• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 27 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Na procura de miles de voces que lle aprendan á tecnoloxía a entender e falar galego

    Co obxectivo de xerar ferramentas de interacción co mundo dixital en lingua galega
    Redacción por Redacción
    20 de Feb, 2023
    en Local
    0
    Na procura de miles de voces que lle aprendan á tecnoloxía a entender e falar galego

    Laura Docío, Abel Caballero, Mónica Valderrama e Lorenzo Rodríguez. / Foto: UVigo

    Que unha persoa galegofalante poida interactuar co mundo dixital na súa lingua precisa do desenvolvemento da tecnoloxía que o faga posible, e para que esta tecnoloxía entenda e fale galego son necesarias gravacións de voces (datasets) que permiten adestrar os algoritmos de intelixencia artificial que usan os axentes conversacionais por voz, en dominios como, por exemplo, a saúde ou os trámites administrativos, que resultan especialmente necesarios no caso das persoas maiores ou con algunha discapacidade.

    Nun informe que presentaron as investigadoras do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic da UVigo, Carmen García Mateo e Laura Docío Fernández, no marco da súa participación no proxecto europeo ELE (European Language Equality), púxose de manifesto que aínda queda moito por facer para que as tecnoloxías da fala en galego funcionen igual de ben que o fan noutras linguas nas que si se dispoñen de moitos recursos, como por exemplo o inglés.

    É neste contexto no que nace falAI, un proxecto desenvolvido por atlanTTic e a empresa Balidea, que ten o obxectivo de recoller voces en galego que permitan xerar ferramentas de interacción co mundo dixital en galego. Co cancelo #A30frases, o centro de investigación e a empresa procuran a participación do maior número de persoas posible, que de xeito anónimo, graven a súa voz lendo 30 frases, indicadas a través da plataforma falai.balidea.com, coas que se compoñerá un corpus lingüístico que permita adestrar un asistente conversacional por voz.

    O proxecto foi presentado publicamente este luns no edificio Redeiras da UVigo, nun acto presidido polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e no que tamén participaron a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama; a investigadora principal do proxecto, Laura Docío e o director xeral de Balidea, Lorenzo Rodríguez.

    Valderrama asegurou que “para a institución este proxecto é un auténtico orgullo”, ademais dun exemplo da colaboración público-privada e do compromiso das enxeñarías coa lingua. Pola súa banda, o director xeral de Balidea referiuse a falAI como un “fito importante tecnoloxicamente e por ser en galego, porque non hai ningunha tecnoloxía en galego”, razón pola que “sumará moito á tecnoloxía a fala”. Mentres, Abel Caballero felicitou aos promotores da iniciativa e emprazou ás e aos vigueses e viguesas e aos habitantes  da área metropolitana e do sur de Galicia en xeral a participar no proxecto que permitirá “ que o diálogo que estamos mantendo de forma permanente coas máquinas, responda na nosa propia lingua e co noso propio acento”, dixo Abel Caballero.

    Voces anónimas, diversas e con finalidade investigadora

    “Temos o obxectivo de acadar 6000 participantes, cumprindo ademais os criterios de que 30 horas de gravación correspondan a persoas de máis de 50 anos; 10 horas correspondan a cada provincia e cun equilibrio de xénero de 40-60% ”, explica Laura Docío Fernández, investigadora principal de falAI, do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo. Docío, xunto á catedrática do mesmo departamento, Carmen García Mateo, e ao tamén investigador e persoal do departamento de I+D+i de Balidea, Andrés Piñeiro Martín, conforman o equipo que está a desenvolver falAI.

    “O único requisito que deben cumprir as persoas que queiran participar no proxecto é que sexan maiores de idade. Canta maior diversidade de voces teñamos mellor”, sinala Docio, que sinala que as voces se recollerán de forma anónima, “non se recollen datos persoais sensibles que poidan identificar ás persoas participantes. Ademais, estas voces estarán dispoñibles con fins de investigación no ámbito das tecnoloxías da fala”, detalla a investigadora de atlanTTic.

    Ademais de recadar voces que falen en galego, que permitirán xerar datasets neste idioma en dominios como a saúde ou os trámites administrativos, falAI tamén ten o obxectivo de facer un estudo que sirva de guía no deseño e posta en marcha de axentes conversacionais por voz en linguas con baixos recursos, con dasets moi limitados en canto ao número de horas de gravacións dispoñibles e á cantidade doutros recursos lingüísticos. “Un punto importante tamén é  o deseño destes conxuntos de datos (que frases gravar, o seu número, como medir e validar a calidade das gravacións de forma automática… ) para poder adestrar os algoritmos de aprendizaxe que usan os axentes conversacionais por voz e utilizalos en escenarios con poucos recursos, como poden ser linguas minoritarias como o croata, danés, checo, búlgaro. etc.”, explica Laura Docío. 

    As orixes do proxecto

    O proxecto falaAI enmárcase dentro da colaboración que as investigadoras de atlanTTic, Laura Docío e Carmen García Mateo teñen en marcha coa empresa Balidea desde hai dous anos e que se  formalizou coa concesión dunha axuda da Xunta de Galicia para o desenvolvemento da tese de doutoramento de  Andrés Piñeiro no campo dos axentes conversacionais por voz en galego, en particular en aplicacións onde a poboación obxectivo sexa xente maior.

    O equipo de investigación, conformado por personal de Balidea e as investigadoras da UVigo, tamén acadou 22.500€ de financiamento nunha convocatoria aberta do proxecto europeo European Language Equality-ELE para a contribución na Strategic research, innovation and implementation agenda for achieving full digital language equality in Europe by 2030 (SRIA). Na convocatoria seleccionáronse nove proxectos e un deles foi o presentado por Balidea, e no que ía como parte do equipo de traballo a UVigo, titulado Building E2E spoken-language understanding systems for virtual assistants in low-resources scenarios.

    “O proxecto ten como un dos seus obxectivos  a realización dun estudio sobre o deseño e posta en marcha de axentes conversacionais por voz en linguas de baixos recursos lingüísticos. A experiencia gañada con falAI é fundamental para a realización deste estudo”, explica Docío. 

    43

    Tags: GalegoUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina
    Local

    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina

    23 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba un presupuesto «récord» para 2026 de 251,1 millones
    Local

    La UVigo aprueba un presupuesto «récord» para 2026 de 251,1 millones

    22 de Dic, 2025
    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio
    Local

    La UVigo vota el martes el acuerdo de Medicina y continuará trabajando en su grado propio

    19 de Dic, 2025
    La Universidad de Vigo proyecta su joya arquitectónica en el ‘prime time’ televisivo
    Local

    La Universidad de Vigo proyecta su joya arquitectónica en el ‘prime time’ televisivo

    18 de Dic, 2025
    La UVigo reduce su huella ecológica hasta un mínimo histórico de 0,19 hectáreas globales por persona
    Local

    La UVigo reduce su huella ecológica hasta un mínimo histórico de 0,19 hectáreas globales por persona

    12 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    por Redacción
    21 de Dic, 2025
    0

    Vigo desembolsará más de 2 millones de euros para organizar una exposición temporal sobre Julio Verne

    Vigo desembolsará más de 2 millones de euros para organizar una exposición temporal sobre Julio Verne

    por Redacción
    20 de Dic, 2025
    0

    Primera alegría del Sorteo de Navidad para Vigo: los trabajadores de una importante empresa textil, premiados

    Primera alegría del Sorteo de Navidad para Vigo: los trabajadores de una importante empresa textil, premiados

    por Redacción
    22 de Dic, 2025
    0

    La nieve afecta a la conexión entre Vigo y Ourense: precaución en la A52 y N120

    Galicia pasa la madrugada a 0 grados, con mínimas de hasta -6ºC y nieve a 600 metros

    por Europa Press
    21 de Dic, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Las comidas de Villasinda
    Más Vigo

    Las comidas de Villasinda

    El pasado 15 de diciembre se presentó en la quinta planta de El Corte Inglés, de Vigo, el libro de...

    por Julio Alonso
    26 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo
    Más Vigo

    Citroën. La fábrica de Pamplona que acabó en Vigo

    Debemos recordar que la empresa automovilística con el doble chevron en su logo, fue fundada por el ingeniero André Citroën...

    por Fernando Torres Carbajo
    07 de Feb, 2015

    LIBROS

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas
    Libros

    12 novelas y cómics de aventuras para regalar estas fiestas

    Llega la época navideña y con ella las dudas de qué regalar a tus seres queridos. ¿Quieres ideas de sobra?...

    por Gabriel Romero de Ávila
    20 de Dic, 2025

    OPINIÓN

    Un año más sin recuperar la Panificadora
    Opinión

    Un año más sin recuperar la Panificadora

    La Panificadora de Vigo sigue desmoronándose sin que las autoridades hagan nada para evitarlo. Muchas palabras, muchos proyectos, muchas intenciones…,...

    por Julio Alonso
    21 de Dic, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR