• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 3 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Así é e así funciona o novo Portal da Investigación da Universidade de Vigo

    O espazo virtual amósase funcional como ferramenta interna e externa convetíndose no “escaparate” do traballo dos científicos da institución
    Redacción por Redacción
    12 de Ene, 2023
    en Local
    0
    Así é e así funciona o novo Portal da Investigación da Universidade de Vigo

    Gerardo Marraud, Sonsoles Pousa, Manuel Reigosa e Belén Rubio durante a presentación. /Foto: DUVI

    A Universidade de Vigo conta cun novo Portal da Investigación, un único sitio web desde o que explorar a súa estrutura da I+D+i, localizar especialistas  e acceder aos resultados de toda a actividade científica e de transferencia da institución académica viguesa.

    O proxecto presentouse este xoves, 12 de xaneiro, de xeito presencial na sala 1 de Miralles e virtual a través de Campus Remoto, da man do reitor, Manuel Reigosa; a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio; o director da Biblioteca Universitaria, Gerardo Marraud, e a xefa da Área de Servizos Bibliométricos, Sonsoles Pousa. Todos fixeron fincapé en que esta nova ferramenta xurde co obxectivo de axudar a difundir, dar visibilidade e transferir á sociedade os resultados das actividades de investigación que se levan a cabo na UVigo.

    “Esta é unha ferramenta que vai ser moi útil a nivel interno, para identificar plenamente cada un dos investigadores, grupos, etc, pero tamén externamente, tanto para atopar socios de maneira moito máis doada, como para facer visible o que somos e o que facemos”, recalcou Reigosa, quen aproveitou para lembrar que, “Vigo é unha moi boa Universidade, que está dentro do 5% das mellores universidades do mundo e que vai camiño de situarse entre as 500 mellores”.

    Nesta liña, e aproveitando a presenza na presentación de máis dun cento de investigadoras e investigadores dos tres campus, lembrou o compromiso do seu equipo de goberno de incrementar a partida de produción científica, algo que, segundo indicou, xa se produciu nun 10% este ano e que, cada ano, volverá ter novas subidas. 

    Imaxe da presentación. / Foto: DUVI

    Posto en marcha desde a Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación coa colaboración da Fundación Dialnet e a axuda da Biblioteca Universitaria e dos servizos informáticos, no novo portal recóllese e mantense actualizada a actividade investigadora dos grupos de investigación e das investigadoras e investigadores cos que conta a universidade, amosando para cada un deles o seu perfil e indicadores bibliométricos e de colaboración. Ademais, segundo se explicou na presentación, permite localizar persoal experto nun campo de investigación e, entre outros servizos, facilita o acceso ás publicacións, impulsa o acceso aberto e posibilita a elaboración de informes e a exportación dos resultados en distintos formatos.

    “Un portal personalizado ao aspecto da institución”

    O reitor Manuel Reigosa. / Foto: DUVI

    “É un portal personalizado ao aspecto da institución, que permite mostrar ao exterior a produción do persoal investigador, o escaparate cara ao exterior da investigación e transferencia da UVigo”, subliñou a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, ao tempo que fixo fincapé en que Dialnet actualízase de maneira automática e recolle as publicacións de distintas fontes de datos (scopus, wos, dialnet, etc.), o que facilita que o persoal investigador non teña que estar introducindo os datos continuamente.

    Ao mesmo tempo, dá a posibilidade de que os investigadores xestionen ao seu xeito a información relativa ao seu perfil persoal (biografía, foto, etc). Por outra banda, incorpora indicadores de calidade científica, co que se pode coñecer o número de citas de cada artigo, cuartil no que se atopa, etc. “Isto é algo que pode axudar moito ao persoal investigador a preparar as peticións, por exemplo, dos sexenios de investigación”, explicou a vicerreitora.

    Entre as principais vantaxes do novo portal destaca tamén, tal e como indicou Rubio, a posibilidade de visualizar a información por grupos de investigación, centros, etc., así como a opción de consultar para un único investigador ou investigadora todo a súa produción histórica en artigos, libros, capítulos de libros, achegas de congresos, patentes, teses, tribunais de teses… Ademais, segundo apuntou, entre outros múltiples aspectos, permite por exemplo visualizar nun mapa os países cos que mais colabora cada investigador. 

    Consultas rápidas: grupos, investigadores/as, resultados

    Captura da web do novo portal. / Foto: DUVI

    Durante a xornada fíxose unha presentación de como manexar e moverse polo portal. Encargouse de realizar esta presentación a xefa da Área de Servizos Bibliométricos Sonsoles Pousa, que foi detallando todos os contidos e posibilidades do novo portal. Tal e como explicou, o portal está vertebrado en tres grandes apartados: grupos, investigadores/as e resultados. A maiores, na portada, preséntanse  cifras globais que tratan de facer un resumo do contido do portal: 1395 investigadores/as, 169 grupos, 50.168 publicacións, 3050 teses, 17245, “cifras que están en constante actualización”,  e toda unha serie de enlaces de interese (biblioteca, guía de axuda, dúbidas frecuentes…).

    No apartado dedicado aos ‘grupos de investigación’ pode accederse aos mesmos a partir dos centros de investigación, os campus ou os departamentos, e o mesmo acontece para os investigadores/as, incluíndose tamén neste caso a selección por escolas/facultades e por áreas de coñecemento, ademais dun buscador. Na páxina dedicada a cada un dos investigadores/as inclúense os datos máis significativos que definen a súa traxectoria investigadora (publicacións, colaboracións, teses, patentes e indicadores), así como un resumo do seu perfil persoal, incluíndo o correo electrónico. Preséntanse as publicacións organizadas por orde cronolóxico e por tipoloxías documentais, as tese de doutoramento que dirixiu e aquelas nas que formou parte do tribunal, as patentes, e outros indicadores como as citas nas diferentes fontes de datos e os documentos máis citados.

    No caso do apartado de ‘resultados’ pode accederse a seis tipos de información: publicacións contidas no portal, dividas por tipos (artigos, libros, capítulos de libros…); publicacións de acceso aberto, teses defendidas na UVigo, redes de colaboración, patentes e indicadores globais (citas recibidas en Scopus, Dialnet Métricas, Web of Science, revistas nas que se publica…).

    43

    Tags: UniversidadUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    «Caballero no tiene ni voluntad ni ganas de hablar sobre los problemas reales que afectan a Vigo”
    Local

    Caballero anuncia un plan de 2,5 millones para rescatar viviendas en Vigo

    31 de Oct, 2025
    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero
    Local

    A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

    29 de Oct, 2025
    García Mateo espera ser la primera rectora de la UVigo para que la institución «pase de la improvisación a la solvencia»
    Local

    García Mateo espera ser la primera rectora de la UVigo para que la institución «pase de la improvisación a la solvencia»

    22 de Oct, 2025
    La catedrática Carmen García Mateo anuncia su candidatura al Rectorado de la UVigo tras postularse Belén Rubio
    Local

    La catedrática Carmen García Mateo anuncia su candidatura al Rectorado de la UVigo tras postularse Belén Rubio

    21 de Oct, 2025
    La Xunta anuncia la construcción de una nueva residencia universitaria en el Ofimático
    Local

    La Xunta anuncia la construcción de una nueva residencia universitaria en el Ofimático

    18 de Oct, 2025
    La UVigo entrega su Medalla de Oro a la editorial Galaxia por su compromiso con la lengua y la cultura
    Cultura

    La UVigo entrega su Medalla de Oro a la editorial Galaxia por su compromiso con la lengua y la cultura

    18 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Xunta envía a Vigo (en menos de una semana) el visto bueno sobre el Olivo: «No hay disculpa para avanzar»

    por Redacción
    28 de Oct, 2025
    0

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    por Redacción
    31 de Oct, 2025
    0

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    por Julio Alonso
    30 de Oct, 2025
    0

    Urbanismo da vía libre para que una planta comercial de 800 m2 se transforme en 11 viviendas en pleno centro de Vigo

    Urbanismo da vía libre para que una planta comercial de 800 m2 se transforme en 11 viviendas en pleno centro de Vigo

    por Redacción
    27 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Cementerios de Vigo
    Más Vigo

    Cementerios de Vigo

    En la ciudad de Vigo y sus alrededores existen varios cementerios que dan servicio a la población de la ciudad...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    15 novelas y cómics de aventuras publicados en octubre que no te puedes perder
    Libros

    15 novelas y cómics de aventuras publicados en octubre que no te puedes perder

    En pleno otoño, son muchas las novedades que hemos tenido en novelas y cómics de aventuras. ¿Las repasamos juntos? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    02 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Lo del Celta empieza a ser preocupante
    Opinión

    Lo del Celta empieza a ser preocupante

    Datos hasta hoy : 9 jugados, 0 ganados, 7 empatados, 2 perdidos, a favor 8 goles, encajados 11. Puntos 7....

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Oct, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR