• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 25 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    A Uvigo bota unha ollada ao futuro da comunicación e do deporte da man do Celta

    O márketing deportivo centrou a cuarta 'Érték Conference', organizada xunto ao club vigués. As xornadas foron inauguradas pola decana da Facultade de Comunicación, Emma Torres, e o presidente da entidade, Carlos Mouriño
    Redacción por Redacción
    02 de Mar, 2023
    en Celta
    0
    A Uvigo bota unha ollada ao futuro da comunicación e do deporte da man do Celta

    O presidente do Celta entregou unha camiseta á decana da Facultade de Comunicación. / Foto: Uvigo

    As tecnoloxías dixitais e os cambios sociais transformaron nos últimos anos o panorama da comunicación, pero tamén o xeito no que a cidadanía segue os eventos deportivos. Con esta idea como punto de partida, este mércores arrancou na Facultade de Comunicación a Érték Conference Sports Edition, a cuarta edición dun ciclo de conferencias promovida por un grupo de estudantes, á que neste 2023 se suma o Real Club Celta, no marco dos actos do seu centenario.

    Tal e como recolle o Diario da Universidade de Vigo, da man do club vigués, o evento pon o foco nesta edición no márketing deportivo, a través dunha serie de conferencias e mesas de debate nas que participan tanto directores de diferentes departamentos do club como responsables de axencias de publicidade e profesionais da comunicación.

    Con preto de 125 inscritos e inscritas, a cuarta edición desta Érték Conference foi inaugurada pola decana, Emma Torres, e o presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño, que puxeron en valor o traballo dos estudantes impulsores desta iniciativa. Como un “exemplo do que debe ser a Universidade, que ten que ir moito máis aló das aulas”, presentounos a decana, que afondou na importancia da comunicación como unha “ferramenta fundamental” para que o deporte chegue á cidadanía “como unha actividade de benestar social”.

    Partindo desta vinculación, Torres incidiu na necesidade de “non perder de vista que estamos vivindo un momento de cambios sociais, relacionados de xeito directo co consumo dos medios de comunicación”, no que tamén «está cambiando» a forma na que se “consume deporte”. De aí que incidise que tanto as e os profesionais da comunicación como do deporte teñen por diante “retos por diante moi importantes”, o que levouna a pór de relevo a importancia de que estas xornadas permitan xerar un debate sobre “como vai ser o consumo e a práctica do deporte no futuro e que podemos facer para que ese valor engadido siga funcionando”. Neste reto, sinalou, a Facultade de Comunicación constitúe unha “canteira de comunicadores polivalentes, capaces de innovar, de facer fronte a novos retos e adaptarse ás novas formas de comunicación”.

    “As cousas hai que facelas con vistas a longo prazo, con visión de futuro”, engadiu nesa mesma liña Carlos Mouriño. Na súa intervención, o presidente do Celta puxo o foco en que, “ao igual que a comunicación”, tamén o fútbol sufriu nos últimos anos “unha tremenda transformación”, situando como exemplo as críticas que ao inicio da súa etapa á fronte do club xeraba a idea “de que se queríamos sacar ao Celta do problema económico que tiñamos, debíamos xestionalo como unha empresa”. Na actualidade, “falar da industria do deporte ou de deporte empresa xa non espanta a ninguén”, concluíu Mouriño, quen sinalou tamén a aposta do club polo traballo pola canteira como exemplo dun “traballo continuado e constante, do que agora estamos recollendo os froitos”.

    O acto de apertura completouse coa intervención dunha das organizadoras da primeira edición de Érték, Sofía Rodríguez, que salientou que «o que vemos hoxe aquí é o reflexo de moitísima ilusión e traballo”, nunha iniciativa que arrancou en 2019, a partir da idea da estudante Sara Piñeiro, que tiña como obxectivo achegar ao alumnado as experiencias de profesionais do márketing e da publicidade. “Traballar en ideas e proxectos que te apaixonan é a mellor forma de aprender”, concluíu Rodríguez.

    “Na comunicación, temos que ser consecuentes”

    En cada minuto que pasa, realízanse no mundo 1,4 millóns de buscas en Google e 4,7 en YouTube, descárganse 400.000 aplicacións, publícanse 200.000 tuits e envíanse 190 millóns de correos electrónicos. Estas cifras serviron ao director de comunicación e contidos do Celta, Marco Rocha, para pór de relevo o papel que xoga actualmente a comunicación, na primeira conferencia destas xornadas. Nun “ecosistema” no que teñen que competir cos restantes clubs de Primeira División, lograr que o Celta faga chegar a súa mensaxe implica, sinalou, “facer os nosos contidos atractivos”, pero tamén “consecuentes coa marca que xestionamos”.

    De aí que entre os “mandamentos” que rexen a comunicación do club figure tanto unha “aposta polo emocional” como un xeito de “humanizar a marca”, como “intentar estar cerca do seguidor” e ter en conta a importancia que ten no fútbol “o sentimento de pertenza”. Neste contexto, Rocha puxo o foco na importancia que teñen para o club as redes sociais, xa que “agora mesmo, todos nós somos un medio de comunicación”. Nese senso e co obxectivo de ser “donos da nosa mensaxe”, sinalou, o Celta conta con 24 perfís en redes sociais, que suman máis de tres millóns de seguidores, dos que só o 38% se sitúan en España. “Somos xestores de paixóns”, concluíu o responsable de comunicación do club vigués.

    Conferencias e mesas redondas

    Oito conferencias e tres mesas redondas integran o programa desta Érték Sports Edition, que acolleu esta mañá un debate sobre o papel de TikTok e Twitch no márketing deportivo, na que participaron o responsable de redes sociais do Celta, Berto Carballo; o influencer Miguel Mandayo, o director de novo negocio e estratexia dixital de Bushido Talent, Pablo Rodríguez, e a responsable da axencia Trend, Xiana Vidal. Tras este coloquio, tivo lugar unha mesa titulada ‘Construír brand lovers no mundo deportivo’, na que interviñeron o director comercial do Celta, Carlos Salvador; o responsable de márketing deportivo e comunicación de Estrella Galicia, José Villanueva, e o responsable de comunicación do Atlético Guardés, Borja Refojos. Así mesmo, pola mañá tiveron lugar tamén os relatorios do responsable da axencia MolcaWorld, Fran Carrasco, e do fundador do Marisquiño, Carlos Domínguez.

    Xa pola tarde, a xornada continúa cunha mesa sobre o futuro do deporte, que reúne representantes do xornalismo deportivo, da axencia Youplanet e da área de e-sports do Celta, xunto co futbolista do primeiro equipo e estudante da UVigo Kevin Vázquez e o ex-xogador Borja Oubiña. Esta primeira xornada pecharase cunha presentación do proxecto Galicia Sports 360, a cargo de Marián Mouriño, e a actividade retomarase na mañá do xoves cunha conferencia sobre márketing de influencers a cargo da coordinadora de embaixadores e talentos de La Liga, Juliana Francini. Nesta segunda xornada terán tamén lugar os relatorios de Emmanuel Joven, director de arte na axencia Bap & Conde; María José Herbón, directora corporativa do Celta, e Andrés Weiss, redactor e xestor de redes sociais do dixital La Media Inglesa.

    43

    Tags: CeltaUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina
    Local

    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina

    23 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba un presupuesto «récord» para 2026 de 251,1 millones
    Local

    La UVigo aprueba un presupuesto «récord» para 2026 de 251,1 millones

    22 de Dic, 2025
    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio
    Local

    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio

    19 de Dic, 2025
    La Universidad de Vigo proyecta su joya arquitectónica en el ‘prime time’ televisivo
    Local

    La Universidad de Vigo proyecta su joya arquitectónica en el ‘prime time’ televisivo

    18 de Dic, 2025
    Homenaje del Concello al Celta
    Local

    Homenaje del Concello al Celta

    15 de Dic, 2025
    La UVigo reduce su huella ecológica hasta un mínimo histórico de 0,19 hectáreas globales por persona
    Local

    La UVigo reduce su huella ecológica hasta un mínimo histórico de 0,19 hectáreas globales por persona

    12 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    por Redacción
    21 de Dic, 2025
    0

    Vigo satisface una vieja necesidad: un nuevo supermercado abrirá en una de sus calles más señoriales

    Vigo satisface una vieja necesidad: un nuevo supermercado abrirá en una de sus calles más señoriales

    por Redacción
    19 de Dic, 2025
    0

    Barcelona desbanca a Vigo y recoge el premio al que aspiraba de Capital Europea de la Navidad

    por María Alonso
    19 de Dic, 2025
    0

    Vigo desembolsará más de 2 millones de euros para organizar una exposición temporal sobre Julio Verne

    Vigo desembolsará más de 2 millones de euros para organizar una exposición temporal sobre Julio Verne

    por Redacción
    20 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La artesanía de Hermanos Hernández
    Más Vigo

    La artesanía de Hermanos Hernández

    La imagen muestra un cuadro pintado por Eloy Hernández, continuador de la saga de los Hermanos Hernández, maestros orfebres de...

    por Julio Alonso
    23 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo
    Más Vigo

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo

    Debemos recordar que la empresa automovilística con el doble chevron en su logo, fue fundada por el ingeniero André Citroën...

    por Fernando Torres Carbajo
    07 de Feb, 2015

    LIBROS

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas

    Llega la época navideña y con ella las dudas de qué regalar a tus seres queridos. ¿Quieres ideas de sobra?...

    por Gabriel Romero de Ávila
    20 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    Un año más sin recuperar la Panificadora
    Opinión

    Un año más sin recuperar la Panificadora

    La Panificadora de Vigo sigue desmoronándose sin que las autoridades hagan nada para evitarlo. Muchas palabras, muchos proyectos, muchas intenciones…,...

    por Julio Alonso
    21 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR