

    No transcurso do acto, que foi conducido pola vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, e que contou coa intervención artística de Iseo a Moura, tamén houbo protagonismo do alumnado.

    Dúas alumnas, Lara e Rosalía, en representación de AUCE-Asociación Universitaria de Ciencias da Educación, que deron lectura a un manifesto no que lembraron que “como feministas, formamos parte dun movemento que cuestiona roles de xénero que afectan a todas as persoas, dunha protesta que busca acabar coa representación da muller como un obxecto sexual estereotipado, dunha reivindicación da diversidade de mulleres e corpos que discute os canons de beleza. Pertencemos a unha rebelión que cambia os modelos relacionais de parella e de familia. Formamos unha rede, unha rede formada polo 50% da poboación”.

    43

    Tags: 8MUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina
    Local

    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina

    23 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba un presupuesto «récord» para 2026 de 251,1 millones
    Local

    La UVigo aprueba un presupuesto «récord» para 2026 de 251,1 millones

    22 de Dic, 2025
    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio
    Local

    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio

    19 de Dic, 2025
    La Universidad de Vigo proyecta su joya arquitectónica en el ‘prime time’ televisivo
    Local

    La Universidad de Vigo proyecta su joya arquitectónica en el ‘prime time’ televisivo

    18 de Dic, 2025
    La UVigo reduce su huella ecológica hasta un mínimo histórico de 0,19 hectáreas globales por persona
    Local

    La UVigo reduce su huella ecológica hasta un mínimo histórico de 0,19 hectáreas globales por persona

    12 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    por Redacción
    21 de Dic, 2025
    0

    Vigo desembolsará más de 2 millones de euros para organizar una exposición temporal sobre Julio Verne

    Vigo desembolsará más de 2 millones de euros para organizar una exposición temporal sobre Julio Verne

    por Redacción
    20 de Dic, 2025
    0

    Primera alegría del Sorteo de Navidad para Vigo: los trabajadores de una importante empresa textil, premiados

    Primera alegría del Sorteo de Navidad para Vigo: los trabajadores de una importante empresa textil, premiados

    por Redacción
    22 de Dic, 2025
    0

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    Galicia pasa la madrugada a 0 grados, con mínimas de hasta -6ºC y nieve a 600 metros

    por Europa Press
    21 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Las comidas de Villasinda
    Más Vigo

    Las comidas de Villasinda

    El pasado 15 de diciembre se presentó en la quinta planta de El Corte Inglés, de Vigo, el libro de...

    por Julio Alonso
    26 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo
    Más Vigo

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo

    Debemos recordar que la empresa automovilística con el doble chevron en su logo, fue fundada por el ingeniero André Citroën...

    por Fernando Torres Carbajo
    07 de Feb, 2015

    LIBROS

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas

    Llega la época navideña y con ella las dudas de qué regalar a tus seres queridos. ¿Quieres ideas de sobra?...

    por Gabriel Romero de Ávila
    20 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    Un año más sin recuperar la Panificadora
    Opinión

    Un año más sin recuperar la Panificadora

    La Panificadora de Vigo sigue desmoronándose sin que las autoridades hagan nada para evitarlo. Muchas palabras, muchos proyectos, muchas intenciones…,...

    por Julio Alonso
    21 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR