• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 6 de octubre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Os robots volverán competir na Escola de Enxeñería Industrial o 21 de abril

    Participarán máis de catro mil estudantes e estrearanse as categorías BE Robot e DeMo Robot
    Redacción por Redacción
    10 de Ene, 2023
    en Local
    0
    Os robots volverán competir na Escola de Enxeñería Industrial o 21 de abril

    Imaxe da competición celebrada no ano 2019. / Foto: DUVI

    A competición de robots da Escola de Enxeñería Industrial foi un máis dos millóns de eventos que a pandemia impediu celebrar durante os tres últimos anos. Recuperada a normalidade, a competición, que acada este ano a súa sexta edición, volverá encher o 21 de abril a EEI de robots deseñados polo alumnado de ESO, Bacharelato, universidades e FP.

    Catro mil estudantes de toda Galicia participaron nas cinco primeiras edicións do concurso, que este ano estreará as modalidades BE-ROBOT e DeMO-ROBOT, que substitúen as tradicionais WALL-e e R2D2, ademais de contar cun kit moi mellorado, o mBot 2, respecto aos de anteriores edicións, que achega máis posibilidades ás e aos participantes, que tamén disporán dalgunhas actividades para desenvolver nos centros de ensino.

    “Á marxe do kit, ao meu entender, o máis destacable é que o concurso contará con novas probas, que esperamos esperten o interese dos participantes. A verdade é que se estivo a traballar nas probas para intentar que estas respondan á situación actual, onde temos constancia de que os rapaces e rapazas están mellor preparados que en edicións anteriores e así poidan poñer a proba as súas destrezas”, explica o director da EEI, Juan Pardo Froján.

    Segue a liña ‘marchoso’ e Velódromo ‘mareante’ son as dúas probas que terá que enfrontar o alumnado de ESO e Bacharelato que competirá, en equipos de entre catro e seis compoñentes, na categoría BE Robot, na que terán que, no primeiro caso, dar unha volta completa a un circuíto marcado no chan o máis rápido posible, evitando todos os obstáculos e, no segundo, completar o número de voltas no menor tempo posible a un recinto circular, no que tamén deberán sortear obstáculos formados por cilindros, situados nos extremos dos diámetros perpendiculares.

    Pola súa banda o alumnado universitario e de FP, que participará na categoría DeMO-ROBOT en equipos cun máximo de seis integrantes, deberá facer fronte a catro probas: rastrexo, labirinto e triplo ensaio con illa, todas elas individuais, e a unha proba colectiva denominada sumo na que un único robot aspira a quedarse no ring.

    Cartel de información do concurso. / Foto: DUVI

    Os equipos que desexen participar na competición de robots teñen de prazo ata o 30 de xaneiro para inscribirse, para o que deberán cubrir un formulario que atoparán na web da Escola.

    As prazas están limitadas a 156 equipos na categoría Be Robot, cun límite de 10 equipos por centros. “Sinceramente, despois de tres anos de parón na actividade é moi difícil saber cal vai ser a resposta por parte dos centros. No que puidemos pulsar, pensamos que será ben acollida e se nos baseamos na última edición, a participación debería ser alta”, sinala o director da EEI.

    O compromiso de recuperar un concurso convertido nun referente

    Imaxe dunha competición anterior. / Foto: DUVI

    Nacido hai oito anos, co obxectivo de achegar a Universidade ao alumnado de ensino secundario e Bacharelato, ademais de promocionar as titulacións da Escola e fomentar o interese do alumnado polas disciplinas STEM, e máis concretamente polos estudos de enxeñaría, a recuperación da competición de robots, logo do parón obrigado pola pandemia, era un compromiso para a dirección da EEI. “Tras a celebración das cinco anteriores edicións e a boa acollida e resposta que obtivemos nos centros educativos, o concurso converteuse nun referente, nun clásico, que espertaba unha grande expectación. Recuperalo é un compromiso que tiñamos que atender ante as achegas de ánimo e as consultas que tivemos estes últimos anos”, confirma Pardo Froján, que tamén advirte da responsabilidade que implica desenvolver unha xornada que esperte nos rapaces e rapazas un interese por unha actividade que complemente a formación dos seus centros, nun mundo no que cada vez a robótica xoga un papel máis destacado.

    “É certo que desenvolver un concurso desta características supón un gran traballo, un grande esforzo, pero a nosa motivación, o noso compromiso, é tentar fomentar desde as bases o interese polas actividades STEM”, recoñece o director do centro, que tamén sinala que, “vendo o vivido polos rapaces e rapazas nas edicións anteriores, calquera esforzo merece a pena”, explica Pardo Froján. 

    43

    Tags: RobotrobóticaUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Teatro inmersivo o videopodcast, nuevas actividades de la UVigo para su plan de ‘Ciencia de Ida e Volta’
    Local

    Teatro inmersivo o videopodcast, nuevas actividades de la UVigo para su plan de ‘Ciencia de Ida e Volta’

    06 de Oct, 2025
    Galicia logra avances favorables frente a los incendios: cuatro estabilizados
    Local

    La Universidade de Vigo participa en un proyecto pionero para la detección satelital de incendios

    02 de Oct, 2025
    Especialistas de 20 países debaten en Vigo sobre  comunidades energéticas rurales
    Local

    Especialistas de 20 países debaten en Vigo sobre comunidades energéticas rurales

    01 de Oct, 2025
    La catedrática Belén Rubio sucede a Reigosa y será la candidata a rectora de la UVigo
    Local

    La catedrática Belén Rubio sucede a Reigosa y será la candidata a rectora de la UVigo

    24 de Sep, 2025
    Local

    La UVigo espera que la ETEA se convierta en la «envidia» de los investigadores a nivel mundial

    23 de Sep, 2025
    As Celtas se presentan ante 500 aficionados y lo celebran con una victoria histórica
    Polideportivo

    Alianza entre UVigo y Diputación para «eliminar la brecha de investigación» sobre las lesiones deportivas femeninas

    22 de Sep, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La nueva superficie comercial de Vigo, a exposición pública: así será el ámbito de 14.000 m2 en Navia

    por Redacción
    01 de Oct, 2025
    0

    Vigo ejecutará el derribo de varias edificaciones en Bouzas para ampliar un importante (y estrecho) atajo

    Vigo ejecutará el derribo de varias edificaciones en Bouzas para ampliar un importante (y estrecho) atajo

    por Redacción
    03 de Oct, 2025
    0

    Demolición para unas pérgolas icónicas de Vigo

    Demolición para unas pérgolas icónicas de Vigo

    por Redacción
    01 de Oct, 2025
    0

    Ni para celtistas ni para el entorno de Stellantis, el aparcamiento de Fenosa en Balaídos lo usa la UEFA

    Ni para celtistas ni para el entorno de Stellantis, el aparcamiento de Fenosa en Balaídos lo usa la UEFA

    por Redacción
    03 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La Policía al servicio de la sociedad
    Más Vigo

    La Policía al servicio de la sociedad

    El día 2 de octubre es la fecha elegida para la celebración del Día de los Santos Custodios, patronos de...

    por Julio Alonso
    06 de Oct, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    11 novelas y cómics de aventuras publicados en septiembre que no te puedes perder
    Libros

    11 novelas y cómics de aventuras publicados en septiembre que no te puedes perder

    Ha llegado el otoño, pero aún quedan días de sol para salir a la calle, pasear por el campo y...

    por Gabriel Romero de Ávila
    04 de Oct, 2025

    OPINIÓN

    Enésimo retraso en el tren Vigo-Coruña: los pasajeros, al límite de la paciencia
    Opinión

    Los vigueses y la España vacía y vaciada

    En la prensa de mediados de junio de este año nuestro máximo mandatario vigués alardeaba de la supresión de paradas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Sep, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR