• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 29 de octubre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O BNG de Vigo chama a redeseñar o modelo de Nadal para evitar os “graves” problemas do último ano

    A fronte nacionalista pide apostar por un formato descentralizado, seguro, sustentábel e respectuoso co patrimonio fronte ao actual "parque temático inhabitábel e insoportábel"
    Redacción por Redacción
    17 de Ene, 2023
    en Local
    0
    O BNG de Vigo chama a redeseñar o modelo de Nadal para evitar os “graves” problemas do último ano

    O partido de oposición chama a descentralizar e reconfigurar o nadal para evitar o caos. / Foto: Sonia Daponte

    O Bloque Nacionalista Galego chama a repensar e redeseñar o modelo de Nadal de Vigo para evitar o caos e os «graves problemas vividos no último ano». A fronte nacionalista pide apostar, agora que se abre un novo proceso de licitación pública, por un formato descentralizado, seguro, sustentábel e respectuoso co patrimonio en contraposición co actual «parque temático inhabitábel e insoportábel» para a veciñanza.

    «A posición do BNG é clara e rotunda: Nadal si, pero non así», afirmou o concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que asegurou que «as viguesas e vigueses queremos poder desfrutar dun Nadal sen colapso de tráfico, sen niveis de ruído que superan con moito os límites legais e sen que se dificulte o paso de ambulancias», entre outras eivas. «Cremos que a experiencia deste ano debe provocar cambios, avanzando cara un modelo en beneficio do conxunto da cidade e non para satisfacer o ego de ninguén», engadiu.

    O edil nacionalista pediu levar as actividades e instalacións de Nadal máis alá do quilómetro cero de Vigo para estimular tamén a actividade comercial nos barrios e parroquias e non só nas grandes áreas. Un modelo descentralizado que, subliñou, evite a masificación da zona centro e o colapso circulatorio que sufriu toda a cidade nos últimos dous meses.

    Sobre estes problemas, Igrexas reiterou a proposta realizada este mesmo ano polo Bloque de elaborar un plan de mobilidade e seguridade con reforzos «de verdade» do transporte público e coa instalación de aparcamentos disuasorios nos accesos de Vigo. «Non se pode repetir o caos perigosísimo que padeceu a cidade durante semanas polo capricho de Abel Caballero e a súa incapacidade para rectificar», advertiu.

    Un Nadal sustentábel fronte ás cifras récord

    O candidato do BNG chamou tamén a priorizar a sustentabilidade ambiental sobre «as necesidades case patolóxicas de grandes masas e cifras récord» do Goberno local. «Un Nadal potente non ten porque implicar vandalizar o arboredo da cidade, nin incumprir reiteradamente a ordenanza municipal de medio ambiente», criticou. Nese sentido, pediu poñer fin á «deriva desquiciada» de sumar cada ano máis luces, apostando por reordenar con racionalidade os elementos decorativos para evitar a sobrecarga e a contaminación luminosa.

    Desde a fronte nacionalista cuestionaron tamén que se permita «invadir» un espazo protexido como os xardíns históricos da Alameda para os converter «nun couto privado» para beneficio dunha empresa madrileña que paga un euro ao Concello por privatizar este espazo público.

    Caballero minte

    O concelleiro do Bloque acusou, ademais, ao goberno de Abel Caballero de «manipular deliberadamente» calquera crítica ou alternativa cun falso debate sobre o Nadal. Así, recriminou ao alcalde que insista nunha «estratexia de falsidades e mentiras» como as acusacións, realizadas nunha entrevista esta fin de semana, de que o BNG quería que a Xunta pechara o Nadal de Vigo.

    «Non sabemos se o Goberno galego ten unha brigada de ‘Grinchs’ encargada dese tipo de tarefas», ironizou Igrexas. «O único que fixemos o BNG foi solicitar en novembro, de forma transparente e pública en rolda de prensa, que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural informase de se o Concello contaba ou non (en realidade sabemos que non) coa autorización necesaria para instalar o Cíes Market na Alameda», explicou o edil nacionalista. Unha petición que, reprochou, non recibiu ningunha resposta da Xunta do PP.

    O candidato afeou que o «único peche  foi o que impuxo Caballero contra da emblemática feira O Feito A Man que, por primeira vez en 38 anos, non estivo presente no Nadal da cidade». Unha situación que, como denunciou o propio BNG en decembro e confirmaron os propios organizadores, foi causada polos obstáculos do Goberno municipal.

    «As viguesas e vigueses merecen un Nadal que poder vivir e non apenas visitar. Un Nadal de Vigo e non só de Abel Caballero», remachou.

    43

    Tags: BNG de VigoNavidad

    RelacionadosArtículos

    El árbol de Navidad de Vigo, estrellado
    Local

    El árbol de Navidad de Vigo, estrellado

    28 de Oct, 2025
    El BNG exige paralizar la urbanización del último relleno en la Ría de Vigo
    Local

    El BNG exige paralizar la urbanización del último relleno en la Ría de Vigo

    28 de Oct, 2025
    Local

    «Mirar hacia otro lado» ante el problema de la vivienda en Vigo: la crítica del BNG a PP y PSOE

    27 de Oct, 2025
    Vialia Vigo contará con 75 casetas y dos pistas de hielo en Navidad
    Local

    Vialia Vigo contará con 75 casetas y dos pistas de hielo en Navidad

    26 de Oct, 2025
    El BNG, contra el desfile del Día de las Fuerzas Armadas en Vigo, un acto «casposo y arcaico»
    Local

    El BNG, contra el desfile del Día de las Fuerzas Armadas en Vigo, un acto «casposo y arcaico»

    22 de Oct, 2025
    El Caballero de la Salsa llega a Vigo por Navidad
    Cultura

    El Caballero de la Salsa llega a Vigo por Navidad

    20 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Arranca el derribo de un antiguo restaurante (con corte de tráfico) para que Vigo atesore un nuevo mirador a la Ría

    Arranca el derribo de un antiguo restaurante (con corte de tráfico) para que Vigo atesore un nuevo mirador a la Ría

    por Redacción
    22 de Oct, 2025
    0

    El Concello mete la directa para ordenar y semipeatonalizar la Plaza de España

    El Concello mete la directa para ordenar y semipeatonalizar la Plaza de España

    por Redacción
    24 de Oct, 2025
    0

    Urbanismo da vía libre para que una planta comercial de 800 m2 se transforme en 11 viviendas en pleno centro de Vigo

    Urbanismo da vía libre para que una planta comercial de 800 m2 se transforme en 11 viviendas en pleno centro de Vigo

    por Redacción
    27 de Oct, 2025
    0

    Caballero pide (ahora sí) el permiso para avanzar por fin con el túnel de Elduayen: «Es un mentiroso compulsivo»

    por Redacción
    22 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Ambiente prenavideño en la ciudad de Vigo
    Más Vigo

    Ambiente prenavideño en la ciudad de Vigo

    Las lluvias han dado una pequeña tregua y la población de Vigo y alrededores se ha dado cita en las...

    por Julio Alonso
    28 de Oct, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    Seis meses de DC en España con Panini
    Libros

    Seis meses de DC en España con Panini

    Si te has perdido los últimos meses de actualidad comiquera en España, te encontrarás de repente con un montón de...

    por Gabriel Romero de Ávila
    26 de Oct, 2025

    OPINIÓN

    Lo del Celta empieza a ser preocupante
    Opinión

    Lo del Celta empieza a ser preocupante

    Datos hasta hoy : 9 jugados, 0 ganados, 7 empatados, 2 perdidos, a favor 8 goles, encajados 11. Puntos 7....

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Oct, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR