• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 20 de agosto de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Goberno concédelle á UVigo máis dun millón de euros para pór en marcha nove proxectos

    Desenvolveranse novas aplicacións no ámbito do transporte, a enerxía, a sostibilidade e a saúde
    Redacción por Redacción
    16 de Ene, 2023
    en Ciencia y Tecnología
    0
    O Goberno concédelle á UVigo máis dun millón de euros para pór en marcha nove proxectos

    Persoal investigador nun laboratorio do centro. / Foto: DUVI

    A Axencia Estatal de Investigación (AEI), dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación, acaba de concederlle á Universidade de Vigo algo máis dun millón de euros (1.089.970) para a posta en marcha de nove proxectos de Proba de Concepto, traballos dirixidos a acelerar a transferencia de coñecemento e os resultados xerados en proxectos de investigación básica, en progreso ou recentemente finalizados dentro do Plan Estatal de Investigación.

    Segundo informa o Diario da Universidade de Vigo, son 400.000 euros máis ca na anterior convocatoria, na que se conseguiran 681.000 euros destinados á realización de dez proxectos. A convocatoria do ministerio contou nesta ocasión cun orzamento total de 40 millóns de euros, financiados con fondos Next Generation EU, que foron repartidos entre máis de 80 organismos de todas as comunidades, entre eles a UVigo, a quen lle foron concedidas 9 das 17 solicitudes presentadas, o que supón máis dun 50% de éxito acadado.

    “A Universidade de Vigo xa tiña unha forte traxectoria en transferencia do coñecemento e isto maniféstase no éxito acadado, tanto nesta como na pasada convocatoria”, explica a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación Belén Rubio, quen subliña que máis do 75% (822.335€) do financiamento acadado corresponde a centros como Cintecx (Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo) e atlanTTic (Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación), nos que predomina a transferencia como un efecto tractor no motor económico industrial para Galicia, con temáticas tan diversas que afectan ao transporte, a enerxía, a sostibiiidade, e incluso ferramentas aplicadas á medicina e a saúde.

    “Casi o 25% restante corresponde a proxectos no marco do recén creado Instituto de Agroecoloxía e Alimentación, de cara a transición de sistemas agroalimentarios máis resilientes, sostibles, seguros e circulares”, explica a vicerreitora, quen considera que esta intersección ou sinerxia da investigación entre a agricultura e a alimentación desde enfoques agroecolóxicos, “promoverá unha especialización intelixente baseada na colaboración con empresas e a xeración de impacto en produtos innovadores”. 

    A UVigo, “ben preparada e forte”

    A vicerreitora Belén Rubio./ Foto: DUVI

    A xuízo da vicerreitora, a UVigo está “ben preparada e forte” para xogar un papel relevante á hora de abordar grandes desafíos como a transición ecolóxica e xusta, a dixitalización e o reto demográfico, así como moitos dos retos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible. Nesta liña, Rubio manifesta a intención do actual equipo de goberno de seguir reforzando a transferencia e potenciando os vínculos entre o sector público e o sector privado. “Polo tanto manteremos o estímulo á actividade de transferencia do PDI incrementando nun 10% a partida de produción de investigación e transferencia, así como moitas das actividades de relación coas empresas: xornadas de transferencia, visitas a empresas, asistencia a foros, etc.”, recalca a vicerreitora.

    Estes fondos destinaranse, tal e como se estipula na propia convocatoria das axudas, a financiar actividades de desenvolvemento, valorización, protección, transferencia e explotación dos resultados da investigación. Non se trata de continuar a investigación dos proxectos previos, senón de emprender accións dirixidas a progresar nas primeiras etapas do desenvolvemento pre-competitivo e facilitar a transferencia ou explotación dos resultados, xa sexa en forma de produtos, bens, servizos ou calquera outra aplicación que sexa beneficiosa para a economía, a sociedade, a cultura ou as políticas públicas.

    Seis proxectos para o Cintecx

    A maior parte dos proxectos seleccionados pertencen ao ámbito tecnolóxico e están liderados por investigadoras e investigadores do Cintecx, o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, contando case todos cun orzamento que oscila entre os 100.000 e os 150.000 euros. Dentro destes proxectos vinculados ao Cintecx, o que conta cun maior orzamento (143.750 euros) é o liderado polos profesores José Manuel Cruz e Ana Belén Moldes e vai dirixido a validar os usos potenciais de bisurfactantes obtidos de licores de lavado de millo como biopesticida e conservante na industria agroalimentaria, unha liña de traballo na que o equipo  EQ10 da UVigo conta cunha longa traxectoria investigadora. 

    A resolución da convocatoria deixa tamén boas novas para o Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas. Dunha banda, subvenciónase con 138.000 euros a posta en marcha dun proxecto, liderado pola profesora Belén Riveiro, dirixido á creación dunha ferramenta que permita vixiar de xeito seguro e preciso a saúde de estruturas europeas históricas en servizo a partir de datos experimentais non destrutivos e da calibración de modelos numéricos para análise estrutural.  Doutra banca, outórganse 126.500 euros, ao proxecto Software multi-capa para o procesamento en liña de datos lidar enfocado á monitorización do transporte, dos profesores Pedro Arias e Joaquín Martínez, e co que se busca seguir impulsando a transformación dixital e a innovación tecnolóxica no transporte e a mobilidade como un sector tractor.

    Ao Grupo de Tecnoloxía Enerxética tamén se lle concederon dúas axudas. 138.000 euros irán destinados a un proxecto liderado polos profesores  Pablo Eguía e Enrique Granada dirixido ao desenvolvemento de dispositivos intelixentes de modelado e optimización enerxética de edificios, unha proba-concepto coa que se pretende trasladar de forma efectiva o Know-how derivado de anteriores proxectos sobre monitorización enerxética de edificios a aplicacións reais de edificación. O segundo proxecto, subvencionado con 115.000 euros, está dirixido polos profesores Jacobo Porteiro e David Patiño e ten como principal obxectivo o desenvolvemento dun filtro electrostático autorrexenerativo para a redución da emisión de partículas na combustión doméstica de biomasa.

    A maiores tamén se concedeu unha axuda de 21.275 euros a un subproxecto dun traballo liderado desde a Universidade de Santiago de Compostela. Coordinado na UVigo polo profesor Enrique Casarejos, do Grupo de Deseño e Simulación numérica en enxeñaría mecánica, o obxectivo deste proxecto é o estudo e construción dun prototipo funcional de miniescáner para estudos preclínicos baseada nunha tecnoloxía desenvolvida previamente pola USC.

    AtlanTTic: Tecnoloxía e saúde

    Tamén do ámbito tecnolóxico, pero neste caso vinculado a atlanTTic, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, concedeuse unha axuda de 143.300 euros a unha proba-concepto dirixida polo profesor José Luis Alba e coa que se buscará o desenvolvemento dunha aplicación da tradución da lingua de signos en contornas de saúde. Trátase de demostrar nunha contorna relevante, a sanitaria, a viabilidade da tecnoloxía de recoñecemento da lingua de signos para a comprensión de frases curtas.

    Instituto de Agroecoloxía e Alimentación 

    Tal e como explicou a vicerreitora, dous dos proxectos aprobados están vinculados ao recén creado Instituto de Agroecoloxía e Alimentación. O proxecto que recibiu un maior financiamento, algo máis de 146.000 euros, está liderado pola profesora María Luisa Rúa, do Grupo de investigación agrarias e agroalimentarias. Neste caso, o obxectivo da proba-concepto é buscar o escalado e valorización comercial dun proxecto anterior dirixido á xeración encimática e eficiente a partir da palla do trigo de xilooligosacáridos de distintos pesos moleculares e propiedades funcionais e tecnolóxicas para a súa reincorporación final como ingredientes alimentarios.

    Completa o catálogo de novos proxectos de proba-concepto un traballo destinado á produción piloto e demostración nunha contorna operativa do novo ecoherbicida Biollets, proxecto coordinado pola profesora Nuria Pedrol, do Grupo de Agrobioloxía Ambiental: calidade, solos e plantas. Trátase neste caso de completar o proceso de transferencia deste bioproduto fitosanitario inspirado na natureza e fabricado a partir de subprodutos agroforestais.

    43

    Tags: UniversidadUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    El Puerto de Vigo se transforma en un jardín marino
    Ciencia y Tecnología

    El Puerto de Vigo se transforma en un jardín marino

    20 de Ago, 2025
    Caballero: «Vigo tiene que tener una Facultad de Medicina»
    Local

    Caballero: «Vigo tiene que tener una Facultad de Medicina»

    07 de Ago, 2025
    A UVigo recupera posicións no ránking de Shanghai, situándose entre as 600 mellores universidades do mundo
    Actualidad

    El Colegio de Médicos de Pontevedra cuestiona la calidad de la enseñanza en Santiago y apoya la demanda de Vigo

    07 de Ago, 2025
    Nuevo mitin de Caballero en el pleno de Vigo, donde se logró unanimidad sobre la facultad de Medicina
    galicia

    La Xunta inyecta 20,7 millones para fortalecer la I+D en las universidades gallegas

    04 de Ago, 2025
    La Xunta propone descentralizar el Grado de Medicina
    Local

    La Xunta propone descentralizar el Grado de Medicina

    01 de Ago, 2025
    La UVigo recibirá una ayuda de 7,5 millones para fortalecer su área de fotónica
    Local

    La UVigo recibirá una ayuda de 7,5 millones para fortalecer su área de fotónica

    31 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Grada alternativa (y gratuita) desde el exterior de Balaídos para ver el Celta: «La gente venía a reservar»

    Grada alternativa (y gratuita) desde el exterior de Balaídos para ver el Celta: «La gente venía a reservar»

    por Redacción
    18 de Ago, 2025
    0

    Restablecida la circulación de trenes en Galicia bloqueados por los incendios

    Restablecida la circulación en las autovías AG-53 y A-52 y la carretera N-525 tras los cortes por incendios

    por Europa Press
    13 de Ago, 2025
    0

    La magnitud de los incendios se agrava en una jornada de retorno: sin tren y con peligro en las carreteras

    La magnitud de los incendios se agrava en una jornada de retorno: sin tren y con peligro en las carreteras

    por Redacción
    17 de Ago, 2025
    0

    Incendios en Ourense: sin línea férrea y con cortes en la A52

    Incendios en Ourense: sin línea férrea y con cortes en la A52

    por Redacción
    16 de Ago, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Nuevos ventanales en Peinador
    Más Vigo

    Nuevos ventanales en Peinador

    Hasta hace poco tiempo, en el aeropuerto de Peinador, en la ciudad de Vigo, no existía la posibilidad de observar...

    por Julio Alonso
    20 de Ago, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro
    Libros

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro

    La poesía con aroma a mar tiene una cita ineludible en el Casco Vello de Vigo. El próximo 7 de...

    por Redacción
    04 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    O Marisquiño entra en fase decisiva: así va el Dirt Jump y el Descenso MTB del Casco Vello
    Opinión

    La kultura del patinete

    La Fundación Contemporánea (con su Observatorio de la Cultura) presentó hace unos meses su informe 2024, que comprende una serie...

    por Fernando Torres Carbajo
    19 de Ago, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR