• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 20 de agosto de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Circular Seas consegue transformar residuos plásticos oceánicos en produtos verdes para a industria marítima

    O proxecto participado pola Uvigo está listo e quedará dispoñible en repositorios abertos a partir de xaneiro
    Redacción por Redacción
    01 de Dic, 2022
    en Ciencia y Tecnología, Medio Ambiente
    0
    Circular Seas consegue transformar residuos plásticos oceánicos en produtos verdes para a industria marítima

    O investigador Diego Silva explicando o funcionamento da tecnoloxía desenvolta na UVigo. / Foto: DUVI

    O proxecto europeo Circular Seas, financiado con preto de dous millóns de euros de fondos FEDER, botou a andar a comezos de 2020 coa idea de desenvolver toda unha serie de tecnoloxías que permitisen converter os residuos plásticos oceánicos e da contorna marítima portuaria en compoñentes ecoinnovadores para a propia industria marítima. Hoxe isto é xa unha realidade. O sistema está listo e quedará dispoñible en repositorios abertos a partir de xaneiro. 

    Para conseguilo os socios do proxecto, incluída a Universidade de Vigo, desenvolveron unha contorna integrada de impresión 3D na que se lle dá ao usuario final –entidades, empresas ou calquera persoa interesada- a posibilidade de empregar infinidade de opcións –distintos plásticos, aditivos, mesturas…- de xeito sinxelo, de maneira que non é preciso nin ser especialista en materiais nin en impresión 3D para poder crear material reciclado e imprimir novas pezas.

    Tal e como relata o Diario da Universidade de Vigo (DUVI), a Escola de Enxeñería Industrial acolle este xoves a xornada de peche do proxecto con representantes de todos os socios. Liderado desde o centro tecnolóxico vasco Leartiker Polymer R&D, o consorcio está integrado por seis organismos de diferentes países da costa atlántica: Leartibai, en Ondarroa (País Vasco); a Universidade Tecnolóxica de Munster, en Cork (Irlanda); o Instituto Politécnico de Leiria (Portugal); a Universidade La Rochelle e a Communauté d’agglomération de La Rochelle (Francia), e a propia Universidade de Vigo, que participa no proxecto da man do grupo de Enxeñaría Eficiente e Dixital, dirixido polo profesor Julio Garrido, que foi o encargado de dar a benvida aos asistentes á reunión.

    A impresión 3D revaloriza os residuos e facilita o seu uso

    “Mediante impresión 3D conseguimos que os residuos plásticos da contorna marítimo portuaria poidan empregarse para fabricar outros produtos de utilidade para esa mesma contorna”, explica Diego Silva, un dos investigadores da Universidade de Vigo implicado no proxecto. Desde o seu punto de vista, unha das principais innovacións de Circular Seas é, “precisamente”, que propón un cambio de paradigma importante para que esta Economía Circular chegue a ter un efecto apreciable a un medio-longo prazo.

    “Non se trata de intentar emular referencias estándar á hora de crear bobinas de filamento, dado que isto complica o proceso e provoca que moitos residuos non poidan ser revalorizados; no seu lugar, crea tipoloxías sen restricións, facilitando o tratamento da diversidade de materiais plásticos e os seus posibles usos”, subliña o investigador.

    Colaboraron múltiples empresas e a Autoridade Portuaria de Vigo

    Dentro do nodo de Vigo fíxose un traballo importante no desenvolvemento de toda esta contorna integrada de impresión 3D, mediante a adaptación do software e hardware das impresoras 3D de medio-baixo custo comerciais para acomodar este cambio de paradigma na impresión 3D con materiais reciclados. “Puxemos a punto ferramentas estándar para comunicarnos con estas impresoras de maneira non intrusiva, o que nos permite actuar no seu control, permitindo desenvolver unha aplicación que facilita ao usuario a tarefa de impresión”, explican desde o equipo da UVigo.

    “Fixémolo intentando que este proceso se realice de maneira transparente e sinxela de configurar, tendo en conta a diversidade de materiais e a complexidade de seleccionar que material reciclado non estándar é máis axeitado para uns requisitos de peza final en concreto, sendo un usuario experto ou non”, engaden desde o grupo de Enxeñaría Eficiente e Dixital.

    Para o desenvolvemento de todo este proceso seguiuse unha metodoloxía baseada en enquisas, análises, desenvolvementos e casos piloto. En primeira instancia, a través de enquisas con múltiples empresas do sector marítimo de Vigo e a súa contorna, e en colaboración da Autoridade Portuaria de Vigo, identificaron os principais tipos de residuos plásticos que se xeran, as cadeas de reciclaxe actuais e que tipos de pezas poderían demandar estas empresas do sector marítimo. 

    ‘Flejes’ convertidos en repostos de pezas para cintas transportadoras

    Seguindo os principios da economía circular, buscaron un residuo plástico potencial de ser reutilizado para poder fabricar logo pezas con el. Finalmente, elixiron como residuo as cintas utilizadas no transporte de mercadoría (‘flejes’) identificados coa axuda de Frigoríficos do Morrazo. “Desta forma este residuo que non era reutilizado, pode ter unha segunda vida”. Para isto, o centro tecnolóxico vasco Leartiker, experto en polímeros, estudou a mellor forma de tratar este material para chegar a convertilo en filamento.

    Como caso demostrador de peza fabricada con impresión 3D seleccionáronse unhas pezas de plástico que están situadas onde se encaixan os rodamentos nas cintas transportadoras, un elemento moi común na industria marítima, tanto en terra como a bordo. “Dado que estes elementos adoitan sufrir roturas, estudouse a posibilidade de fabricar repostos con impresión 3D a partir dos plásticos que xera a propia empresa, pechando así o ciclo dentro do paradigma da economía circular”, recalca Silva.

    A medida que o proxecto foi avanzando fóronse fabricando máquinas estándar do proceso de reciclaxe, como son unha trituradora de plástico para conseguir pequenas escamas a partir dos residuos plásticos e unha extrusora que, a partir destas escamas, é capaz de xerar filamento de impresión 3D para alimentar este tipo de impresoras. “Estas máquinas foron sensorizadas e realizadas con controladores abertos que nos permiten incluír algoritmos e maior investigación no control para mellorar así os procesos de triturado/extrusionado de material”, recalcou o investigador.

    Ademais disto, existen algúns materiais plásticos que necesitan unha temperatura alta e constante dentro do volume da impresora para que non sufran deformacións durante o proceso de impresión, polo que se desenvolveu tamén unha impresora con cámara térmica. “Un dos retos que presentou esta máquina era a separación da electrónica da parte quente. Actualmente contamos con rematar a máquina para finais do proxecto, xa que, debido aos retrasos xerados pola pandemia en primeira instancia, logo pola escaseza de chips, o transporte, etc, foron ocasionando que certo equipamento crítico chegase moito máis tarde do previsto”, engade o investigador.

    Impresión 3D tanto a bordo como en terra

    Segundo recalcaron os expertos participantes na reunión, a impresión 3D parece apropiada nunha tipoloxía de buques nos cales se requiren procesos diversos que necesiten pequenas pezas ou prototipados (buques oceanográficos, por exemplo). Noutros barcos, máis industriais, maquinaria diversa pode beneficiarse de adaptacións similares as desenvoltas para as impresoras 3D.

    “Por exemplo, máquinas de clasificación ou manipulación a bordo que sexan elas mesmas as que teñen a capacidade de compensar condición de abordo a través de sensórica e algoritmia incorporada sen necesidade de plataformas estabilizadoras ou de deter o seu funcionamento, tendo en conta non prexudicar o resultado final da máquina”, recalca Silva.

    Escaparate das pezas desenvoltas

    A xornada de peche incluíu tamén un showroom no que cada socio do proxecto tivo a oportunidade de amosar algunha das pezas que foron traballando nos seus casos de uso: algunhas de grandes dimensións, outras de uso industrial, outras orientadas ao mundo da acuicultura, etc. Ademais, desde o nodo de Vigo amosáronse varias das máquinas desenvoltas para mellorar os procesos relacionados coa elaboración de filamentos reciclados e o seu uso: entre outras, a extrusora –así se denomina a máquina na que a partir de anacos de plásticos, fundindo ese material nunha cámara e xerando unha presión nunha boquilla, se conseguen xerar filamento para utilizar, por exemplo, para impresoras 3D- e a impresora 3D de cámara pechada para altas temperaturas. 

    43

    Tags: Circular SeasUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Caballero: «Vigo tiene que tener una Facultad de Medicina»
    Local

    Caballero: «Vigo tiene que tener una Facultad de Medicina»

    07 de Ago, 2025
    A UVigo recupera posicións no ránking de Shanghai, situándose entre as 600 mellores universidades do mundo
    Actualidad

    El Colegio de Médicos de Pontevedra cuestiona la calidad de la enseñanza en Santiago y apoya la demanda de Vigo

    07 de Ago, 2025
    Nuevo mitin de Caballero en el pleno de Vigo, donde se logró unanimidad sobre la facultad de Medicina
    galicia

    La Xunta inyecta 20,7 millones para fortalecer la I+D en las universidades gallegas

    04 de Ago, 2025
    La Xunta propone descentralizar el Grado de Medicina
    Local

    La Xunta propone descentralizar el Grado de Medicina

    01 de Ago, 2025
    La UVigo recibirá una ayuda de 7,5 millones para fortalecer su área de fotónica
    Local

    La UVigo recibirá una ayuda de 7,5 millones para fortalecer su área de fotónica

    31 de Jul, 2025
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Sanidade anuncia que la Universidades de Vigo y A Coruña podrán adscribir hospitales de toda Galicia

    29 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Grada alternativa (y gratuita) desde el exterior de Balaídos para ver el Celta: «La gente venía a reservar»

    Grada alternativa (y gratuita) desde el exterior de Balaídos para ver el Celta: «La gente venía a reservar»

    por Redacción
    18 de Ago, 2025
    0

    Restablecida la circulación de trenes en Galicia bloqueados por los incendios

    Restablecida la circulación en las autovías AG-53 y A-52 y la carretera N-525 tras los cortes por incendios

    por Europa Press
    13 de Ago, 2025
    0

    Incendios en Ourense: sin línea férrea y con cortes en la A52

    Incendios en Ourense: sin línea férrea y con cortes en la A52

    por Redacción
    16 de Ago, 2025
    0

    La magnitud de los incendios se agrava en una jornada de retorno: sin tren y con peligro en las carreteras

    La magnitud de los incendios se agrava en una jornada de retorno: sin tren y con peligro en las carreteras

    por Redacción
    17 de Ago, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Vigo se llena de turistas
    Más Vigo

    Vigo se llena de turistas

    La fotografía es explícita: la Porta do Sol de la ciudad de Vigo se llena de turistas. Y esto ocurre...

    por Julio Alonso
    19 de Ago, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro
    Libros

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro

    La poesía con aroma a mar tiene una cita ineludible en el Casco Vello de Vigo. El próximo 7 de...

    por Redacción
    04 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    O Marisquiño entra en fase decisiva: así va el Dirt Jump y el Descenso MTB del Casco Vello
    Opinión

    La kultura del patinete

    La Fundación Contemporánea (con su Observatorio de la Cultura) presentó hace unos meses su informe 2024, que comprende una serie...

    por Fernando Torres Carbajo
    19 de Ago, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR