• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 1 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O satélite BIXO da UVigo será enviado ao espazo en 2024

    O alumnado da Universidade gaña o concurso Space Universities Cubesat Challenges. A Federación Internacional de Astronáutica e Sociedade China de Astronáutica organizan a competición
    Redacción por Redacción
    21 de Sep, 2022
    en Ciencia y Tecnología
    0
    O satélite BIXO da UVigo será enviado ao espazo en 2024

    O ex ministro e astronauta, Pedro Duque (segundo pola dereita), felicitou aos integrantes de UVigo SpaceLab. / Foto: UVigo.

    O nanosatélite BIXO (Bacteriological Intercommunication Experiment in Orbit), que están a desenvolver preto de 40 estudantes da Universidade de Vigo, integrados en UVigo SpaceLab, será enviado ao espazo no ano 2024 nun lanzamento operado pola China Academy of Launch Vehicle Technology (Academia Chinesa de Tecnoloxía de Vehículos de Lanzamento).

    A confirmación producíase mércores en París, ante máis de 6.500 delegados e delegadas que asisten á 73ª edición do International Astronautical Congress (IAC) 2022, o principal encontro anual da International Austronautical Federacion (IAF), no que empresas líderes mundiais presentan, entre os días 18 ao 22 de setembro, as súas novidades, ao tempo que se desenvolven sesións plenarias, conferencias e reunións. Ao abeiro do congreso, hoxe facíase pública a resolución da primeira edición do IAF-CSA Space Universities CubeSat Challenge (IAF-CSA SUCC), o concurso organizado pola IAF en cooperación coa Chinese Society of Astronautics (CSA) e a Dalian University of Technology (DUT) para o lanzamento gratuíto dun cubesat. Universidades de todo o mundo participaron no concurso que finalmente recoñeceu como mellor deseño de misión para a súa posta en órbita a BIXO, de UVigo SpaceLab, que será lanzado ao espazo no ano 2024 a bordo dun foguete Long March ou Smart Dragon Series, operado pola Academia Chinesa de Tecnoloxía de Vehículos de Lanzamento. 

    Os estudantes Manuel Diz, Guillermo Calvo e Martín Blanco, xunto ao docente e investigador Fernando Aguado foron os encargados esta en tarde en París de recoller e agradecer un premio que, inclúe ademais do lanzamento gratuíto a cantidade de 3000 euros, e que consideran “o impulso que nos faltaba para dar o paso e así consolidar a misión, máis aínda tendo en conta que o custo estimado dun lanzamento establécese arredor dos 180.000 euros. Así logramos ter o proxecto pechado con data de lanzamento en 2024, o que supón tamén unha visión máis atractiva para os patrocinadores e o alumnado da UVigo”, sinala o director do proxecto, Manuel Diz, que lembra que BIXO será o portador da segunda misión biolóxica europea. Logo de sete misións biolóxicas en pequenos satélites, seis da NASA e unha da ESA, todas en satélites de maior tamaño, 3UDs (10 x 10 x 30 cm) en formato cubesat, “a nosa misión será de 2UDs (10x 10 x 20 cm), o que supón un gran reto, xa que ata agora non houbo ningún desenvolvemento completo dun pequeno laboratorio espacial nun satélite tan pequeno, por iso dicimos que é a misión máis compacta lanzada desde Europa e, que saibamos, a máis pequena do mundo”, explica Diz.

    Mellorar a investigación científica en astronáutica entre o alumnado universitario

    Co lema CubeSat, unha plataforma para a verificación de novas tecnoloxías e a cooperación internacional, o concurso Space Universities CubeSat Challenge naceu o pasado ano cos obxectivos de fomentar o pensamento innovador do alumnado universitario; mellorar na capacidade de investigación científica na astronáutica, a combinación de teoría e práctica e de resolución de problemas prácticos de enxeñería e popularizar o coñecemento espacial e o apoio a talentos innovadores. “Foi a través dunha publicación da IAF (Federación Internacional de Astronáutica) a mediados de 2021 que soubemos que estaban organizando este concurso por vez primeira. Ao ver a oportunidade non dubidamos en presentarnos, porque vimos a ocasión de lanzar a nosa misión pasando por un proceso menos burocratizado que o que ofrecían outras axencias”, sinala o director da misión BIXO.

    Máis aló do premio outorgado hoxe aos integrantes de UVigo SpaceLab, a presenza viguesa no International Astronautical Congress (IAC) 2022 complétase nesta edición do congreso con varias das empresas patrocinadoras da misión do nanosatélite BIXO, como Alen Space, centrada no desenvolvemento, tanto de software, como de hardware para satélites, e DHV Technologies, subministrador de paneis solares e sistemas de adquisición, almacenamento e distribución de potencia para satélites. “Tamén asistimos a poñencias técnicas sobre últimas novidades de empresas e proxectos do sector aeroespacial, como a do propio catedrático da UVigo Fernando Aguado sobre a recuperación do satélite Humsat-D ou a de Uxía García centrada no seu traballo de doutoramento sobre a análise termoelástica para cargas de pago ópticas de alto rendemento”, detalla o director de BIXO.

    38 membros e un novo departamento en UVigo SpaceLab

    Dous anos despois de empezar a traballar no laboratorio de deseño, fabricación e validación de nanosatélites de formato cubesats, UVigo SpaceLab incorpora este curso que acaba de comezar alumnado de diferentes graos (Enxeñería da Enerxía, Enxeñaría Informática, Bioloxía, Administración e Dirección de Empresas.. ), que se suma ao estudantado das enxeñarías de Telecomunicación, Aeroespacial ou Industrial que xa participaban antes no proxecto. “Con esta ampliación, levada a cabo durante o verán, o equipo pasa agora a estar formado por 38 estudantes”, confirma Manuel Diz, que tamén apunta a creación dun novo departamento “que se encargará de manter o pequeno laboratorio biolóxico en órbita, deseñando os chips e sistemas microfluídicos que permitirán realizar os experimentos necesarios, inxectando doses precisas de auga a través dun sistema de canais milimétricos”.

    Durante o verán, o equipo continuou a traballar probando os sistemas de medición do fenómeno bacteriolóxico do quorum sensing, que se produce cando bacterias como Chromobacterium violacium, se multiplican e sintetizan autoinductores que, ao chegar a un determinado umbral de concentración, desencadean un fenómeno de comunicación intercelular dando como resultado un pico na súa resposta en frecuencia a 590 nm pola síntese dun pigmento, a violaceina, de cor violeta; ademais de ensaiar con diferentes chips microfluídicos e medir a pigmentación, empregando espectrómetros de tamaño moi reducido nas instalacións do Grupo de Química Coloidal da UVigo. “Para o futuro da misión en Terra continuamos a traballar na posta a punto da estación terrea xunto á da UVigo, que nos está a dar o seu apoio para a reforma deste centro de control e seguimento de satélites desde o que operaremos, tanto BIXO, como as nosas futuras misións”, avanza Diz, para o que empregarán a antiga antena parabólica de seguimento de satélites meteorolóxicos NOAA, grazas a súa reconversión a banda S, realizada polo alumnado, o que permite velocidades de descarga de datos moito máis elevadas.

    Formación internacional na ESA Academy

    O premio Space Universities CubeSat Challenge entregado esta tarde en París non é o único recoñecemento recibido polos integrantes de UVigo SpaceLab nos últimos tempos. E é que en Bélxica, no Estec Galaxia, o alumno da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Iván Trasobares, está a recibir unha formación por parte da ESA Academy da Axencia Espacial Europea en operacións en aeronaves combinado co deseño de misións espaciais e subsistemas de satélites. “Para poder recibir esta formación de catro días xunto a compañeiros doutras nacionalidades, Iván presentouse á convocatoria pública na que competiu con universitarios europeos”, explica Manuel Diz, que avanza que todo o coñecemento adquirido polo seu compañeiro, trasladarase ao equipo para mellorar o desenvolvemento das súas misións, como xa ocorrera coa formación recibida pola proposta da súa primeira misión teórica Ollo.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo y el Celta avanzan en la creación de un futuro centro adscrito para impartir titulaciones conjuntas
    Local

    La UVigo y el Celta avanzan en la creación de un futuro centro adscrito para impartir titulaciones conjuntas

    24 de Nov, 2025
    El Puerto cede un amarre para el nuevo buque oceanográfico de la UVigo, referente en investigación marina
    Marítima

    El Puerto cede un amarre para el nuevo buque oceanográfico de la UVigo, referente en investigación marina

    21 de Nov, 2025
    África González, catedrática de Inmunología de la UVigo, premio María Josefa Wonenburger
    Local

    África González, catedrática de Inmunología de la UVigo, premio María Josefa Wonenburger

    20 de Nov, 2025
    «Reimaginar y modernizar» la UVigo, el reto del tercer aspirante a rector: «No será fácil»
    Local

    «Reimaginar y modernizar» la UVigo, el reto del tercer aspirante a rector: «No será fácil»

    18 de Nov, 2025
    La descentralización de Medicina empezará por 5º en los dos próximos cursos
    Local

    La descentralización de Medicina empezará por 5º en los dos próximos cursos

    17 de Nov, 2025
    El catedrático Jacobo Porteiro, tercer candidato a rector de la UVigo
    Local

    El catedrático Jacobo Porteiro, tercer candidato a rector de la UVigo

    17 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Vigo revalida el liderato de los supermercados más baratos de España

    Un histórico hipermercado levanta su persiana tras una remodelación completa

    por Redacción
    25 de Nov, 2025
    0

    El primer ‘glamping resort’ de Vigo pisa el acelerador y ya fija un objetivo para su apertura

    El primer ‘glamping resort’ de Vigo pisa el acelerador y ya fija un objetivo para su apertura

    por María Alonso
    24 de Nov, 2025
    0

    La Navidad de Vigo recibe su primera avalancha: colapso en túneles y accesos

    La Navidad de Vigo recibe su primera avalancha: colapso en túneles y accesos

    por Redacción
    30 de Nov, 2025
    0

    Semana de ilustres (y esperados) estrenos en la calle Príncipe

    Tras un año en Vigo, la perfumería ‘low cost’ por excelencia se expande a Vialia

    por Redacción
    28 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Un gran tranvía para un gran Vigo
    Más Vigo

    Un gran tranvía para un gran Vigo

    Casi al final de este año 2025 ha salido a la luz un libro muy interesante sobre los tranvías de...

    por Julio Alonso
    01 de Dic, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Laura Torres nos invita a regresar a nuestras raíces en Libros para soñar
    Libros

    Laura Torres nos invita a regresar a nuestras raíces en Libros para soñar

    La escritora viguesa Laura Torres regresa este viernes, 28 de noviembre, a su ciudad natal para presentar Beland, mi lugar...

    por David Augusto
    27 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Los querubines son de Vigo
    Opinión

    Los querubines son de Vigo

    Lo que muestra esta fotografía es el estado actual de una de las zonas más significativas de la ciudad de...

    por Julio Alonso
    30 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR